Eolios
Os eolios (en grego: Αἰολεῖς) foron unha das catro tribos orixinais da Grecia antiga, xunto cos aqueos, xonios e dorios.[1][2][3] Orixinalmente dedicados á agricultura, participaron na colonización da costa do Exeo.
Os eolios abandonaron as súas terras de orixe despois de que a invasión doria expulsase aos aqueos e os obrigara a abandona-la maioría dos territorios micénicos; apoderáronse de moitos destes territorios abandonados, e tamén construíron cidades en varias illas preto de Asia Menor, espallando o dialecto eólico do grego antigo polo mundo grego.
Véase también
[editar | editar a fonte]Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O seu nome tería orixe da súa suposta descendencia de Éolo, deus grego dos ventos (cuxo pai, Heleno, era o patriarca mitolóxico de tódolos helenos, é dicir, dos gregos). Para algúns autores, como Pseudo-Apolodoro, o seu nome tería orixe en Eolo, fillo de Heleno,[1] fillo de Deucalión.[1] Do mesmo xeito, o nome de Éolo, deriva do tamén grego aiolos (αίολος) que significa "moverse rapidamente".[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo o historiador xudeu Flavio Xosefo, os eolios serían descendentes de Xaván, neto de Noé a través do seu fillo Elisá.[5]
No entanto, o posible fogar orixinal dos eolios sería Macedonia Occidental, especialmente as zonas montañosas ao norte do río Haliachmon. Os eolios, a miúdo, son citados como os máis numerosos entre as outras tribos helénicas dos primeiros tempos[2] polo que se trasladaron ao sur até Tesalia, unha parte da cal se chamaba Aeolis, que estaba totalmente ocupada. Arredor do segundo milenio a.C., seguiron ondas migratorias cara ás illas do noroeste do Exeo e ao sur de Grecia. Os beocios, un subgrupo dos eolios, foron expulsados de Tesalia polos tesalios e movéronse cara a Beocia.[2] A pesar diso, un número importante de poboacións eolias permaneceron nas súas antigas terras e, finalmente, formaron a base dialectal das variantes tesalia e beocia do grego antigo. Nos novos territorios onde se asentaron desenvolveron a súa cultura a un alto nivel, gañando fama entre o resto dos gregos. A terra eolia permaneceu pouco cambiada durante milleiros de anos.
Durante a invasión doria, os eolios de Tesalia fuxiron cruzando o mar Exeo á illa de Lesbos e á rexión Eólida (Aeolis), chamada así despois por eles, en Asia Menor. Esta colonización tivo lugar só a finais do período micénico e, no caso de Asia Menor, mesmo despois diso. A Eólida, era a costa próxima a Lesbos cun límites que difiren segundo diversos autores pero que, segundo Estrabón, chegou a se estender dende o río Hermo até a costa próxima á cidade de Cícico.[6] Igualmente, as illas de Lesbos e Ténedos estaban habitadas por eolios.[7][8]
As fontes relativas á colonización eolia de Asia Menor mencionan a súa orixe en varios centros metropolitanos, como varias rexións de Tesalia, Grecia central e o Peloponeso; ademais, varios fenómenos dialectais nestas zonas indicaban o substrato eolio.
Lingua
[editar | editar a fonte]Os eolios falaban o dialecto eolio, pertencente á variante noroeste do grupo central de dialectos gregos antigos, que inclúe tamén o dialecto arcado-chipriota; ambos conservaron varios trazos únicos pertencentes á variante da lingua que os orixinou. O protoeólico deu orixe ao eólico, que se estendeu inicialmente por Tesalia e posteriormente se estendeu ás illas do mar Exeo e á costa de Asia Menor. Coa influencia do arcadio, o eólico converteuse no dialecto aqueo do período micénico.
O dialecto que falaban os tesalios, a rama occidental orixinaria de Tesprocia, era unha mestura de elementos dos dialectos occidentais e eólicos, mentres que despois da conquista de Tesalia estas influencias aumentaron aínda máis. Os dialectos que falan os beocios e atamáns, tamén pertencentes á rama occidental, forman unha categoría dialectal intermedia entre as ramas eólica e occidental, polo que estas tribos tampouco se consideran pertencentes aos eolios.
Tribos
[editar | editar a fonte]As tribos protoeolias aparecen arredor de 2000-1900 a.C., e completaron o seu proceso de ruptura da principal tribo dos gregos nas rexións de Epiro, Macedonia Occidental e Tesalia. Estas mesmas tribos ocuparon Tesalia e alí formaron o dialecto eolio; máis tarde foron empuxados ao sur da península, onde levaron o seu dialecto e cultos.
A máis importante das tribos deste grupo foi a que permaneceu na historia co nome de aqueos, que tamén se espallaron por moitas das rexións de Grecia, o que suxire a hipótese de que constituirían unha minoría significativa na maioría delas. Simultaneamente, outras tribos colonizaron as diversas illas do Exeo, a costa oposta de Asia Menor e Chipre. Outra tribo eolia, cuxo camiño histórico está ligado ao noroeste do Peloponeso, foron os epeos, que acabaron sendo dominados polos elidianos .
Ao norte, os eolios de Tesalia estaban formados por un gran número de tribos. Estas tribos eran coñecidas polos nomes de Lápitas, Mirmidóns, Ftiotas, Minias, Dólopes, Helenos, Eolios (tribos que acabaron dando o seu nome aos gregos e eolios, respectivamente), Maleenses, Eteus e Centauros (esta última probablemente en homenaxe ao pobo mitolóxico e poético do pasado, aniquilado polos lápitas).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Pseudo-Apolodoro, Biblioteca, 1.7.2
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Smith 1854, pp. 50-51
- ↑ Hard 2004, pp. 401–436
- ↑ "Aeolian (adj.)". etymonline.com (en inglés). 15 de setembro de 2022. Consultado o 29 de marzo de 2023.
- ↑ "Elisá — BIBLIOTECA ON-LINE da Torre de Vigia" (en portugués). Consultado o 2017-06-09.
- ↑ Estrabón, Xeografía XIII,1,8
- ↑ Estrabón XIII,2,1
- ↑ Heródoto I,151
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hard, Robin (2004). The Routledge Handbook of Greek Mythology (en inglés). Londres/Nova York: Routledge (Taylor & Francis Group). ISBN 0-415-18636-6.
- Smith, William., ed. (1856). Dictionary of Greek and Roman Geography (en inglés). Londres: Walter and Maberly.