Saltar ao contido

Grupo Local

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa 3D do Grupo Local
Sextans A é membro do Grupo Local de galaxias que inclúen as espirais de Andrómeda e a nosa propia Vía Láctea

Na astronomía, denominase Grupo Local ó grupo de galaxias na que se atopa a Vía Láctea. Está dominado por dúas galaxias espirais xigantes, Andrómeda e a Vía Láctea. O resto de galaxias, unhas 30, son máis pequenas; moitas delas son galaxias satélite (ver galaxia anana) dunha das máis grandes.

As galaxias libres xiran en torno ó centro de masas do grupo, situado entre Andrómeda e a Vía Láctea. Ademais, o noso Grupo Local está contido dentro do supercúmulo de Virgo, o seu centro gravitatorio é denominado Grande Atractor, cara ó cal se dirixe o Grupo Local.

Dentro do Grupo Local, coñécense tres sistemas dominados por galaxias masivas actuando coma centros de gravidade, e varias galaxias actuando coma satélites:

O futuro do Grupo Local

[editar | editar a fonte]

Tense observado que Andrómeda e a Vía Láctea se aproximan rapidamente a unha velocidade duns 500.000 km/h, o que fai pensar que poida producirse unha colisión entre ambas dentro duns 3.000 a 5.000 millóns de anos, segundo a masa que teñan estas galaxias. De producirse, tal choque non debe entenderse coma o que ten lugar entre dous corpos sólidos, senón que as galaxias atravesaríanse a unha á outra. Coma resultado, unha parte do material de ambas dispersaríase e o resto formaría unha nova galaxia, probablemente elíptica. Se en vez dun choque deste tipo o que ten lugar é unha aproximación, ambas galaxias deformaríanse e unha parte do material de cada unha delas escaparía ou se mesturaría, tanto máis, canto maior fose a aproximación, ata acabar tamén fundíndose os restos nunha galaxia elíptica, na que eventualmente acabarían as demais galaxias do grupo.

Polo que respecta ó futuro do Grupo Local, este podería quedar integrado no cúmulo de Virgo, aínda que recentes estudos amosan que a aceleración da velocidade de expansión do Universo impedirá que isto aconteza. Este cúmulo está situado no centro dun supercúmulo moito maior, o Supercúmulo de Virgo. Así pois, o grupo atópase no corazón do supercúmulo situado preto da rexión con maior influencia gravitatoria, á cal se aproxima.

Galaxias do Grupo Local

[editar | editar a fonte]

A localización amósase primeiro en ascensión recta, despois a declinación e logo cítase a constelación:

Galaxia Tipo Magnitude
absoluta
Diámetro
[anos luz]
Velocidade
radial [km/s]
Distancia
[anos luz]
Localización
Vía Láctea SBbc I-II -20,8 100.000
Anana de Canis Major Irr 25.000 07h12,0m | -27*40' | Canis Major
Anana Elíptica de Saxitario dSph(E7) -14,0 10.000 78.000 18h55,0m | -30*30' | Saxitario
Gran Nube de Magalláns Irr III-IV -18,1 30.000 +119 179.000 05h19,7m | -68*57' | Dorado
Pequena Nube de Magalláns Irr IV-V -16,2 16.000 +34 210.000 00h51,7m | -73*14' | Tucana
Anana da Osa Menor dSph -8,9 2.000 -47 215.000 15h08,8m | +67*12' | Osa Menor
Anana de Sculptor dSph -10,7 3.000 +115 260.000 01h00,0m | -33*42' | Sculptor
Anana de Draco dSph -8,6 3.000 -87 270.000 17h20,1m | +57*55' | Draco
Anana de Sextans dSph -10,0 4,000 280.000 10h13,2m | -01*37' | Sextans
Anana de Carina dSph -9,92 2.000 +13 330.000 06h14,6m | -50*58' | Carina
Anana de Fornax dSph -13,0 6.000 -41 450.000 02h39,9m | -34*32' | Fornax
Leo II dSph -10,2 3.000 +36 670.000 11h13,5m | +22*10' | Leo
Leo I dE3 -12,0 3.000 +60 820.000 10h08,5m | +12*18' | Leo
Anana de Fénix dIrr/dSph -9,9 2.000 1 450 000 01h51,1m | -44*27' | Phoenix
Galaxia de Barnard (NGC 6822) Irr IV-V -16,4 8.000 +44 1 600 000 19h44,9m | -14*49' | Saxitario
Andrómeda II dSph -11,7 2.000 1 700 000 01h16,4m | +33*27' | Andrómeda
NGC 185 dSph/dE3 -15,3 8.000 +39 2 000 000 00h39,0m | +48*20' | Cassiopeia
Leo III (Leo A) dIrr -11,7 4.000 -19 2 250 000 09h59,4m | +30*45' | Leo
Andrómeda VII dSph -12,0 2.000 2 250 000 23h27,8m | +50*35' | Andrómeda
IC 1613 Irr V -14,9 10.000 -152 2 300 000 01h05,1m | +02*08' | Cetus
NGC 147 dSph/dE5 -14,8 10.000 +28 2 350 000 00h33,2m | +48*31' | Cassiopeia
Andrómeda III dSph -10,2 3.000 2 500 000 00h35,4m | +36*31' | Andrómeda
Anana de Cetus dSph -10,1 3.000 2 550 000 00h26,1m | -11*02' | Cetus
Andrómeda VI dSph -11,3 3.000 2 550 000 23h51,7m | +24*36' | Andrómeda
Anana de Acuario dIrr/dSph 2 -23 2 600 000 20h46,8m | -12*51' | Acuario
M32 dE2 -16,4 8.000 -28 2 600 000 00h42,7m | +40*52' | Andrómeda
Andrómeda I dSph -11,7 2.000 2,600,000 00h45,7m | +38*00' | Andrómeda
Andrómeda V dSph -9,1 2 650 000 01h10,3m | +47*38' | Andrómeda
LGS 3 (Anana de Pisces) dIrr/dSph -9,7 2.000 -149 2 650 000 01h03,8m | +21*53' | Pisces
Galaxia de Andrómeda (M31) Sb I-II -21,8 140.000 -121 2 650 000 00h42,7m | +41*16' | Andrómeda
NGC 205 (M110) dSph/dE5 -16,3 15.000 -60 2 650 000 00h41,3m | +41*41' | Andrómeda
IC 10 dIrr -17,6 8.000 -146 2 700 000 00h20,4m | +59*18' | Cassiopeia
Galaxia del Triángulo (M33) Sc II-III -19,1 55.000 -46 2 850 000 01h33,9m | +30*39' | Triangulum
Anana de Tucana dSph -9,6 2.000 2 850 000 22h41,7m | -64*25' | Tucana
Wolf-Lundmark-Melotte Irr IV-V -14,0 10.000 -61 3 000 000 00h02,0m | -15*28' | Cetus
Anana de Pegaso dIrr/dSph -12,7 2.000 -20 3 100 000 23h28,6m | +14*45' | Pegaso
Anana Irregular de Saxitario dIrr -11,0 3.000 +8 3 450 000 19h30,1m | -17*42' | Saxitario
Anana de Antlia dSph -10,7 3.000 4 000 000 10h04,1m | -27*20' | Antlia
NGC 3109 Irr IV-V -15,8 25.000 +194 4 100 000 10h03,1m | -26*09' | Hidra
UGC-A92 dIrr 3.000 +66 4 200 000 04h27,4m | +63*30' | Camelopardalis
UKS 2323-326 dIrr -13,1 3.000 +74 4 300 000 23h26,5m | -32*23' | Sculptor
Sextans B dIrr -14,4 8.000 +168 4 400 000 10h00,0m | +05*20' |Sextans
Sextans A dIrr -14,3 10.000 +164 4 700 000 10h11,1m | -04*43' | Sextans
IC 5152 dIrr 8.000 +80 5 200 000 22h06,1m | -51*17' | Indus
GR 8 dIrr -12,5 2.000 +183 5 200 000 12h58,7m | +14*13' | Virgo

Outros obxectos notables

[editar | editar a fonte]
  1. Wakker, B. P. (2008). "Distances to Galactic High‐Velocity Clouds. I. Cohen Stream, Complex GCP, Cloud g1". The Astrophysical Journal 672: 298. doi:10.1086/523845. 
  2. "Massive Gas Cloud Speeding Toward Collision With Milky Way". Consultado o 2008-06-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]