Saltar ao contido

Walther Bothe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWalther Bothe

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Walther Bothe Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Walther Wilhelm Georg Bothe Editar o valor en Wikidata
8 de xaneiro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Oranienburg (Imperio Alemán) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de febreiro de 1957 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Heidelberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFriedhof Handschuhsheim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín (1908–1913)
Universidade de Giessen Editar o valor en Wikidata
Director de teseMax Planck Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, químico, matemático, profesor universitario, inventor, científico nuclear Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Giessen
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Heidelberg
Physikalisch-Technische Bundesanstalt (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresMax Planck e Arthur Wehnelt (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoHans Ritter von Baeyer (pt) Traducir e Hans Jakob Ritter von Baeyer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBarbara Below Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Боте Вальтер)
Heidelberg Scholar Lexicon 1803–1932 (en) Traducir, (p.26-27)
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.43) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Bothe-130 Find a Grave: 213953680 Editar o valor en Wikidata

Walther Wilhelm Georg Bothe, nado en Oranienburg en 1891 e finado en Heidelberg en 1957, foi un físico, matemático, químico e profesor universitario alemán. Recibiu o Premio Nobel de Física o ano 1954, xunto con Max Born, pola invención do método das coincidencias na ocupación do contador Geiger.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 8 de xaneiro de 1891 na cidade alemá de Oranienburg, preto de Berlín. Estudou física, química e matemáticas na Universidade de Berlín onde tivo como profesor a Max Planck, doutorándose no ano 1914. Tras a primeira guerra mundial, onde foi feito prisioneiro polo Imperio Ruso e deportado a Siberia, colaborou con Hans Geiger ao Physikalisch-Technische Reichsanstalt de Berlín.En 1930 foi nomeado profesor da Universidade de Giessen e o 1934 foi director do Instituto de Física da cidade de Heidelberg.

Morreu o 8 de febreiro de 1957 á cidade de Heidelberg.

Procura científica

[editar | editar a fonte]

Xunto a Hans Geiger descubriu que se unha soa partícula é detectada por dúas ou máis contadores Geiger, a detección será practicamente coincidente no tempo. Usando esta observación construíu o circuíto de coincidencia permitindo que varios contadores en coincidencia determinen o ímpeto angular dunha partícula. Bothe estudou o efecto Compton usando este sistema, así establecendo a análise moderna dos procesos de dispersión e establecendo unha porta lóxica.

En 1930 demostrou, xunto con H. Becker, que mediante o bombardeo do berilio con partículas alfa conseguíase unha radiación penetrante, formada polo que posteriormente James Chadwick denominaría neutróns. En 1943 finalizou o primeiro ciclotrón alemán.

En 1954 foille concedido o Premio Nobel de Física, que compartín con Max Born, pola invención do método das coincidencias no uso do contador Geiger, polo estudo dos radiacións

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En honor seu nomeouse o asteroide (19178) Walterbothe descuberto o 9 de setembro de 1991 por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]