Cemiterio do Père-Lachaise
O cemiterio do Père-Lachaise é o maior cemiterio da cidade de París. O seu nome oficial é cimetière de l'Est. Está situado no 20º Distrito e ten a peculiaridade de que moitos parisienses o utilizan coma se fose un parque.
A principios do século XIX, construíronse varios cemiterios coa fin de substituír os antigos cemiterios de París. Nas aforas da capital situáronse: ao norte, o cemiterio de Montmartre; ao leste, o cemiterio do Père-Lachaise; ao sur, o cemiterio de Montparnasse e, ao oeste, o cemiterio de Passy.
O nome do cemiterio provén de François de la Chaise, confesor de Lois XIV. O cemiterio realizouno o arquitecto Alexandre Théodore Brongniart e abriuse o 21 de maio de 1804. Hoxe[cando?] alberga os restos de 1 000 000 de corpos soterrados, sen contar os que foron incinerados.[Cómpre referencia]
Personalidades enterradas no Cemiterio de Père-Lachaise
[editar | editar a fonte]- Escritores e poetas
- Honoré de Balzac (1799–1850)
- Paul Éluard, (1895–1952)
- Oscar Wilde (1854–1900)
- Cyrano de Bergerac (1619–1655)
- Jean de La Fontaine, (1621–1695)
- Marcel Proust, (1871–1922)
- Raymond Roussel, (1877–1933)
- Sully Prudhomme, (1839–1907)
- Escultores e pintores
- Filósofos, sociólogos e historiadores
- Músicos e cantantes
- Gilbert Bécaud (1927–2001)
- Maria Callas (1923–1977)
- Frédéric Chopin, (1810–1849)
- Jim Morrison, (1943–1971)
- Édith Piaf, (1915–1963)
- Gioachino Rossini (1792–1868)
- Marietta Alboni (1826–1894)
- Actores e Cineastas
- Sarah Bernhardt (1844–1923)
- Molière, (1622–1673)
- Marcel Camus, (1912–1982)
- Outros
- Isadora Duncan (1877–1927)
- Allan Kardec (1804–1869)
- Laura Marx, militante comunista e filla de Karl Marx, (1845–1911)
- André Masséna (1758–1817)
- Yves Montand (1921–1991)
- Joachim Murat (1767–1815)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cemiterio do Père-Lachaise |