Saltar ao contido

Turquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Modelo:Xeografía políticaTurquía
Türkiye Cumhuriyeti (tr)
Türkiye (tr) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista no inverno

Himnoİstiklâl Marşı Editar o valor en Wikidata

Lema«Yurtta sulh, cihanda sulh»
«Heddwch gartref, heddwch yn y byd» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°N 36°L / 39, 36
CapitalAncara (1923–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Ancara (pt) Traducir
Aydın
Bartın (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 81+
Poboación
Poboación85.372.377 (2023) Editar o valor en Wikidata (108,95 hab./km²)
Número de fogares26.075.365 (2022) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua turca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie783.562 km² Editar o valor en Wikidata
Ba��ado porMar Mediterráneo, Mar Negro, Mar Exeo e mar Levantino Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Ararat (5.137 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Negro (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Siria
Bulgaria (1923–)
Grecia (1923–)
Irán (1923–)
Iraq (1932–)
Liga Árabe (1945–)
Unión Europea (1981–)
Xeorxia (1991–)
Armenia (1991–)
Acerbaixán (1991–) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación29 de outubro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoEstado unitario
presidencialismo Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataRecep Tayyip Erdoğan (2014–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Turkey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataRecep Tayyip Erdoğan (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoGrande Assembleia Nacional da Turquia (pt) Traducir , (Escano: 600) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal819.034.484.303 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaLira turca Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.tr Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+90 e +36 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 e 177 Editar o valor en Wikidata
Código de paísTR Editar o valor en Wikidata
Código NUTSTR Editar o valor en Wikidata

Páxina webturkiye.gov.tr Editar o valor en Wikidata
Facebook: edevletkapi Twitter: ekapi Instagram: edevletkapisi Youtube: UChX28IHPQ2jyaBatdfRqGSQ BNE: XX451272 Editar o valor en Wikidata

Turquía (turco: Türkiye, ˈtyɾcije) —de forma oficial República de Turquía (turco: Türkiye Cumhuriyeti, (Türkiye Cumhuriyeti)— é un país soberano intercontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Occidental (95 % do seu territorio) e unha menor na Europa meridional (5 % do seu territorio), que se estende por toda a península de Anatolia (a península de Anatolia atópase entre o mar Negro e o mar Mediterráneo e forma o «corazón» do país) e Tracia Oriental na zona dos Balcáns.

Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.[1]

O seu territorio foi o fogar de varias grandes civilizacións: hititas, urartu, cimerios, asirios, persas, grecos, romanos, bizantinos, selxúcidas, otománs e lugar de moitas batallas entre esas civilizacións ao longo da historia. O país inflúe na zona comprendida entre a Unión Europea no oeste e Asia Central no leste, Rusia no norte e Oriente Próximo no sur, polo que adquiriu cada vez máis importancia estratéxica.[2][3]

Turquía é unha república democrática, secular e constitucional, cuxo sistema político foi estabelecido en 1923 baixo o liderado de Mustafa Kemal Atatürk, trala caída do Imperio Otomán após a primeira guerra mundial. Dende aquela, integrouse cada vez máis con Occidente a través da afiliación a organizacións como o Consello de Europa (1949), a OTAN (1952), a OCDE (1961), a OSCE (1973) ou o Grupo dos 20 (1999). Turquía comezou as negociacións para a adhesión plena na Unión Europea no 2005, despois de ter sido membro asociado dende 1963, presentar a súa candidatura no 1987, e estando en vigor un acordo alfandegueiro dende o 1 de xaneiro do 1996. Tamén seguiu fomentando estreitas relacións políticas e económicas co mundo oriental, especialmente cos estados de Oriente Medio, Asia Central ou Asia Oriental.

En termos de produto interior bruto, a súa economía está situada no posto 20º do mundo segundo o Fondo Monetario Internacional (2019). Pola súa localización estratéxica está clasificada como potencia de ámbito rexional por políticos e economistas de todo o mundo.[4][5]

Dende o 1 de xuño de 2022, mudou o seu nome para a ONU e para os idiomas estranxeiros de Turkey (que provocaba confusión coa palagra "pavo" do inglés) a Türkiye.[6]

Toponimia

O primeiro uso do termo /türk/ o /türük/ figura nas inscricións de Orkhon da Asia Central.[7]

O nome de Turquía (pronunciado /türkiye/ en lingua turca) pódese dividir en dous termos: /türk/, que significa "forte" no turco antigo e polo xeral designa os habitantes de Turquía ou un membro dos pobos turcos,[8] ou o posterior termo /tu-kin/, empregado polos chineses para designar as persoas que vivían ao sur do Macizo de Altái xa en 177 a. C.,[7] e o sufixo /-iye/ (derivado do sufixo árabe /-iyya/, pero tamén está asociada co sufixo latino medieval /-ia/ en /turchia/, e o sufixo grego medieval /-ία/ en /τουρκία/), o que significa "propietario" ou "relacionado con".

Historia

Artigo principal: Historia de Turquía.

Prehistoria e Idade Antiga de Anatolia

Artigo principal: Historia de Anatolia.
Afrodisias foi unha antiga cidade grega preto de Esmirna.
Göbekli Tepe é o lugar de culto relixioso máis antigo do mundo descuberto ata o de agora. Foi levantado 11 500 anos atrás, antes que comezase o sedentarismo.[9]
Murallas da cidade de Troia VII, onde se postula librouse a guerra de Troia (c. 1200 a. C.).

Anatolia (en turco: Anadolu), tamén coñecida como Asia Menor e que comprende a maior parte da Turquía moderna, é unha das rexións habitadas continuamente máis antigas do mundo debido á súa localización na posición entre Asia e Europa. Os primeiros asentamentos neolíticos como Çatalhöyük, Hacilar, Göbekli Tepe, Nevali Cori, Çayönü e Mersin considéranse uns dos primeiros asentamentos humanos no mundo.[10] O asentamento de Troia comeza no Neolítico e continúa na Idade de Ferro. Durante a historia, linguas indoeuropeas, semíticas, así como outras de filiación incerta interviñeron en Anatolia. De feito, dada a antigüidade dos idiomas indoeuropeos hitita e luvita, algúns estudosos propuxeron a Anatolia como o hipotético centro a partir do cal as linguas indoeuropeas estendéronse.[11]

O primeiro grande imperio na zona é o dos hititas, entre os séculos XVII e XII a. C. Posteriormente, os frixios, un pobo indoeuropeo, logrou establecer un reino que logo foi destruído polos cimerios no século VII a. C.[12] Os sucesores máis poderosos dos frixios foron os estados de Xonia, Lida, Caria, Cilicia e Licia. Os lidios e os licios falaban idiomas que eran fundamentalmente indoeuropeos, pero ambos os idiomas adquiriron elementos hititas e helénicos.

Ao redor de 1200 a. C., a costa occidental de Anatolia foi poboada polos gregos. Toda a zona foi conquistada polo Imperio persa durante os séculos VI e V a. C. e posteriormente por Alexandre Magno no ano 334 a. C.[13] Anatolia foi posteriormente dividida nunha serie de pequenos reinos helenísticos (incluíndo Bitinia, Capadocia, Pérgamo, Ponto) e Galacia (unha antiga rexión no centro de Anatolia onde se asentaron algunhas tribos migratorias de orixe gala procedentes das terras xermanas nos principios do século III a. C. A rexión tomou o seu nome destes galos e os seus habitantes chamáronse gálatas), todos os cales sucumbiran a Roma a mediados de século I a. C.[14]

No 324 d. C., o emperador romano Constantino I elixiu Bizancio como sede da nova capital do Imperio Romano, que paso a chamarse Nova Roma (Constantinopla e posteriormente Istambul). Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, converteuse na capital do Imperio bizantino (Imperio romano oriental).[15]

Porta de esfinxes en Hattusa, a capital do imperio hitita. Entre os séculos XVII e XII a. C.[16]
Porta de esfinxes en Hattusa, a capital do imperio hitita. Entre os séculos XVII e XII a. C.[16]
O antigo ximnasio de Sardes, a capital do antigo reino de Lida durante o século VIII a. C.
O antigo ximnasio de Sardes, a capital do antigo reino de Lida durante o século VIII a. C.
Monte Nemrut é unha montaña de 2150 m de altitude do sueste de Turquía, coñecida polas estatuas pertencentes a unha tumba do século I a. C.
Monte Nemrut é unha montaña de 2150 m de altitude do sueste de Turquía, coñecida polas estatuas pertencentes a unha tumba do século I a. C.
Aspendo en Antalya ten un dos teatros mellor conservados do mundo romano, construído baixo o emperador Antonino Pío
Aspendo en Antalya ten un dos teatros mellor conservados do mundo romano, construído baixo o emperador Antonino Pío

Imperio selxúcida

Mevleví é unha orde de dervixes de Turquía, fundada polos discípulos do poeta sufí Rumi no século XIII. O centro da orde e o mausoleo de Rumi está en Konya.
Santa Sofía de Constantinopla foi construída polo Imperio bizantino no século VI d. C. Ao longo da súa historia foi basílica, mesquita e hoxe museo.
O Imperio selxúcida en 1092, o seu período de maior expansión.

Os turcos eran un pobo nómade, formado por grandes tribos (como os oguzes, os kipchak e os cumanos), que habitaba nas estepas da Asia central onde anteriormente fundaran varios reinos potentes como o dos hunos, os köktürks, o kaganato uigur e os gaznavíes sucesivamente entre os séculos IV e X. No século IX algunhas tribos turcas estableceron contactos diplomáticos e de comercio por primeira vez coas tribos árabes que habitaban no Oriente Próximo. Influenciados polos árabes, os turcos abandonaron o xamanismo e o tengrismo que viñan practicando desde había séculos e convertéronse ao islam. A mediados do século X os turcos fundaron o Imperio selxúcida, o primeiro grande imperio turco logo de converterse ao islam, nos territorios que hoxe son Turkmenistán, Afganistán, Irán, Iraq, Oriente Próximo e a propia Turquía. No final do século X os turcos selxúcidas conquistaron algúns territorios do leste e sueste de Anatolia onde dominaba o Imperio bizantino. No ano 1071 tivo lugar a batalla de Manzikert entre o exército selxúcida e o exército bizantino. Os turcos gañaron a batalla e pasaron a dominar grandes territorios ao leste e sueste de Anatolia. Esta batalla considérase polos historiadores como o principio do fin do Imperio bizantino xa que nas décadas posteriores os turcos foron avanzando e conquistando máis territorios en Anatolia debilitando ao Imperio bizantino. A mediados do século XIII os turcos selxúcidas dominaban xa a maior parte de Anatolia. Os selxúcidas tiveron tamén un papel moi importante como defensores do islam e dos musulmáns durante as primeiras cruzadas loitando contra os exércitos cruzados que desexaban atravesar Anatolia para poder chegar á Terra Santa.

Imperio Otomán

Artigos principais: Dinastía selxúcida e Imperio Otomán.
Mapa do Imperio Otomán (Osmanlı İmparatorluğu, 1299-1922) No final do século XVII.
O Palacio de Topkapi e o Palacio de Dolmabahçe foron as residencias reais dos sultáns do Imperio Otomán entre 1465-1856[17] e 1856-1922.[18]

O Estado otomán, habitualmente chamado Imperio Otomán, foi unha potencia imperial turca, situada na súa maior parte ao redor da ribeira do mar Mediterráneo, e cuxa existencia temporal abarcou o período entre 1299 e 1922. Os otománs eran os sucesores dos selxúcidas e no cénit do seu poder no século XVII, este imperio incluía toda a península de Anatolia, Oriente Próximo (Siria, Iraq, Xordania, Líbano, Palestina, Israel e Kuwait), as zonas costeiras da península arábiga, extensións do Norte de África (territorios que hoxe son Sudán, Eritrea, Xibutí, Exipto, Libia, Tunes e Alxeria), a maior parte dos territorios situados na franxa que vai desde o sueste de Europa (os Balcáns, Albania, Grecia, Macedonia, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Bulgaria, Romanía, Hungría, Serbia, Ucraína) ao Cáucaso (territorios que hoxe son Xeorxia, Acerbaixán e Armenia) no norte. Isto comprendía unha área de aproximadamente seis millóns de quilómetros cadrados, aínda que a maior parte estaba baixo control indirecto do goberno central. As posesións do Imperio achábanse situadas entre Oriente e Occidente polo que ao longo da súa historia de máis de seis séculos as súas relacións internacionais estiveron influenciadas por iso. En 1453 os otománs conquistaron Constantinopla dando fin a máis de dez séculos de existencia do Imperio bizantino. A partir dese momento Constantinopla pasou a chamarse Istambul e converteuse na capital do Imperio Otomán. A conquista de Constantinopla polos turcos considérase historicamente como o acontecemento que finalizou a Idade Media. No seu momento de máxima expansión os otománs chegaron a cercar en dúas ocasións, en 1529 e 1683, a cidade de Viena durante varios meses pero finalmente retiráronse sen poder lograr conquistala debido especialmente ao grande apoio militar brindado na defensa da cidade por parte dos grandes reinos cristiáns de Europa como Alemaña, España e Polonia. A partir do século XVI os sultáns otománs tamén adquiriron o título de califa.

A mesquita Azul é unha das grandes mesquitas de Istambul, obra de Sedefkar Mehmet Ağa, discípulo de Mimar Sinan.
A mesquita Azul é unha das grandes mesquitas de Istambul, obra de Sedefkar Mehmet Ağa, discípulo de Mimar Sinan.
A mesquita de Selim obra do arquitecto Mimar Sinan, xunto ás súas instalacións (külliye) foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2011.
A mesquita de Selim obra do arquitecto Mimar Sinan, xunto ás súas instalacións (külliye) foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2011.
O Palacio de Dolmabahçe foi o primeiro palacio de estilo europeo (neobarroco) en Istambul.
O Palacio de Dolmabahçe foi o primeiro palacio de estilo europeo (neobarroco) en Istambul.
O Palacio de Dolmabahçe foi construído entre 1842 e 1853, onde se levantaba o palacio de Beşiktaş, polos arquitectos armenio-turcos Garabet Amira Balyan e o seu fillo Nigogos Balyan.
O Palacio de Dolmabahçe foi construído entre 1842 e 1853, onde se levantaba o palacio de Beşiktaş, polos arquitectos armenio-turcos Garabet Amira Balyan e o seu fillo Nigogos Balyan.

República

Istambul (en turco: İstanbul) adoptouse como nome oficial en 1930.
Mustafa Kemal Atatürk, o fundador da República de Turquía.

O Imperio Otomán participou na primeira guerra mundial xunto a Alemaña, o Imperio Austrohúngaro e Bulgaria. En 1918 a guerra terminou coa derrota deste bloque contra os aliados (Reino Unido, Francia, Rusia, Italia e, máis tarde, Estados Unidos). A posterior ocupación de Istambul, Esmirna, Antalya e outras zonas de Anatolia polos aliados, forzando así ao sultán Mehmed VI a asinar o Tratado de Sèvres confirmando a rendición e a repartición do Imperio Otomán entre os aliados, impulsou a creación do movemento nacional turco.[3] Baixo o liderado de Mustafa Kemal Atatürk, o máis destacado membro do movemento nacional turco, un comandante militar que se distinguiu durante a batalla de Galípoli, a guerra de independencia turca librouse co obxectivo de revogar os termos do Tratado de Sèvres.[19] O 18 de setembro de 1922, os exércitos de ocupación foron rexeitados e o país viu o nacemento do novo Estado turco. O 1 de novembro, o recentemente fundado parlamento aboliu oficialmente o sultanato, dando fin a 623 anos de dominio otomán. O Tratado de Lausana de 1923 levou ao recoñecemento internacional da soberanía da recentemente formada "República de Turquía" e a República foi proclamada oficialmente o 29 de outubro de 1923, na nova capital de Ancara.[3]

Turquía entrou na segunda guerra mundial ao lado dos aliados o 23 de febreiro de 1945, como un xesto cerimonial e converteuse nun membro da Carta das Nacións Unidas en 1945.[20] As dificultades de Grecia despois da guerra debido á guerra civil que estalou polo alzamento da antiga resistencia comunista, xunto con demandas da Unión Soviética de bases militares nos estreitos de Turquía, conduciu aos Estados Unidos a declarar a Doutrina Truman en 1947. A doutrina enunciaba as intencións estadounidenses de garantir a seguridade de Turquía e Grecia, e deu como resultado a axuda militar en grande escala.[21] Despois de participar coas forzas das Nacións Unidas no conflito de Corea, Turquía sumouse á Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) en 1952, converténdose nun baluarte contra a expansión soviética no Mediterráneo. Tras unha década de violencia intercomunal (entre turcochipriotas e grecochipriotas) na illa de Chipre e o pronunciamento de xullo de 1974, Turquía interveu militarmente na illa (1974). Nove anos máis tarde foi establecida a República Turca do Norte de Chipre, recoñecida só por Turquía.[22]

Tras o final do período de partido único (o CHP fundado por Mustafa Kemal Atatürk) en 1945, o período comprendido entre os anos 1960 e 1980 foi particularmente marcado por períodos de inestabilidade política que desembocou nunha serie de golpes militares.[23] A liberalización da economía turca que se iniciou na década de 1980 cambiou a paisaxe do país, con sucesivos períodos de alto crecemento e a crise da década seguinte.[24]

O 15 de xullo de 2016 houbo unha tentativa de golpe de Estado por parte dunha facción do exército contra o presidente Erdoğan. O golpe foi rexeitado grazas ao apoio de centos de miles de cidadáns que saíron ás rúas na defensa da democracia e á maior parte do exército que se mantivo fiel ao goberno e ao presidente electo. O día 16 de abril de 2017 celebrouse un referendo para outorgar máis poder ao presidente Erdoğan, quen acabou gañando cun 51,3% dos escrutinios, polo cal Turquía pasou a contar cun sistema presidencialista.

Goberno e política

Recep Tayyip Erdoğan, actual presidente de Turquía.
Tansu Çiller, é unha política turca. Foi a primeira muller en ocupar o cargo de Primeira Ministra en Turquía, de 1993 a 1996.

Turquía é unha república parlamentaria e a Constitución dispón que é un estado democrático, laico, social e de dereito.[25] O poder lexislativo reside na Grande Asemblea Nacional de Turquía, composta por 550 deputados elixidos para unha lexislatura de cinco anos cos votos dos cidadáns turcos maiores de 18 anos. A súa constitución actual foi adoptada o 7 de novembro de 1982 despois dun período de goberno militar, e está baseada firmemente nos principios dun laicismo sui generis. O poder executivo reside nun presidente o cal é elixido directamente pola vontade popular. O poder lexislativo está radicado nos 600 escanos da Grande Asemblea Nacional de Turquía (Türkiye Büyük Millet Meclisi), que representa ás 81 provincias. Para ter representación no Parlamento, un partido debe obter polo menos o 10 % do total de votos nas eleccións parlamentarias nacionais. Os candidatos independentes poden participar e ser elixidos, e para iso só deben obter o 10 % do voto na provincia pola cal pretenden ser elixidos. Os militares turcos desempeñan un papel político na sombra, aínda que importante, debido a que se consideran os gardiáns da natureza secular e unitaria da república.

O presidente da república exerce as funcións do poder executivo. O Presidente actual é Recep Tayyip Erdoğan.

Relacións exteriores

Turquía é membro fundador do Consello de Europa, desde 1949.
Países nos que Turquía mantén misións diplomáticas.
Turquía é membro fundador do Grupo dos 20, desde 1999.

Turquía é membro fundador das Nacións Unidas (1945), o Consello de Europa (1949), a OCDE (1961), a OSCE (1973),[26] o Grupo dos 20 (1999) e o Consello Turco (2009). [27]

En consonancia coa súa tradicional orientación occidental, as relacións con Europa sempre foron unha parte central da política exterior turca. Turquía converteuse en membro do Consello de Europa en 1949, solicitou ser membro asociado da CEE (predecesora da Unión Europea) en 1959 e converteuse en membro asociado en 1963. Despois de décadas de negociacións políticas, Turquía converteuse en membro asociado da Unión Europea Occidental en 1992, chegou a un acordo de Unión Aduaneira coa UE en 1995 e comezou oficialmente as negociacións formais de adhesión coa Unión Europea o 3 de outubro de 2005.[28] Crese que o proceso de adhesión terá unha duración mínima de 20 anos debido ao tamaño de Turquía e a profundidade dos desacordos sobre algunhas cuestións.[29] Estes inclúen as controversias con membros da UE sobre a intervención militar da República de Turquía en Chipre para impedir a anexión da illa a Grecia en 1974. Desde entón, Turquía non recoñece a República de Chipre como a única autoridade na illa, senón que apoia de facto a comunidade turcochipriota que forma a República Turca do Norte de Chipre.[30]

Desde finais do decenio de 1980, Turquía comezou a cooperar cada vez máis coas principais economías de Asia Oriental, en particular coa China, o Xapón e Corea do Sur, nun gran número de sectores industriais, que van desde a coprodución de automotores e outros equipos de transporte, bens electrónicos, electrodomésticos, materiais de construción e equipamento militar.

A independencia dos estados turcos da Unión Soviética, cos que Turquía comparte un común patrimonio cultural e lingüístico, permitiu a Turquía ampliar as súas relacións económicas e políticas profundamente na Asia Central.[31] Dentro desta política, o Oleoduto Bakú-Tiflis-Ceyhan formou parte da estratexia de Turquía para converterse nun conduto de enerxía a Occidente. Con todo, a fronteira de Turquía con Armenia permanece pechada despois da ocupación de territorio azerí por parte de Armenia durante a primeira guerra de Nagorno-Karabakh.[32] As relacións con Armenia foron tensas pola controversia ao redor das deportacións forzosas e as mortes relacionadas con centos de miles de armenios nos últimos días do Imperio Otomán, recoñecida por un número de países e historiadores como o xenocidio armenio.[33] Turquía rexeita o termo "xenocidio", argumentando que as mortes foron consecuencia das enfermidades, a fame e as loitas interétnicas que ocorreron durante o período da primeira guerra mundial no que participou o Imperio Otomán.[34]

Forzas armadas

Corveta Heybeliada da mariña turca e F35 da forza aérea turca.

As forzas armadas turcas compóñense do exército de terra, a armada e a forza aérea. A xendarmería e a garda costeira funcionan como partes do Ministerio do Interior nos tempos de paz, a pesar de que están subordinados ao exército de terra e á armada respectivamente.[35]

As forzas armadas turcas son as segundas maiores das permanentes da OTAN (despois das dos Estados Unidos), cunha forza combinada de 1.043.550 efectivos de persoal uniformado que prestan servizos nas súas cinco ramas.[36] Todos os cidadáns homes aptos están obrigados a servir no exército por períodos que van desde tres semanas a quince meses, dependendo da súa educación e lugar de traballo (os homosexuais teñen dereito a ser exentos, segundo a súa propia petición).[37]

Turquía mantivo forzas en misións internacionais das Nacións Unidas e a OTAN desde 1950, incluíndo a guerra de Corea, as misións de paz en Somalia e a ex Iugoslavia, e brindou apoio ás forzas da coalición na primeira guerra do golfo. Turquía mantén 36.000 soldados na República Turca do Norte de Chipre e tivo tropas despregadas en Afganistán como parte da Forza Internacional de Asistencia para a Seguridade desde 2001.[38] En 2006, o Parlamento turco despregou unha forza de paz da mariña e ao redor de 700 soldados de terra como parte da Forza Provisional das Nacións Unidas para o Líbano, debido á guerra do Líbano de 2006.[39]

O xefe do Estado Maior Xeneral é nomeado polo Presidente, e é responsable ante o Primeiro Ministro. O consello de ministros é responsable ante o parlamento para asuntos de seguridade nacional e a adecuada preparación das forzas armadas para defender o país. Con todo, a autoridade para declarar a guerra e o despregamento das forzas armadas turcas a países estranxeiros ou para permitir que forzas armadas estranxeiras estacionen en Turquía corresponde unicamente ao parlamento.[40]

O exército turco reservouse tradicionalmente unha posición forte na política nacional, considerándose a si mesmo como gardián da Turquía secular e da democracia.[41] Varias veces nos últimos decenios desprazou pola forza a gobernos electos que cre que se desviaron dos principios do Estado segundo o establecido de Atatürk e consagrados na Constitución.[41]

O actual Xefe do Estado Maior das Forzas Armadas de Turquía é o xeneral do Exército Hulusi Akar.

Dereitos humanos

Artigo principal: Dereitos humanos en Turquía.
Xornalistas turcos protestan contra a detención dos seus compañeiros o Día Internacional dos Dereitos Humanos, 10 de decembro de 2016.

Os dereitos humanos en Turquía foron obxecto de certa polémica e condena internacional. Entre 1998 e 2008, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos emitio máis que 1.600 sentenzas contra o goberno turco por violacións dos dereitos humanos, especialmente en relación ao dereito á vida e á liberdade contra a tortura. Outras cuestións, como os dereitos dos kurdos, das mulleres, do colectivo LGTBI e da liberdade de prensa, tamén provocaron polémica. O historial dos dereitos humanos no país segue sendo un obstáculo importante para a futura adhesión á Unión Europea.[42] A discriminación contra as persoas LGBT en Turquía está moi estendida.[43][44] Segundo a enquisa de Pew Research Center no 2013, o 78% dos turcos enquisados cren que a homosexualidade non é aceptada pola sociedade.[45]

Segundo o Comité para a Protección dos Xornalistas (CPX), o goberno do AKP librou unha das maiores represións do mundo contra a liberdade de prensa. Un gran número de xornalistas foron arrestados por cargos como "terrorismo" e "actividades antiestatais", como os casos Ergenekon e Balyoz, mentres que miles foron investigados por "denigrar a condición turca" ou "insultar o islam" nun esforzo por sementar a autocensura.[46]

En 2017, o CPX identificou 81 xornalistas prendidos en Turquía (incluíndo o equipo editorial do Cumhuriyet, o xornal máis antigo do país aínda en circulación), todos directamente por conta do seu traballo publicado (máis que calquera país no mundo, inclusive Irán, Eritrea ou a China), así mesmo nove músicos foron prendidos polo seu traballo (o 3.º lugar no planeta, despois da Rusia e da China).[47] Un ex-voceiro do Departamento de Estado dos Estados Unidos, Philip J.  Crowley, dixo que os Estados Unidos tiña "amplas preocupacións sobre as tendencias que envolvían a intimidación a xornalistas en Turquía".[48] A medida turca é clasificada como "non libre" pola Freedom House,[49] que di na súa resolución do 22 de xuño de 2016, titulada "O funcionamento das institucións democráticas en Turquía", que a Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa advertiu que "os recentes desenvolvementos de Turquía en materia de liberdade dos medios de comunicación e de expresión, erosionan o Estado de dereito e as violacións dos dereitos humanos en relación ás operacións de seguridade antiterrorista no sueste do país levantaron serias cuestións sobre o funcionamento das súas institucións democráticas."[50]

Os políticos da oposición Selahattin Demirtas e Figu Yüksekdağ foron arrestados por cargos de "terrorismo" en 2016.

O 20 de maio de 2016, o parlamento turco retirou a inmunidade de case unha cuarta parte dos seus membros, incluídos 101 deputados do partido pro-kurdo HDP e o partido principal de oposición, o CHP.[51] En reacción ao golpe de Estado errado o 15 de xullo de 2016, máis de 160.000 xuíces, profesores, policías e funcionarios foron suspendidos ou destituídos, 77.000 foron formalmente arrestados,[52][53] e 130 organizacións de prensa, incluíndo 16 emisoras e 45 xornais,[54] foron pechados polo goberno turco.[55] Ademais, tamén foron arrestados 160 xornalistas.[56]

O 29 de abril de 2017, as autoridades turcas bloquearon o acceso en liña a Wikipedia en todos os idiomas.[57][58] As restricións impuxéronse no contexto das purgas que seguiron ao intento de golpe de Estado, unhas semanas despois dun referendo constitucional significativo, e logo dun bloqueo parcial máis selectivo do contido de Wikipedia en anos anteriores.[59] Tras a prohibición, Jimmy Wales, o fundador de Wikipedia, foi desautorizado da World Cities Expo en Istambul do 15 ao 18 de maio.[60] O profesor de dereito turco Yaman Akdeniz estima que a Wikipédia sexa un dos cerca de 127 mil sitios web bloqueados polas autoridades turcas. Estímase que o 45% dos turcos eludirón os bloqueos de Internet, nun momento ou outro, usando unha rede privada virtual (VPN).[61]

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Turquía.

Turquía é un Estado transcontinental de Eurasia. A Turquía asiática, que se corresponde coa península de Anatolia, e que inclúe o 97 % da superficie do país, está separada da Turquía europea polo mar de Mármara e os estreitos do Bósforo e Dardanelos, que en conxunto ligan maritimamente o mar Negro e mais o mar Mediterráneo. A Turquía europea, que corresponde á Tracia e a Rumelia orientais da Península Balcánica, só representan o 3% da superficie total do país.[62]

O territorio turco ten máis de 1.600 km de lonxitude, de leste a oeste, e 800 km de norte a sur. A superficie de Turquía, incluíndo a dos lagos, é de 783.562 km², bastante máis dunha vez e media a de España, dos cales só 23.764 km² están en Europa (unha área inferior á de Galicia).[63] Turquía é o 37º país maior do mundo, cunha superficie similar á suma das superficies do Reino Unido e de Francia.

Xeografía física

O monte Ararat

A Turquía europea, no seu noroeste, conforma a Tracia Oriental, e ten fronteiras con Grecia e Bulgaria. A Turquía asiática ou Anatolia—tamén denominada Asia Menor—está formada por unha meseta central (Meseta de Anatolia). Os Montes Pónticos (Köroğlu) separan este altiplano da estreita franxa costeira do mar Negro polo norte; mentres os Montes Tauros ao sur forman un murallón fronte á franxa costeira mediterránea. O leste do país é máis montañoso aínda, unión do Anti-Tauro e o Cáucaso, e conforma un dispersor de diversos ríos que se estenden polo Oriente Próximo, como o Éufrates e o Tigris. Sitúanse aí o lago Van e o monte Ararat, a elevación máxima do país con 5.165 msnm.[64]

Hidrografía

O gran río da península anatólica é o río Kizil Irmak ou "río vermello" en turco (Halys da antigüidade), que corre de sur a norte. Xunto co seu afluente, o río Delidje Su, drena boa parte do país, pero os seus vales son profundos e angostos. No leste o río Tigris, que forma unha enorme curva oeste-leste desde o seu nacemento aos pés do Ararat, drena a parte oriental, xunto co río Éufrates, de menor curso en territorio turco.

Son numerosos os lagos, en especial na ancha banda percorrida polos Montes Taurus, conformados por materiais calcarios, que orixinan unha paisaxe cárstica, na que os lagos en superficie ou subterráneos xogan o seu papel. Na mesma Anatolia, co cha cheo de material salino en partes, formouse no centro un gran lago salgado, o Tuz-ghela, con cerca de 1.700 km², o segundo en área do país tras o Van.

Xeoloxía

O relevo variado de Turquía é resultado de diversos movementos terrestres complexos que formaron a rexión ao longo de millóns de anos e que aínda producen sismos e erupcións volcánicas. O Bósforo e os Dardanelos formáronse polas fallas xeolóxicas que fendían Turquía e que permitiron a creación do Mar Negro. Outra falla que cruza o norte do país, de oeste a leste, causou o terremoto de 1999.[65]

Clima

En conformidade coas diferenzas do relevo, o clima turco é moi variado. As áreas costeiras do oeste e sur de Turquía teñen un clima mediterráneo, con veráns secos, e invernos moderadamente húmidos. Na costa do Mar Negro os veráns son frescos e as precipitacións repártense ao longo de todo o ano. As condicións son máis extremas no interior árido e elevado. As montañas próximas á costa impiden que as influencias mediterráneas se estendan ao centro, polo que o planalto anatólico central ten un clima continental, con invernos severos e veráns moi cálidos; no altiplano de Capadocia, o Erdjaz Dag, con 3.916 m ten neves perpetuas. A precipitación mediana é de 400 mm, mais con diferenzas rexionais que dependen da altitude. As rexións máis secas son a chaira de Konya e a de Malatya.

Organización territorial

Artigo principal: Subdivisións de Turquía.

Turquía é un estado unitario que se divide administrativamente en 81 provincias, (iller, singular il) á fronte de cada unha das cales se acha un gobernador (vali) designado polo Goberno central. As provincias están á súa vez, divididas en distritos (demarcacións provinciais ou ilçeler, singular ilçe) e comunas que poden establecer impostos e exercer outras iniciativas. A capital provincial (xeralmente chamada ilçe central) leva xeralmente o nome da provincia, coas seguintes excepcións: Hatay (capital: Antioquía), Kocaeli (capital: İzmit), e Sakarya (capital: Adapazarı).

División rexional

Véxase tamén: Rexións de Turquía.
Mapa de Turquía coa división rexional.

Por outra banda, xeograficamente o país está dividido en sete rexións que se definiron orixinalmente no Primeiro Congreso de Xeografía do país en 1941:[66]

Cidades

Ancara que ten unha poboación de 5.270.575 habitantes é a capital da República de Turquía.

A capital de Turquía é Ancara, mais a capital histórica é Istambul (antiga Constantinopla), que é ao mesmo tempo o centro financeiro, económico e cultural do país. Outras cidades importantes son Esmirna, Bursa, Adana, Trebisonda, Malatya, Gaziantep, Erzurum, Kayseri, İzmit (Kocaeli), Konya, Mersin, Eskişehir, Diyarbakır, Antalya e Samsun. Aproximadamente o 68 % da poboación de Turquía vive en centros urbanos. No total, 12 cidades teñen poboacións que exceden os 500.000 hab. e 48 cidades teñen máis de 100.000 hab.

Principais cidades (poboación do 2009):

Economía

Artigo principal: Economía de Turquía.
Turquía é membro fundador da OCDE (1961) e G20 (1999)

Cunha estimación nominal de produto interior bruto de 744 millóns de dólares (8.958 dólares por habitante) e 2,4 billóns de dólares (28.264 dólares) por paridade de poder adquisitivo,[67][68] Turquía é a 19ª economía maior do mundo e 13ª maior por PPP.[69][70] Turquía é membro fundador da OCDE, do Grupo dos 20 (países industrializados e emerxentes) e pertencente ao grupo de mercados emerxentes CIVETS.[26][27]

A Unión Aduaneira coa UE aprobada en 1995 conduciu a unha ampla liberalización dos aranceis e constitúe un dos alicerces máis importantes da política do comercio exterior de Turquía.[71]

Durante a maior parte da súa historia republicana, Turquía adheriuse a un enfoque case-estatal da economía, con estrito control do goberno sobre a participación do sector privado, o comercio exterior e a investimento estranxeiro directo. Con todo, durante o decenio de 1980, Turquía comezou unha serie de reformas dirixidas a trasladar a economía dun illado sistema estatalista a un máis apoiado no sector privado baseado no modelo de mercado.[24] As reformas impulsaron un rápido crecemento, pero este crecemento foi marcado por unha forte recesión e crises financeiras en 1994, 1999 (tras o terremoto dese ano),[72] e 2001,[73] o que deu como resultado unha media do 4 % de crecemento do PIB por ano entre 1981 e 2003.[74] A falta de reformas adicionais, xunto con grandes e crecentes déficits do sector público e a corrupción xeneralizada, traduciuse nunha elevada inflación, debilidade do sector bancario e o aumento da volatilidade macroeconómica.[75]

Panorámica de Istambul.

Desde a crise económica de 2001 e as reformas iniciadas polo ministro de finanzas da época, a inflación reduciuse a un só díxito, a confianza dos investidores e os investimentos estranxeiros aumentarón, e o desemprego diminuíu. Turquía foi abrindo progresivamente os seus mercados a través de reformas económicas mediante a redución dos controis gobernamentais sobre o comercio exterior e o investimento, a privatización de industrias de propiedade pública, e a liberalización de moitos sectores de bens privados.[76] Segundo a revista Forbes, en Istambul, capital financeira de Turquía, había un total de 35 multimillonarios en marzo de 2008 (comparado con 25 en 2007), situándose no posto 4º no mundo.[77]

Galería de imaxes

Notas

  1. Sabancı University (2005). "Geography of Turkey" (en inglés). Sabancı University. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de setembro de 2009. 
  2. Mango, Andrew (2000). Ataturk. Overlook. ISBN 1-5856-7011-1. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Shaw, Stanford Jay; Kural Shaw, Ezel (1977). History of the Ottoman Empire and Modern Turkey. Cambridge University Press. ISBN 0-5212-9163-1. 
  4. Reva Bhalla, Lauren Goodrich y Peter Zeihan (17 de marzo de 2009). "Stratfor: "Turkey and Russia on the Rise"". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2011. Consultado o 16 de xuño de 2010. 
  5. George Friedman (31 de xullo de 2007). "Stratfor: "The Geopolitics of Turkey"". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2009. Consultado o 16 de xuño de 2010. 
  6. Sánchez-Vallejo, María Antonia, ed. (17 de xullo de 2022). "El nombre de Turquía ya no recuerda a los pavos". elpais.com (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2022. 
  7. 7,0 7,1 Harper, Douglas (2001). ""Turk"". Online Etymology Dictionary. Consultado o 27 de decembro de 2006. 
  8. American Heritage Dictionary (2000). ""Turk"". Houghton Mifflin Company. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2013. Consultado o 27 de decembro de 2006. 
  9. Curry, Andrew (novembro de 2008). "Gobekli Tepe: The World’s First Temple?". Smithsonian.com. Smithsonian Institution. Consultado o 21 de febreiro do 2020. 
  10. Thissen, Laurens (23 de novembro de 2001). "Time trajectories for the Neolithic of Central Anatolia" (PDF). CANeW - Central Anatolian Neolithic e-Workshop. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xuño de 2007. Consultado o 21 de decembro de 2006. 
  11. Balter, Michael (27 de febreiro de 2004). "Search for the Indo-Europeans: Were Kurgan horsemen or Anatolian farmers responsible for creating and spreading the world's most far-flung language family?". Science 303 (5662): 1323. 
  12. The Metropolitan Museum of Art, New York (outubro de 2000). "Anatolia and the Caucasus (Asia Minor), 2000 – 1000 B.C. in Timeline of Art History.". New York: The Metropolitan Museum of Art. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2007. Consultado o 21 de decembro de 2006. 
  13. Hooker, Richard (6 de xuño de 1999). "Ancient Greece: The Persian Wars". Washington State University, WA, United States. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2006. Consultado o 22 de decembro de 2006. 
  14. The Metropolitan Museum of Art, New York (outubro de 2000). "Anatolia and the Caucasus (Asia Minor), 1000 B.C. - 1 A.D. in Timeline of Art History.". New York: The Metropolitan Museum of Art. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2006. Consultado o 21 de decembro de 2006. 
  15. Daniel C. Waugh (2004). "Constantinople/Istanbul". University of Washington, Seattle, WA. Consultado o 26 de decembro de 2006. 
  16. "Hattusha: the Hittite Capital". whc.unesco.org. Consultado o 12 de xuño de 2014. 
  17. Simons, Marlise (22 de agosto de 1993). "Center of Ottoman Power". New York Times. Consultado o 4 de xuño de 2009. 
  18. "Dolmabahce Palace". dolmabahcepalace.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 4 de agosto de 2014. 
  19. Mango, Andrew (2000). Ataturk. Overlook. ISBN 1-58567-011-1. 
  20. "Growth in United Nations membership (1945-2005)". United Nations. 3 de xullo de 2006. Consultado o 30 de outubro de 2006. 
  21. Huston, James A. (1988). Outposts and Allies: U.S. Army Logistics in the Cold War, 1945-1953. Susquehanna University Press. ISBN 0-941664-84-8. 
  22. "Timeline: Cyprus". British Broadcasting Corporation. 12 de decembro de 2006. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  23. Hale, William Mathew (1994). Turkish Politics and the Military. Routledge, UK. ISBN 0-4150-2455-2. 
  24. 24,0 24,1 Nas, Tevfik F. (1992). Economics and Politics of Turkish Liberalization. Lehigh University Press. ISBN 0-934223-19-X. 
  25. Constitution of the Republic of Turkey (PDF). Türkiye Büyük Millet Meclisi (The Grand National Asembly of Turkey). 29 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de febreiro de 2020. Consultado o 26 de febreiro do 2020. 
  26. 26,0 26,1 "Turkey's Relations with the Organisation for Economic Co-operation and Development (OECD)". mfa.gov.tr. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 7 de xuño do 2020. 
  27. 27,0 27,1 "G-20". mfa.gov.tr. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 7 de xuño do 2020. 
  28. "Negociaciones UE-Turquía: un paso crucial". Deutsche Welle (en castelán). 4.10.2005. Consultado o 27 de febreiro do 2020. 
  29. "Interview with European Commission President José Manuel Barroso on BBC Sunday A27 de febreiro do 2020M" (PDF) (en inglés). Comisión Europea. 15 de outubro de 2006. Consultado o 27 de febreiro do 2020. 
  30. Mardell, Mark (11 de decembro de 2006). "Turkey's EU membership bid stalls". BBC (en inglés). Consultado o 27 de febreiro do 2020. 
  31. Bal, Idris (2004). Turkish Foreign Policy In Post Cold War Era. Universal Publishers. ISBN 1-5811-2423-6. 
  32. U.S. Department of State: Country Report on Human Rights Practices in Armenia: Respect for Human Rights. Section 1, a.
  33. http://arsiv.ntvmsnbc.com/news/321123.asp
  34. "Q&A Armenian 'genocide'". BBC. 12 de outubro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2008. Consultado o 29 de decembro de 2006. 
  35. Turkish General Staff (2006). "Turkish Armed Forces Defense Organization". Turkish Armed Forces. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2007. Consultado o 27 de febreiro do 2020. 
  36. Economist Intelligence Unit:Turkey, p.23 (2005)
  37. United Nations High Commissioner for Refugees (UNHCR), Directorate for Movements of Persons, Migration and Consular Affairs - Asylum and Migration Division (xullo de 2001). "Turkey/Military service" (PDF). UNHCR. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2006. Consultado o 28 de febreiro do 2020. 
  38. Turkish General Staff (2006). "Brief History of ISAF" (en inglés). Turkish Armed Forces. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2006. Consultado o 28 de febreiro do 2020. 
  39. "Turkish troops arrive in Lebanon". British Broadcasting Corporation (en inglés). 20 de outubro de 2006. Consultado o 28 de febreiro do 2020. 
  40. Turkish General Staff (2006). "Turkish Armed Forces Defense Organization". Turkish Armed Forces. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2007. Consultado o 15 de decembro de 2006. 
  41. 41,0 41,1 "Turkey's army defends secularism ahead of elections". Reuters (en inglés). 2007-08-27. Consultado o 2022-03-01. 
  42. European Parliament Human Rights committee, ed. (26-10-2010). "Human rights in Turkey: still a long way to go to meet accession criteria". Arquivado dende o orixinal o 22-03-2020. Consultado o 9-2-2013. 
  43. "'It's just the start': LGBT community in Turkey fears government crackdown". the Guardian (en inglés). 2017-11-23. Consultado o 2022-03-01. 
  44. The Independent, ed. (30 de xuño de 2019). "Turkish police fire tear gas at crowds gathered for banned Istanbul Pride march". 
  45. "The Global Divide on Homosexuality." (en inglés) Pew Research Center. 4 de xuño de 2013.
  46. Turkey's Press Freedom Crisis. Committee to Protect Journalists, ed. "Turkey's Press Freedom Crisis" (en inglés). Consultado o 9-2-2013. 
  47. "Russia, China and Turkey top yearly list of music freedom violations". freemuse.org. 20150219151449. Arquivado dende o orixinal o 14-03-2016. Consultado o 19-2-2015. 
  48. The Guardian, ed. (4-3-2011). "Seven journalists arrested in Turkey". Consultado o 11-6-2013. 
  49. "Turkey". freedomhouse.org. Consultado o 29-1-2015. 
  50. Hurriyet Daily News, ed. (23-6-2016). "Rights violations, terror ops threaten Turkey's democratic institutions: PACE". Consultado o 23-6-2016. 
  51. "Turkish parliament moves to strip lawmakers' immunity from prosecution". Deutsche Welle. 20-5-2016. Consultado o 15 de marzo do 2020. 
  52. "Turkey orders 70 army officers detained over Gulen links – CNN Turk". Reuters. 29-3-2018. Arquivado dende o orixinal o 01-05-2018. Consultado o 25-03-2020. 
  53. "Turkey arrests German for spreading Kurdish propaganda: Anadolu". Reuters. 25-7-2018. 
  54. "Erdogan Renews Putsch Purge With Targets in Media, Academia". Bloomberg. 31 de outubro de 2016.
  55. "From soldiers to midwives, Turkey dismisses 15,000 more after coup bid".Reuters. 24 de novembro de 2016.
  56. "Turkish court orders release of journalists during their trial". Reuters. 9 de março de 2018.
  57. "Wikipedia blocked in Turkey". Turkey Blocks. 29-4-2017. Consultado o 29-4-2017. 
  58. "El acceso a Wikipedia se restaura en Turquía tras un bloqueo de más de dos años y medio - Wikimedia España". blog.wikimedia.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2020. Consultado o 2020-01-18. 
  59. Kingsley, Patrick (30-4-2017). The New York Times. www.nytimes.com, ed. "Turkey Purges 4,000 More Officials, and Blocks Wikipedia" (en inglés). Consultado o 1-5-2017. 
  60. "Days after banning Wikipedia, Turkey disinvites founder from Istanbul expo". Turkey Purge (en inglés). 2-5-2017. Arquivado dende o orixinal o 06-08-2018. Consultado o 3-5-2017. 
  61. Kingsley, Patrick (10-6-2017). "Turks Click Away, but Wikipedia Is Gon". The New York Times. Consultado o 11-6-2017. 
  62. Turkish Odyssey: Turkey Arquivado 09 de maio de 2008 en Wayback Machine.(en inglés)
  63. US Library of Congress. "Geography of Turkey". US Library of Congress. Consultado o 21 de setembro de 2009. 
  64. NASA - Earth Observatory (2001). "Mount Ararat (Ağrı Dağı), Turkey". NASA. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2006. Consultado o 21 de setembro de 2009. 
  65. "Brief Seismic History of Turkey". University of South California, Department of Civil Engineering. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2009. Consultado o 21 de setembro de 2009. 
  66. Ali Yiğit, "Geçmişten Günümüze Türkiye'yi Bölgelere Ayıran Çalışmalar ve Yapılması Gerekenler", Ankara Üniversitesi Türkiye Coğrafyası Araştırma ve Uygulama Merkezi, IV. Ulural Coğrafya Sempozyumu, "Avrupa Birliği Sürecindeki Türkiye'de Bölgesel Farklılıklar", pp. 34–35. Arquivado 31 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
  67. International Monetary Fund (ed.). "World Economic Outlook Database, October 2019". IMF.org. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  68. "World Economic Outlook Database, April 2020". IMF.org. International Monetary Fund. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  69. The World Bank: World Development Indicators Database (ed.). "Gross Domestic Product 2018, PPP. (Last revised on 23 December 2019.)" (PDF) (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  70. The World Bank: World Development Indicators Database (ed.). "Gross Domestic Product 2018, Nominal. (última revisión o 23 de decembro de 2019.)" (PDF). Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  71. Bartolomiej Kaminski; Francis Ng (1 de maio de 2006). World Bank, ed. "Turkey's evolving trade integration into Pan-European markets" (PDF) (en inglés). p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2007. Consultado o 10 de xullo do 2020. 
  72. "Business: The Economy Turkish quake hits shaky economy". British Broadcasting Corporation. 17 de agosto de 1999. Consultado o 30 de marzo do 2020. 
  73. "'Worst over' for Turkey". British Broadcasting Corporation. 4 de febreiro de 2002. Consultado o 30 de marzo do 2020. 
  74. World Bank (2005). "Turkey Labor Market Study" (PDF). World Bank. Consultado o 10 de decembro de 2006. 
  75. Organisation for Economic Co-operation and Development (2002). OECD Reviews of Regulatory Reform - Turkey: crucial support for economic recovery: 2002. Organisation for Economic Co-operation and Development. ISBN 92-64-19808-3. 
  76. Jorn Madslien (2 de novembro de 2006). "Robust economy raises Turkey's hopes". British Broadcasting Corporation. Consultado o 12 de decembro de 2006. 
  77. "Forbes list of "Billionaire Cities" in The Sunday Times article "Turkey’s new rich find the Midas touch". marzo 9, 2008.". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2011. Consultado o 14 de abril de 2020. 

Véxase tamén

Ligazóns externas