Saltar ao contido

Marburgvirus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Genus Marburgvirus
Clasificación científica
Grupo: V (Virus ARN monocatenario negativo)
Orde: Mononegavirales
Familia: Filoviridae
Xénero: ''Marburgvirus''
Especie: ''Marburg marburgvirus''
Especie tipo
''Marburg marburgvirus''
Virus membros (Abreviación)

Marburg virus (MARV)
Ravn virus (RAVV)

Marburgvirus é un xénero de virus clasificado na familia Filoviridae, orde Mononegavirales,[1] que inclúe unha única "especie", o Marburg marburgvirus, que á súa vez contén dous "virus" de forma filamentosa, o virus Marburg (MARV, Marburg virus) e o virus Ravn (RAVV, Ravn virus). Ambos os dous causan unha febre hemorráxica moi grave, que afecta a humanos e outros primates, e considéranse Axentes selectos,[2] patóxenos do grupo de risco 4 da Organización Mundial da Saúde (que requiren un nivel 4 de bioseguridade),[3] e patóxenos prioritarios de categoría A dos Institutos Nacionais da Saúde/Instituo Nacional da Alerxia e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos,[4] e axentes de bioterrorismo de categoría A para os Centros para o Control e Prevención de Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos,[5] e están na lista de Axentes Biolóxicos parra o Control de Exportación do Grupo Australia.[6]

O nome Marburgvirus deriva da cidade de Marburg en Alemaña (onde se descubriu o virus Marburg) coa terminación virus propia dos xéneros.[1] Os membros do xénero denomínanse marburgvirus.[1] O xénero Marburgvirus, segundo as regras de nomenclatura do ICTV, vai sempre con maiúscula e cursiva precedida da palabra "genus". O nome da especie Marburg marburgvirus vai tamén con maiúscula e cursiva e nunca abreviada, e precedida da palabra "species". O nome dos virus membros da especie van con maiúscula pero non en cursiva.

Previas designacións

Ata 1998, a familia Filoviridae contiña só un xénro, Filovirus.[7] Pero unha vez que quedou claro que os marburgvirus e os ebolavirus eran fundamentalmente diferentes, este xénero foi abolido e creáronse no seu lugar xéneros que se denominaron inicialmente "virus de tipo Marburg" ("Marburg-like viruses") para os marburgvirus e "virus de tipo Ebola" ("Ebola-like virus") para os ebolavirus.[8] En 2002 estes nomes foron cambiados a Marburgvirus e Ebolavirus,[9] e en 2010 e 2011 o xénero foi emendado.

A única especie deste xénero foi intoducida en 1998 como Marburg virus.[8] Como a "especie" se confundía facilmente co seu "virus" membro, Marburg virus, o nome da especie foi cambiado a Lake Viktoria marburgvirus (marburgvirus do Lago Vitoria) en 2005.[10] En 2010, propúxose cambialo ao nome actual Marburg marburgvirus (marburgvirus Marburg),[1] e esta proposta foi aceptada en 2012 polo ICTV.

Criterios de inclusión no xénero

Un virus que cumpra os criterios de ser membro da familia Filoviridae é membro ademais do xénero Marburgvirus se cumpre os seguintes criterios:[1][11]

  • O seu xenoma ten un solapamento de xenes.
  • O seu cuarto xene (GP) codifica só a proteína (GP1,2) e a edición cotranscricional non é necesaria para a súa expresión.
  • O pico de infectividade dos seus virións está asociada con partículas de ≈665 nm de lonxitude.
  • O seu xenoma difire do do virus Marburg (Marburg virus) en <50% a nivel de nucleótidos.
  • Os seus virións case non mostran reactividade cruzada antixénica cos ebolavirións.

Organización do xénero

Un xénero pode conter moitas especies; neste caso contén só unha. Unha "especie" vírica pode conter varios "virus" neste caso contén dous.

Xénero Marburgvirus (familia Filoviridae, orde Mononegavirales): especies e virus
Nome das especies Nome do virus (abreviación)
Marburg marburgvirus (especie tipo) Marburg virus (MARV)
Ravn virus (RAVV)

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Kuhn, J. H.; Becker, S.; Ebihara, H.; Geisbert, T. W.; Johnson, K. M.; Kawaoka, Y.; Lipkin, W. I.; Negredo, A. I.; Netesov, S. V.; Nichol, S. T.; Palacios, G.; Peters, C. J.; Tenorio, A.; Volchkov, V. E.; Jahrling, P. B. (2010). "Proposal for a revised taxonomy of the family Filoviridae: Classification, names of taxa and viruses, and virus abbreviations". Archives of Virology 155 (12): 2083–2103. doi:10.1007/s00705-010-0814-x. PMC 3074192. PMID 21046175.
  2. US Animal and Plant Health Inspection Service (APHIS) and US Centers for Disease Control and Prevention (CDC). "National Select Agent Registry (NSAR)". Consultado o 2011-10-16. 
  3. US Department of Health and Human Services. "Biosafety in Microbiological and Biomedical Laboratories (BMBL) 5th Edition". Consultado o 2011-10-16. 
  4. US National Institutes of Health (NIH), US National Institute of Allergy and Infectious Diseases (NIAID). "Biodefense - NIAID Category A, B, and C Priority Pathogens". Consultado o 2011-10-16. 
  5. US Centers for Disease Control and Prevention (CDC). "Bioterrorism Agents/Diseases". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2014. Consultado o 2011-10-16. 
  6. The Australia Group. "List of Biological Agents for Export Control". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2011. Consultado o 2011-10-16. 
  7. Kiley, M. P.; Bowen, E. T.; Eddy, G. A.; Isaäcson, M.; Johnson, K. M.; McCormick, J. B.; Murphy, F. A.; Pattyn, S. R.; Peters, D.; Prozesky, O. W.; Regnery, R. L.; Simpson, D. I.; Slenczka, W.; Sureau, P.; Van Der Groen, G.; Webb, P. A.; Wulff, H. (1982). "Filoviridae: A taxonomic home for Marburg and Ebola viruses?". Intervirology 18 (1–2): 24–32. doi:10.1159/000149300. PMID 7118520.
  8. 8,0 8,1 Pringle, C. R. (1998). "Virus taxonomy--San Diego 1998". Archives of virology 143 (7): 1449–1459. doi:10.1007/s007050050389. PMID 9742051.
  9. Mayo, M. A. (2002). "ICTV at the Paris ICV: results of the plenary session and the binomial ballot". Archives of Virology 147 (11): 2254–60. doi:10.1007/s007050200052. 
  10. Mayo, M. A. (2002). "ICTV at the Paris ICV: results of the plenary session and the binomial ballot". Archives of Virology 147 (11): 2254–60. doi:10.1007/s007050200052. 
  11. Kuhn, J. H.; Becker, S.; Ebihara, H.; Geisbert, T. W.; Jahrling, P. B.; Kawaoka, Y.; Netesov, S. V.; Nichol, S. T.; Peters, C. J.; Volchkov, V. E.; Ksiazek, T. G. (2011). "Family Filoviridae". In King, Andrew M. Q.; Adams, Michael J.; Carstens, Eric B. et al. Virus Taxonomy—Ninth Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. London, UK: Elsevier/Academic Press. pp. 665–671. ISBN 978-0-12-384684-6 |displayeditors= suggested (help)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas