Jay W. Johnson
![]() Jay W. Johnson Directora da US Mint (2000-2001) Membro da Cámara de Representantes (1997-1999) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1943 Bessemer. ![]() |
Morte | 17 de outubro de 2009 (66 anos) Bristow. ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Lugar de sepultura | Stonewall Memory Gardens Manassas, Virxinia. |
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
7 de xaneiro de 1997 – 3 de xaneiro de 1999 Lexislatura: 105º Congresso dos Estados Unidos (pt) ![]() Circunscrición electoral: Wisconsin's 8th congressional district (en) ![]() Electo en: 1996 United States House of Representatives elections (en) ![]() | |
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
3 de xaneiro de 1997 – 3 de xaneiro de 1999 | |
Afiliado | |
Afiliado | |
Presidente | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Washington, D.C. ![]() |
Ocupación | Político e xornalista dos EEUU. |
Partido político | Partido Demócrata ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América ![]() |
![]() ![]() |
Jay Withington Johnson, nado en Bessemer, Míchigan, o 30 de setembro de 1943 e finado en Bristow, Virxinia, o 17 de outubro de 2009, foi un político e xornalista estadounidense, membro da Cámara de Representantes por Wisconsin de 1997 a 1999, e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 2000 e 2001.[1]
Tamén presentou os informativos nas canles WFRV-TV e WLUK-TV en Green Bay, Wisconsin.
Traxectoria
Primeiros anos e formación
Johnson naceu en Bessemer, Míchigan, o 30 de setembro de 1943, e cursou o seu ensino secundario na Bessemer High School. Posteriormente acadou un grao técnico en Locución no Gogebic Community College en 1963 e o título superior (Bachelor of Arts ) en Locución na Universidade do Norte de Míchigan, en 1965. En 1970 obtivo o seu mestrado en Artes da Radio e da Televisión, na Universidade Estatal de Míchigan.[2][3]
Carreira profesional
Comunicación
Johnson era veterano da Guerra de Vietnam e entre 1966 e 1968 exerceu como especialista en información do Exército dos Estados Unidos.[2]
Nesa época tamén colaborou e foi membro do consello directivo de diversas organizacións sen ánimo de lucro, como Easter Seals of WI, Libertas, United Way of America, e asociacións de axuda a afectados pola violencia familiar ou por doenzas como a distrofia muscular.[2]
No ámbito do xornalismo civil, Jay W. Johnson traballou desde 1964 como locutor e xornalista en Míchigan, Indiana e Florida, antes de se establecer en Green Bay, Wisconsin, onde traballou durante 16 anos nas cadeas de televisión WFRV-TV (1980-1986) e WLUK-TV (1987-1996).[3]
Política
En 1996, Johnson foi elixido representante do oitavo distrito de Wisconsin, polo Partido Demócrata, no Congreso dos Estados Unidos, e logo dun mandato foi derrotado polo membro da Asemblea Estatal de Wisconsin Mark Green, en 1998,[3] polo que só permaneceu no Congreso ata o 3 de xaneiro de 1999.
En agosto de 1999, Johnson foi nomeado director da Casa da Moeda dos Estados Unidos polo presidente Bill Clinton,[3] en substitución de Philip N. Diehl, e foi confirmado polo Senado en maio de 2000. Ocupou o seu cargo durante pouco máis dun ano, xa que en agosto de 2001 o novo presidente nomeou a republicana Henrietta H. Fore como directora da ceca pública.
Comercio numismático
Logo do seu cesamento na US Mint, Johnson traballou por conta propia no sector do comercio por xunto de moedas de colección e converteuse no numismático principal da ceca privada The Franklin Mint.[4] O 29 de xuño de 2009, a corporación Goldline International, Inc., dedicada ao comercio numismático e de metais preciosos, anunciou que Johnson exercería a partir de entón como voceiro da compañía.[5]
Recoñecementos
- (1988): Premio ao servizo dos Antigos Alumnos, Universidade do Norte de Míchigan.[6]
- (1988): Premio ao Cidadán Sobresaliente, da loxa masónica Washington 21.[3]
Vida Familiar
Jay W. Johnson estaba casado con JoLee Johnson[3] e tiña dous fillastros.[2]
O 17 de outubro de 2009, Johnson morreu na súa residencia familiar de Bristow, en Virxinia, aparentemente por un ataque ao corazón.[3][7][8] O seu corpo foi sepultado no cemiterio Stonewall Memory Gardens, no condado Prince William, de Virxinia.[9]
Notas
- ↑ "Johnson, Jay W. 1943-2009". Biographical Directory of the United States Congress.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Johnson, Jay W. 1943". Wisconsin Historical Society.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Ryman, R. (2009). "Jay Johnson dies at 66; was congressman, Green Bay TV anchor". En The Post Crescent. 18 de outubro.
- ↑ "Jay W. Johnson, Chief Numismatist". The Frankling Mint.
- ↑ "Former U.S. Mint Director Jay Johnson Becomes Spokesperson for Gold and Precious Metals Company Goldline International, Inc". En Business Wire. 29 de xuño de 2009.
- ↑ "Alumni Service Award Recipients". Nothern Michigan University.
- ↑ "Former TV anchor, congressman Johnson dies". En Milwaukee Journal Sentinel. 18 de outubro de 2009.
- ↑ Ryman, R. (2009). "Former congressman, Green Bay TV news anchor dies". En Green Bay Press-Gazette. 19 de outubro. Páxina A-3.
- ↑ "Jay Withington Johnson". FindaGrave.com
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Predecesor: Philip N. Diehl |
![]() Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 2000 - 2001 |
Sucesor: Henrietta H. Fore |
- Nados en 1943
- Finados en 2009
- Nados en Míchigan
- Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos
- Numismáticos dos Estados Unidos de América
- Alumnos da Universidade Estatal de Michigan
- Alumnos da Universidade do Norte de Michigan
- Militares dos Estados Unidos de América
- Políticos do Partido Demócrata dos Estados Unidos de América
- Membros da Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América