30 de outubro
Aparencia
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2024 Todos os días |
O 30 de outubro é o 303º día do ano do calendario gregoriano (304º nos anos bisestos). Quedan 62 días para finalizar o ano.
Acontecementos
- 130: fundación de Antinópolis polo emperador romano Hadrián, na memoria do seu amante falecido Antínoo.
- 1340: os reis de Castela e Portugal únense na batalla do Salado contra os mouros benimeríns, aos que derrotan.
- 1793: Revolución francesa: un decreto da Convención montañesa prohibe todas as sociedades populares de mulleres.
- 1794: Revolución francesa: a Convención Nacional crea a Escola normal superior.
- 1817: Creación dun goberno independentista en Venezuela por Simón Bolívar.
- 1920: Publícase en Ourense o primeiro número da revista Nós, dirixida por Vicente Risco e con Castelao como director artístico.
- 1938: Orson Welles adapta a novela A guerra dos mundos de H.G. Wells á radio e aterroriza os Estados Unidos.
- 1910: Fúndase en Barcelona a Confederación Nacional do Traballo.
- 1940: O mariscal Philippe Pétain anuncia a colaboración de Francia coa Alemaña nazi.
- 1974: en Kinshasa (capital da República Democrática do Congo) librase o mítico combate de boxeo entre Muhammad Ali e George Foreman.
- 1993: accidente ferroviario preto dos Peares. Tres adolescentes mortos ao seren atropelados no interior dun túnel[1].
Nacementos
- 39 AdC - Xulia a Maior, filla de Augusto (f. 14)
- 1218 - Chukyo, 85º emperador do Xapón.
- 1735 - John Adams, primeiro vicepresidente e segundo presidente dos Estados Unidos (m. 1826).
- 1821 - Fiódor Dostoievski, escritor ruso (m. 1881)
- 1839 - Alfred Sisley, pintor francés (m.1899)
- 1871 - Paul Valéry, filósofo, escritor e poeta simbolista francés (m. 1945).
- 1882 - Günther von Kluge, xeneral alemán, teórico e incentivador da Guerra Lóstrego (m. 1944).
- 1885 - Ezra Pound, poeta estadounidense (m. 1972).
- 1885 - Amparo López Jeán, activista galeguista, presidenta da Agrupación Republicana Femenina da Coruña (m. 1942).
- 1894 - Jean Rostand, biólogo, filósofo e historiador francés (m. 1977).
- 1895 - Gerhard Johannes Paul Domagk, microbiólogo alemán (m. 1964).
- 1895 - Dickinson W. Richards, médico e fisioloxista estadounidense, Premio Nobel (m.1973)
- 1900 - Ragnar Granit, neurocientista finlandés, Premio Nobel (m. 1991).
- 1910 - Ricardo Carballo Calero, filólogo e escritor galego (m. 1990).
- 1928 - Daniel Nathans, microbioloxista estadounidense, Premio Nobel (m.1999).
- 1937 - Claude Lelouch, guionista, produtor e realizador de cine francés.
- 1939 - Leland Harrison Hartwell, científico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina
- 1960 - Diego Armando Maradona, exfutbolista arxentino (m. 2020).
Mortes
- 1809 - William Cavendish-Bentinck, primeiro ministro do Reino Unido (n. 1738)
- 1910 - Henri Dunant, fundador da Cruz Vermella e premio Nobel da Paz en 1901.
- 1918 - Xosé Pérez Ballesteros, folclorista e escritor en galego (n. 1833).
- 1936 - Darío Álvarez Limeses, médico e político galego (n. 1877).
- 1936 - Alejo Diz Jurado, médico e político galego (n. 1886).
- 1956 - Pío Baroja, novelista español (n. 1872).
- 1975 - Gustav Ludwig Hertz, físico alemán, Premio Nobel (n.1887).
- 1975 - Roberto Ouro Vázquez, avogado e político galego (n. 1900).
- 1997 - Samuel Fuller, director de cine estadounidense.
- 1999 - Uxío Novoneyra, poeta e escritor galego.
- 2002 - Juan Antonio Bardem, cineasta español.
- 2004 - Fernando Chueca Goitia, arquitecto e historiador da arte español.
- 2009 - Claude Lévi-Strauss, antropólogo francés (n. 1908).
Festas e celebracións
Outros
- Mitoloxía celta: Día de Morrigan, patroa das sacerdotisas e das bruxas.
- Santoral: San Marciano.
Notas
- ↑ "Tres niños excursionistas muertos al arrollarles un tren en el interior de un túnel lucense", ABC, 31 de outubro de 1993, p. 79 (en castelán).