Xoán Cuveiro Piñol
Xoán Cuveiro Piñol, nado na Coruña o 28 de maio de 1821 e finado en Valladolid o 13 de maio de 1906[1], foi un militar, funcionario, libreiro e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1821 A Coruña, España |
Morte | 13 de maio de 1906 (84 anos) Valladolid, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, funcionario, militar, libreiro |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Cuveiro (Juan), p.98) |
Traxectoria
editarMilitou no Partido Progresista e participou na revolución de 1846, polo que recibiu a cruz de Valor e Constancia. Foi funcionario de Facenda en Valladolid e Pontevedra, onde traballou de libreiro, especialmente cando o cesaron os gobernos moderados (1848 e 1867). Integrouse dentro da ideoloxía rexionalista. Emigrou para Cuba, onde estreou a súa obra Pedro Madruga: drama hestóreco nun auto e tres coadros en verso (1897). Aínda que polo título semella que a obra xira en torno á figura de Pedro Álvarez Soutomaior (Pedro Madruga), este drama está baseado sobre todo nunha historia de amor, de maneira que a figura de Pedro Madruga perde protagonismo.
Tamén é autor de poemas, do estudo sobre a lingua galega El Habla Gallega. Observaciones y Datos sobre su Origen y Vicisitudes (1868), dun Diccionario gallego (1876), a versión galega dunha biografía de Calderón de la Barca editada en Granada en 1881 (en colaboración con Vicente Gutiérrez Piñeiro) e Iberia: protohistoria y rectificaciones de algunos hechos históricos (1891).
Promoveu e dirixiu as publicacións pontevedresas Las Musas del Lérez, El Libre Pontevedrés e El Progreso, colaborou en A Monteira e Revista Gallega e nas pontevedresas El Circulador, La Distracción, El Vociclero, La Opinión e La Revista.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Norte de Galicia, 26-7-1906, p. 1.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán Cuveiro Piñol |
Bibliografía
editar- "Cuveiro Piñol, Xoán". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 314.
- Agrelo, Eulalia (2005). "Cuveiro Piñol, Juan". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 330.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 106. ISBN 84-7492-465-0.
- Hermida, Modesto (dir); et al. (2003). Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). CIRP. pp. 65–74. ISBN 84-453-3736-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.