Vinhais
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Vinhais é un concello portugués pertencente ao distrito de Braganza, Rexión Norte, subrexión de Alto Trás-os-Montes e da antiga provincia de Trás os Montes e Alto Douro. Ten 694,68 km² e 10.646 habitantes (2001).
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Braganza | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 9.066 (2011) (13,04 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 695 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 5320 | |||
Fuso horario | ||||
Páxina web | cm-vinhais.pt |
O concello está subdividido en 26 freguesías[1]; limita ao norte e ao oeste con Galicia, ao leste co municipio de Braganza, ao sur con Macedo de Cavaleiros e Mirandela e ao oeste con Valpaços e Chaves.
Demografía
editarEvolución da poboación de Vinhais (1801 – 2011) | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
6.084 | 10.697 | 19.842 | 19.525 | 26.577 | 16.142 | 12.727 | 10.646 | 9.066 |
Freguesías
editarDesde a reorganización administrativa de 2012/2013,[1] o concello de Vinhais está dividido en 26 freguesías:
- Agrochão
- Candedo
- Celas
- Curopos e Vale de Janeiro
- Edral
- Edrosa
- Ervedosa
- Moimenta e Montouto
- Nunes e Ousilhão
- Paçó
- Penhas Juntas
- Quirás e Pinheiro Novo
- Rebordelo
- Santalha
- Sobreiro de Baixo e Alvaredos
- Soeira, Fresulfe e Mofreita
- Travanca e Santa Cruz
- Tuizelo
- Vale das Fontes
- Vila Boa de Ousilhão
- Vila Verde
- Vilar de Lomba e São Jomil
- Vilar de Ossos
- Vilar de Peregrinos
- Vilar Seco de Lomba
- Vinhais
Historia
editarA ocupación humana deste territorio data de tempos ancestrais, tal como se pode verificar polos numerosos vestixios arqueolóxicos que se poden encontrar nesta rexión: inscricións rupestres, edificacións de tipo dolménico e fortificacións castrexas. Esta antigüidade é reiterada polo Abade de Miragaia:
"O chão desta vila e desta paróquia foi ocupado desde tempos remotíssimos, como se infere da lenda ou história da igreja de S. Facundo, que a tradição diz ter sido fundada no tempo dos Godos. (...) Também por aqui se demoraram os Romanos, pois ao norte da vila, no monte da Vidueira, se encontraram em 1872 muitas moedas romanas bem conservadas (...)".
Preto de Vinhais foi encontrada unha lápida coa seguinte inscrición: JOVI / O.M. / LOVIIS / IAIIX / VOTO / LAP (Lovesia dedicou por voto e con xeneroso ánimo ao grande Xúpiter).
A primeira referencia a Vinhais data de mediados do século XIII, nun documento de doazón ao mosteiro leonés de San Martiño da Castañeira: in villa que vocitant Villar de Ossus in territorio Vinales. Nesta época, Vinhais non era un topónimo, senón un coronómio, xa que designaba unha rexión, un territorio, e non un lugar determinado.
Crese que a primeira poboación de Vinhais foi construída nun outeiro, próximo á marxe dereita do río Tuela, pero ao norte do sitio actual, ou no monte da Vidueira, ou, aínda, no monte Ciradela ou Ciradelha, na Serra da Coroa. Estas suposicións xustifícanse polo achado de moedas romanas, vestixios de edificacións da antiga cidade romana de Veniatia e da calzada romana que unía Braga a Astorga (Asturica Augusti).
Vinhais foi nos seus comezos un castro de poboamento galaico, transformado polos romanos en castro galaico-romano, coa súa fortaleza (ópido). Certamente, os suevos ou os visigodos cercaron a localidade de murallas e, coa expulsión dos musulmáns, Vinhais quedou arrasada, tendo sido repoboada na época da dominación dos reis Sancho II e D. Afonso VI. Este repoboamento foi continuado polos primeiros reis portugueses, especialmente con Afonso Henriques, Sancho I (O Povoador), Afonso II e Sancho II.
Vinhais recibiu foro de Afonso III, o 20 de maio de 1253, o cal foi outorgado polo monarca Manuel I, o 4 de maio de 1512.
No contexto da Crise de 1383-1385 en Portugal, cando Xoán I de Castela invadiu Portugal en 1384, o castelo de Vinhais foi un dos moitos que izaron a bandeira castellana, recusando, así, obediencia ao Mestre de Avis, futuro João I de Portugal.
No século XVII, Vinhais sufriu bastante coa Guerra da Restauración, debido á súa localización xeográfica, tal e como conta Pinho Leal, en Portugal Antigo e Moderno:
Em 1666, achando-se em Lisboa o III conde de S. João da Pesqueira (futuro 1º Marquês de Távora, criado por D. Pedro II Regente, de 7 de Janeiro de 1670), governador de Entre Douro e Távora (...). entretanto, o general galego D. BALTAZAR PANTOJA, pôs a ferro e fogo a província de Trás-os-Montes. Em 1 de Julho 1666 entrou por Montalegre, no dia 13 de Julho caíu sobre Chaves, no dia 14 de Julho os lugares de Faiões e Santo Estêvão, defendidos pelo sargento-mór ANTÓNIO DE AZEVEDO DA ROCHA, cometendo barbaridades. Recolhendo-se D. BALTAZAR PANTOJA a Monterey, praça galega ao Norte de Verim, e passados poucos dias volveu sobre Portugal, entrando por Monforte, veio pôr cerco a Vinhais, cercando com o seu exército o castelo, que era defendido pelo governador ESTÊVÃO DE MARIS, com os habitantes da vila e mais 50 auxiliares.
Este acontecemento ficou gravado nunha inscrición que, aínda hoxe, se pode ver na parede dunha casa que o defensor de Vinhais (Estêvão de Maris) fixo:
ESTÊVÃO DE MARIS, GOVERNADOR DES / TA VILA DE VINHAIS, Fº DE Rº DE MORAIS DE TIO / ZELO, MANDOV FAZER ESTAS CASAS / NA E. DE MDCCVI (?) QUANDO PANTOXA / G L DO EXÉRCITO DE GALIZA COM O / MAIOR Q. SE VIO NESTA PROVÍNCIA / E LHE DEFENDEO A MURALHA CÕ / A GENTE NOBRE DA VILA E POV / QVA MAIS DE GRÃ E CÕ PERDER MVTÃ / LEVANTOU O SITIO E QUEIMOU AS / CASAS QUE FICAVÃO FORA DA MVRALHA
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Diário da República, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vinhais |