Villa Florentina
Vila Florentina[1] é unha casa situada na parroquia de Cecebre do concello de Cambre, onde viviu o escritor Wenceslao Fernández Flórez, e que hoxe é a sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
Villa Florentina | |
---|---|
Coordenadas | 43°17′14″N 8°18′12″O / 43.287124644815, -8.3034095307912 |
País | España |
Cidade | Cecebre |
Tipo | Casa museo |
Administrador | Fundación Wenceslao Fernández Flórez |
Na rede | |
https://www.fundacionwenceslaoff.com/casamuseowenceslao | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Características
editarTrátase dunha edificación deseñada polo arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez que responde ao racionalismo propio de finais da década de 1940. Actualmente, mantendo a estrutura da vivenda e o mobiliario orixinal, é unha casa museo que alberga unha ampla colección de pinturas, fotografías, fondos bibliográficos e obxectos persoais do escritor. Ademais do seu uso museístico, Vila Florentina ofrece diversas actividades culturais organizadas pola Fundación Wenceslao Fernández Flórez, así como rutas literarias que dan a oportunidade de visitar distintas contornas da fraga de Cecebre.[2]
Notas
editar- ↑ "Casa museo". Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
- ↑ Casa Wenceslao Fernández Flórez. Deputación da Coruña.