Vilela, Punxín
parroquia civil do concello de Punxín
Santa María de Vilela é unha parroquia do concello de Punxín na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 61 habitantes (28 homes e 33 mulleres).
Vilela | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Vilela. | |
Concello | Punxín[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°22′52″N 8°01′28″O / 42.38114106, -8.024491971 |
Poboación | 61 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilela.
Patrimonio
editarIgrexa de Santa María de Vilela. De orixe románica, reformada no século XVIII, cunha soa nave e ábsida rectangular. Ten esculturas barrocas de San Pedro e dúas imaxes da Virxe das Dores e do Rosario, e un cáliz e un incensario de prata do século XVIII, deseñados por Piedra e Rañoi.
Detrás do templo hai un cruceiro cun peto de ánimas no pé que conserva un capitel xónico.
Lugares e parroquias
editarLugares de Vilela
editarLugares da parroquia de Vilela no concello ourensán de Punxín | |
---|---|
Barxelas | O Chao | Figueiroa | A Nogueira | A Vila |
Parroquias de Punxín
editarGalicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Punxín | |
---|---|
Barbantes (Santiago) | Freás (Santa María) | Ourantes (San Xoán) | Punxín (Santa María) | Vilamoure (Santo Estevo) | Vilela (Santa María) |