Abázcaro
especie de insecto
(Redirección desde «Vespa crabro»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Abellón.
Abázcaro Vespa crabro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Femia de abázcaro | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Vespa crabro Linnaeus, 1758 |
O abázcaro, abáboro, abellón ou tártago (Vespa crabro)[1] é un insecto himenóptero. A raíña mide entre 25 e 35 mm, mentres que os machos e as obreiras son máis pequenas. Ten o corpo peludo, e o abdome mestura as cores amarela e negra. A trompa mide tamén entre 20 e 30 mm e as antenas están divididas en segmentos (13 no caso dos machos, 12 no das femias), como tamén está o abdome: sete segmentos os machos, seis as femias.
Vive en enxames pouco numerosos, con niños construídos por baixo de vexetación ou de pedras. Non son particularmente agresivos, pero poden atacar para defender o niño, e o seu ferrete é moi doloroso.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abázcaro. Tamén se lle chama abellón ao macho da abella e ao abesouro (Bombus).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "abáboro". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |