Víctor Corral
Víctor Corral Castro, nado en Baamonde (Begonte) o 14 de setembro de 1937 e finado o 15 de decembro de 2021, foi un escultor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de setembro de 1937 Baamonde, España |
Morte | 15 de decembro de 2021 (84 anos) |
Educación | Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) Escola de Belas Artes de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Traxectoria
editarEmpezou a facer esculturas no monte, coas rochas, cando era neno e coidaba as vacas. Realizou estudos primarios e traballou no campo. Tras dous anos de estudos na Escola de Artes na Coruña e outros dous na Escola da Lonxa de Barcelona, montou o seu primeiro obradoiro en 1963. Tres anos máis tarde facía a súa primeira exposición na Cidade Condal. Despois dalgunhas exposicións en España e no estranxeiro, comezou a construír a súa Casa museo na súa parroquia natal de Baamonde, onde ten esculturas de pedra e bronce no xardín, e de madeira, marfil, bronce e miniaturas de luxo no interior. Na igrexa parroquial de Baamonde hai un castiñeiro centenario coa Virxe do Rosario tallada no interior (caben 4 persoas).
En 2015 foi nomeado fillo predilecto do concello de Begonte. No 2021 foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés.
Obra
editarAdemais dunha gran colección de esculturas que se atopan por todo o mundo e en man de particulares, realizou máis de 20 monumentos en granito e bronce que se encontran en espazos naturais en Galicia e Zamora.
Casa-Museo de Víctor Corral en Baamonde
editarDentro da casa do artista, a exposición ocupa dous ambientes diferenciados: o xardín con obras en materiais non perecedoiros (granito e bronce) e o interior con esculturas, de arte abstracta e relixiosa, en madeira, bronce e marfil. O escultor tamén experimenta con outros tipos de material soporte: acuarela e óleo. O universo temático das súas composicións está marcado polo amor a Galicia e as súas profundas crenzas relixiosas. Símbolo desta conxunción é a capela anexa á casa, a virxe realizada no interior dun castiñeiro e un pombal con pedras e minerais de case todo o mundo, no xardín.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Víctor Corral |
Bibliografía
editar- NOVO CAZÓN, J. L. (2001): Obra escultórica de Víctor Corral Castro. OPHIUSA.
- BADINO BAAMONDE, J. (2010): "Víctor Corral o el chairego que hablaba con las manos", en Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.
Ligazóns externas
editar- Casa museo de Víctor Corral
- «Agora colgan un iogur dun cordón e din que é arte, pero é un cachondeo», entrevista de Jorge Casanova en La Voz de Galicia, 19 de decembro de 2014.
- Victor Corral, el castaño de Baamonde en YouTube.