Tupolev Tu-114
O Tupolev Tu-114 Rossiya (ruso: Tyполев Тy-114 Poccия; designación OTAN Cleat) é un gran avión turbohélice de pasaxeiros de longo alcance deseñado por Tupolev e construído na Unión Soviética a partir de maio de 1955.[1] O aparello foi o avión de pasaxeiros máis grande e rápido da época, e tamén tiña o maior alcance, con 10 900 km. Ostenta o título oficial de avión de hélice máis rápido dende 1960.[2][3]
Tupolev Tu-114 | |
---|---|
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Tupolev |
Primeiro voo | 15 de novembro de 1957 |
Introducido | 24 de abril de 1961 |
Retirado | 1991 |
Produción | 1958-1963 |
Unidades construídas | 32 |
Variantes | Tupolev Tu-126 |
Grazas á súa á en frecha e ao deseño dos seus motores, o Tu-114 era capaz de voar a velocidades típicas de reactores modernos, acadando unha velocidade máxima duns 880 km/h. Aínda que era capaz de acomodar a 224 pasaxeiros, a configuración máis común con Aeroflot era a de 170 pasaxeiros con camas e un comedor.
O Tu-114 trannsportou a máis de 6 millóns de pasaxeiros antes de ser substituído polo reactor Ilyushin Il-62. Fabricáronse un total de 32 unidades na factoría de Kuibyshev (Nº 18).
Notas
editar- ↑ Gordon, Yefim & Rigmant, Vladimir. Tupolev Tu-114. Midland. Hinkley. 2007. ISBN 978-1-85780-246-7
- ↑ "Fédération Aéronautique Internationale (FAI) - General Aviation World Records". web.archive.org. 2007-10-07. Archived from the original on 07 de outubro de 2007. Consultado o 2023-06-30.
- ↑ "Aircraft Speed Records". aerospaceweb.org. Consultado o 2023-06-30.