Terry Pratchett
Terry Pratchett, nado en Buckinghamshire o 28 de abril de 1948 e finado o 12 de marzo de 2015[1], foi un escritor inglés de orixe irlandesa[2] coñecido sobre todo pola súa saga sobre o Mundodisco (Discworld), novelas de peripecias surrealistas e cómicas que se desenvolven nun mundo onde existe a maxia.
Traxectoria
editarTerry Pratchett publicou a súa primeira novela con 13 anos; porén, foi alternando durante boa parte da súa vida a súa faceta de escritor con outros traballos, como crítico editorial ou encargado de prensa para un grupo de centrais nucleares. A primeira novela de Pratchett, The Carpet People, publicouse en 1971. A primeira novela de Discworld, The Color of Magic (A cor da maxia), publicouse en 1983, na altura en que Pratchett escribía unha media de dous libros ao ano, e continuou escribindo máis entregas da saga do Mundodisco. A derradeira novela Discworld, The Shepherd's Crown, publicouse en agosto de 2015, cinco meses despois da súa morte.
Con máis de 85 millóns de libros vendidos en todo o mundo en 37 idiomas,[3][4] Pratchett foi o autor máis vendido do Reino Unido da década de 1990.[5][6] Foi nomeado Oficial of the Order of the British Empire (OBE) en 1998 e foi nomeado Knight Bachelor polos servizos á literatura nos 2009 New Year Honours.[7] En 2001 gañou a Medalla Carnegie por The Amazing Maurice and his Educated Rodents, o primeiro Discworld comercializado para nenos. Recibiu o World Fantasy Award for Life Achievement en 2010.[8]
En decembro de 2007, Pratchett anunciou que lle diagnosticaron enfermidade de Alzheimer de inicio precoz.[9] Máis tarde fixo unha importante doazón pública ao Alzheimer's Research Trust,[10] filmou un programa de televisión que narraba as súas experiencias coa enfermidade da BBC, e converteuse en mecenas de Alzheimer's Research UK.[11]
Terry Pratchett viviu nos seus últimos anos en Wiltshire (Inglaterra) coa súa muller Lyn e a súa filla Rhianna, onde adicaba boa parte do seu lecer ó cultivo de plantas carnívoras.[Cómpre referencia]
Escribiu novelas como The Good Omens en colaboración con Neil Gaiman. Segundo este, o derradeiro desexo de Pratchett foi que se adaptase a novela a serie de televisión.[12]
Notas
editar- ↑ BBC News, ed. (12 de marzo de 2015). "Sir Terry Pratchett, renowned fantasy author, dies aged 66" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2015.
- ↑ "'Only in Ireland would somebody make me a Professor.' - The Irish World". web.archive.org. 2019-12-30. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 2022-11-09.
- ↑ Amazon (ed.). "Sir Terry Pratchett". Consultado o 20 de maio de 2012.
- ↑ "Terry Pratchett (biografía)". Colinsmythe.co.uk. Consultado o 11 de agosto de 2010.
- ↑ "Life on planet Pratchett". Guardian Unlimited (Londres. Sally Weale). 8 de novembro de 2002. Consultado o 6 de xuño de 2007.
- ↑ "Terry Pratchett na conversa". BBC Wiltshire. n.d. Consultado o 6 de xuño de 2007.
- ↑ "No. 58929". The London Gazette (Supplement): 1. 31 de decembro de 2008.
- ↑ Locus Science Fiction Foundation (ed.). "World Fantasy Awards 2010". Sfadb.com; World_Fantasy_Awards_2010. Archived from the original on 26 de xuño de 2015. Consultado o 8 de agosto de 2016.
- ↑ "Entrevista. Terry Pratchett: Vivir con Alzheimer". BBC. 4 de febreiro de 2009. Consultado o 27 de outubro de 2009.
- ↑ "Pratchett financia o estudo do Alzheimer". BBC News. 13 de marzo de 2008. Consultado o 13 de marzo de 2008.
- ↑ Alzheimer's Research UK (ed.). "Terry Pratchett: 'Son a única persoa que padece atrofia cortical posterior de Pratchett'". Alzheimer's Research UK. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2015. Consultado o 1 de xuño de 2015.
- ↑ Mullor, Por Mireia (2019-06-05). "Neil Gaiman: "Adaptar 'Good Omens' fue el último deseo de Terry Pratchett"". Fotogramas (en castelán). Consultado o 2022-11-10.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |