A Teogonía (do grego Θεογονία : Theogonía, literalmente Nacemento dos deuses) é unha obra poética escrita por Hesíodo, que vén sendo como a Xénese da mitoloxía grega. Discútese se debe datarse no século -VII ou no -VIII.

A castración de Urano (fresco de Giorgio Vasari e Cristofano Gherardi, c. 1560, Palazzo Vecchio, Florencia

Contido

editar

Nela nárrase a orixe do cosmos e a liñaxe dos deuses da mitoloxía grega, ata entón propagada por medios orais. Escrita en primeira persoa, reflicte o afán de Hesíodo por «pensar» no mundo segundo categorías esenciais. É unha das obras claves da épica grecolatina.

A Teogonía serviu para fundamentar o posterior traballo de Hesíodo, Traballos e días, máis moralista e deseñado como unha guía práctica para a vida diaria, no cal explica a xustificación divina do traballo, dentro dun marco conceptual no cal o divino é entendido como o fundador da realidade, pero só na medida que a súa presenza e realidade se verifican cada día no acaecer do mundo.

Os relatos da Teogonía parecen escritos en resposta á excesiva humanización dos deuses da tradición homérica. A diferenza dos textos homéricos, a Teogonía está escrita para ser lida como Verdade, como unha revelación feita ao autor polas Musas do Monte Helicón; historia que forma a primeira parte do texto.

"Comecemos o noso canto polas Musas Heliconíadas, que habitan a montaña grande e divina do Helicón, onde en torno á sombría fonte e ó altar do moi poderoso Cronión[1], cos seus delicados pés danzan"
Teogonía 2-5

En 2020 María Teresa Amado Rodríguez traduciu a obra por primeira volta ao galego para Rinoceronte Editora.

  1. Refírese a Cronos, o titán que derrocou a Urano para pasar a ser el o deus supremo. Posteriormente sería á súa vez derrocado por Zeus.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Hesíodo (2020). Teogonía. Traballos e días. Escudo. Cangas do Morrazo : Rinoceronte Editora. ISBN 978-84-17388-36-2. 
  • Hesíodo (2007). Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen. Buenos Aires: Editorial Losada. ISBN 978-950-03-9420-8. 
  • Hesíodo (1997). Obras y fragmentos: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Fragmentos. Certamen. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-3517-7. 

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar