Teón de Esmirna
Teón de Esmirna (en latín Theon, en grego antigo Θέων) foi un matemático grego nativo de Esmirna que viviu na época do emperador Hadriano, segundo Claudio Ptolomeo, quen o cita moitas veces e conservou as súas observacións sobre Mercurio e Venus. A enciclopedia Suídas di que tamén era filósofo.
Nome orixinal | (grc) Θέων ὁ Σμυρναῖος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (grc) Θέων c. 70 Esmirna, Turquía |
Morte | c. 135 (64/65 anos) |
Actividade | |
Ocupación | matemático, teórico da música, musicólogo, astrónomo, filósofo |
Período de tempo | Imperio Romano |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarProcles alude a este personaxe dicindo que escribiu as xenealoxías de Platón e Solón, e Plutarco di que escribiu sobre a Lúa.
Consérvase unha parte da súa obra sobre aritmética titulado Τῶν κατὰ μαθαμητὴν χρησίμων εἰς τὴν τοῦ Πλάτωνος ἀνάγνωσιν (As regras matemáticas básicas para entender a Platón). Desta obra consérvanse dous libros, un de aritmética e outro de música. Sábese que un terceiro libro trataba da astronomía e un cuarto περὶ τῆς ἐν κόσμῳ ἁρμονίας (Sobre a harmonía no cosmos). O libro sobre aritmética segue o mesmo esquema que o traballo de Nicómaco de Xerasa e trata sobre a Teoría dos números. O libro sobre música expón a aplicación da aritmética á teoría musical e fai referencia á Harmonía das esferas.
Algunhas noticias suxiren que escribiu outras obras e tratados astronómicos, e atribúeselle unha obra conservada nun manuscrito chamada θεολογούμενα (Sobre as cousas divinas). Fabricio inclúeo na Bibliotheca Graeca[1].
Notas
editar- ↑ Theon a: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1079