Supermarine Spiteful

O Supermarine Spiteful foi un caza británico equipado cun motor Rolls-Royce Griffon deseñado por Supermarine para a especificación F.1/43 do Ministerior do Aire durante a segunda guerra mundial como un sucesor do Spitfire. Tiña un novo deseño de á para mellorar o seu número de Mach crítico, e permitir operacións seguras a altas velocidades. O novo deseño tiña tamén un moderno tren de aterraxe que se retraía cara a dentro. Outros cambios incluían unha deriva máis grande para mellorar a estabilidade marxinal dos Spitfire con motores Griffon e cambios na montaxe do motor para inclinalo lixeiramente cara a abaixo e ter así unha mellor visibilidade sobre o morro.

Supermarine Spiteful
Tipocaza
FabricanteSupermarine
Primeiro voo30 de xuño de 1944
Estadoretirado
Principais usuariosRoyal Air Force
Unidades construídas19
VariantesSupermarine Seafang

O Spiteful estivo listo para ser producido cando a guerra estaba rematando e foi abandonado en favor dos deseños a reacción. A Royal Navy continuou desenvolvéndoo como Supermarine Seafang xa que non estaba claro que os reactores puidesen operar de xeito seguro dende os portaavións, aínda que o éxito do de Havilland Sea Vampire fixo que o proxecto fose cancelado en 1945. Negociacións coa firma francesa SNCAC para producir o Spiteful baixo licenza abandonáronse cando Francia comezou a fabricar motores a reacción. Do pedido orixinal por 150 Spitefuls, só chegou a completarse un pequeno número.

Historial operacional

editar

O Spiteful foi ordenado en produción como Spiteful XIV (sen marcas anteriores de seu, os números transladáronse da conversión orixinal do Spitfire XIV), e pedíronse 150 avións. Porén, coa chegada dos reactores, o futuro dos cazas de alto rendemento estaba claramente do lado deses novos avións, polo que o pedido foi cancelado e só un feixe de Spitefuls chegaron a ser construídos. Aínda así había un certo grao de incerteza sobre se un reactor podería operar a bordo dun portaavións da Royal Navy, polo que se decidiu desenvolver unha versión embarcada do Spiteful segundo a especificación N.5/45,[1] e que posteriormente sería bautizado como Seafang.

O Seafang tiña as puntas das á pregables, un gancho de detención tipo "sting" e un motor Griffon 89 ou 90, alimentado dende unha entrada de aire de carburador estendida impulsando dúas novas hélices contrarrotantes de tres pás Rotol. O primeiro en ser fabricado foi un Spiteful XV convertido (RB520) pero coa exitosa operación do de Havilland Sea Vampire no portaavións HMS Ocean en 1945, a necesidade do Seafang desapareceu.

Co final da segunda guerra mundial, Supermarine iniciou negociacións con Société Nationale de Constructions Aéronautiques du Nord (SNCAN) para fabricar baixo licenza o Spiteful en Francia, pero novamente a introdución dos reactores eclipsou aos cazas con motores de pistóns e as conversas quedaron en nada.

Variantes

editar
  • Spiteful F Mk 14 - 19 fabricados (2 prototipos e 17 de produción)
Motor: Griffon 69 de 2 375 cabalos
Peso: 4 513 kg
Velocidade máxima: 777 km/h
  • Spiteful F Mk 15 - un fabricado - convertido no prototipo do Seafang
Motor: Griffon 89 de 2 350 cabalos
Peso: 4 627 kg
Velocidade máxima: 766 km/h
  • Spiteful F Mk 16 - dous fabricados - convertidos a partir de F Mk 14
Motor: Griffon 101 de 2 420 cabalos
Weight: 4,513 kg
Velocidade máxima: 795 km/h a 28 500 pés, 656 km/ha nivel do mar[2]
  • Seafang F.Mk 31 - oito fabricados
Motor: Griffon 61
  • Seafang F.Mk 32 - dez fabricados
Motor: Griffon 89 de 2 350 cabalos
  1. Andrews e Morgan 1987, p. 266
  2. "Sires of the Swift". Flight. Archived from the original on 06 de marzo de 2016. Consultado o 24 de marzo de 2022. 

Bibliografía

editar
  • Andrews, C.F. and E.B. Morgan. Supermarine Aircraft since 1914. London: Putnam, Second edition, 1987. ISBN 0-85177-800-3.