Supermarine Sea Eagle
O Supermarine Sea Eagle foi un hidroavión británico de pasaxeiros. Foi deseñado e construído por Supermarine Aviation Works para a súa filial, a aeroliña British Marine Air Navigation Co Ltd, para ser usados na súa ruta a través do canal da Mancha entre Southampton, as Illas do Canal e Francia.
Supermarine Sea Eagle | |
---|---|
Sea Eagle G-EBFK | |
Tipo | hidroavión de pasaxeiros |
Fabricante | Supermarine |
Deseñado por | R. J. Mitchell |
Primeiro voo | xuño de 1923 |
Introducido | setembro de 1923 |
Principais usuarios | British Marine Air Navigation Co Ltd |
Produción | 1923 |
Unidades construídas | 3 |
Servizo
editarFabricáronse tres aparellos civís, G-EBFK, G-EBGR e G-EBGS, e o servizo regular entre Southampton e Guernsey comezou o 25 de setembro de 1923 (o planeado servizo a Francia nunca chegou a implementarse). Este foi o primeiro servizo británico regular de pasaxeiros con hidroavións. Porén, o G-EBFK esnafrouse o 21 de maio de 1924 e en xaneiro de 1927 o G-EBGS perdeuse cando foi acometido por un barco no porto de Saint Peter Port, Guernsey.[1] O terceiro avión continuou a ruta ata 1928, cando foi substituído por un Short S.8 Calcutta.[2]
O casco de madeira do Sea Eagle supervivente, o G-EBGR, foi conservado por Vickers ata 1949, cando llo presentaron á British Overseas Airways Corporation. BOAC queimouno en 1954 pola falta de espazo de almacenamento.[3]
Variantes
editarO Supermarine Sheldrake usaba o casco do Sea Eagle e as ás do Seagull cunha instalación de motor tractor. Só chegou a construírse un exemplar.
O Supermarine Scarab foi un hidroavión militar baseado nos Sea Eagle e Sheldrake pero cun motor en configuración de impulso, deseñado especialmente para a Armada Española. Fabricáronse e entregáronse 12 exemplares para o servizo aéreo da Armada de España para ser usados no rol de bombardeiro/recoñecemento durante a guerra do Rif. Estaba equipado cunha metralladora Lewis de 7,7 mm e unha carga de bombas de 454 kg.[4]
Operadores
editarNotas
editar- ↑ London 2003, p. 72
- ↑ London 2003, p. 73
- ↑ London 2003, p. 257
- ↑ "Supermarine Scarab". www.historyofwar.org. Consultado o 2024-05-19.
Bibliografía
editar- London, Peter. British Flying Boats. Sutton Publishers Ltd. 2003. ISBN 0-7509-2695-3