Rula
Rula | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Streptopelia turtur' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Turtur communis[2] |
A rula[3] (Streptopelia turtur) ou rula común, para diferenciala de especies próximas como a rula turca (Streptopelia decaocto), é unha ave migratoria da familia Columbidae. Tamén é aceptada a variedade dialectal rola.[4]
Descrición
editarSon máis pequenas e delgadas que as pombas: miden entre 26 e 29 cm e pesan uns 300 gramos. Teñen un debuxo branco e negro nos lados do pescozo. A parte inferior do corpo é branca e o papo avermellado. A cola é escura cunha faixa terminal branca e as beiras tamén brancas. As aves adultas teñen a cabeza, o pescozo, os lados e o torso gris azulados e as ás de cor cinamomo manchadas de negro. O peito é de cor aviñado e o abdome e as plumas inferiores da cola son brancas. O bico é negro e as patas e os aneis oculares vermellos. As listas brancas e negras do pescozo non están presentes nas aves inmaturas, que son máis pardas e mates e teñen as patas castañas.
O seu berro, do que lle ven o nome vulgar, é unha sorte de rrur, rrur ou "turr turr".
Hábitat e distribución xeográfica
editarSon aves dos bosques abertos máis que de mestos, que ocasionalmente poden facer os seus niños tamén en grandes xardíns, pero son en xeral aves moi tímidas. Crían no Paleártico occidental, a onde chegan a finais de abril, permanecendo ata setembro. En Europa faltan completamente só en Islandia, Irlanda e Escandinavia. Pasan o inverno en África, ó sur do Sáhara.
A especie está a sufrir unha forte redución das súas poboacións en Europa, causada polos cambios nos métodos agrícolas que provocan a escaseza das sementes das que se alimenta, pola presión cinexética (sobre todo cando cruzan o Mediterráneo durante as migracións), a destrución das sebes e o emprego de pesticidas.
Alimentación
editarComen principalmente sementes, buscándoas a miúdo no chan, moitas veces en campos cultivados ou noutras superficies planas.
Reprodución
editarA súa época reprodutora vai de maio a agosto. En chegando ós territorios de cría déixase oír o seu rular profundo e vibrante. O voo nupcial, alto e en círculos é acompañado polo son das ás batendo. O niño, feito con coteliños e follas e máis axiña chafalleiro, constrúeno nas árbores ou en sebes mestas a non moita altura. Poñen dous ovos brancos a finais de maio ou primeiros de xuño e a miúdo fan unha segunda posta en xullo ou agosto. Chocan uns 17 ou 18 días.
Nomes vulgares noutras linguas
editarCanta rula na gaiola; —Popular[5]
|
- Alemán: Turteltaube
- Catalán: Tórtora
- Español: Tórtola común
- Euskara: Usapal
- Francés: Tourterelle des bois
- Inglés: Turtle dove
- Italiano: Tortora
- Polaco: Turkawka
- Portugues: Rola-brava
- Sueco: Turturduva
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ BirdLife International (2015). "Streptopelia turtur". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de xullo de 2016.
- ↑ Brehm (1891 [with modern update]). Turteltaube. Die Vögel (en alemán) 2. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 04 de decembro de 2014.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rula.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rola.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha da rula. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 125. ISBN 84-7154-379-6.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Rula |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rula |
- http://www.iucnredlist.org/search/details.php/48733/all Arquivado 12 de marzo de 2007 en Wayback Machine. Xustificación da clasificación da especie como non ameazada na lista da IUCN.
- https://web.archive.org/web/20051030134238/http://www.vogelwarte.ch/scripts/vogelwarte/detail_d.asp?WArtNummer=3000 - (Alemán)
- https://web.archive.org/web/20070928122301/http://www.vzi.de/p/z2/kleista.htm (Alemán)
- https://web.archive.org/web/20070806172154/http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/birds/1617_22.htm (Alemán)