O Stadio Flaminio é un centro deportivo situado na cidade de Roma. Sitúase na Vía Flaminia (calzada romana que levaba de Roma a Ariminium), a tres quilómetros do centro da cidade.

Stadio Flaminio
Stadio Flaminio
Datos
Coordenadas41°55′37″N 12°28′20″L / 41.926944, 12.472222
LocalizaciónRoma, Italia
Construción
Inauguración1959
ArquitectoPierluigi e Antonio Nervi
Custo900000000 Lira italianas
Estadio
SuperficieCéspede natural
Capacidade32.000
PropietarioComitato Olimpico Nazionale Italiano (CONI)
OperadoraComité Olímpico Nacional Italiano, Italian Rugby Federation e Federação Italiana de Futebol
LocalíaCapitolina
A.S. Cisco Calcio Roma
Lazio Marines
Webhttp://www.stadioflaminio.org
Eventos
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

O estadio actual data de xullo de 1957, ano de inicio da súa construción, aínda que xa anteriormente existía un primeiro estadio chamado tamén Stadio Flaminio, construído en 1927 en honra ao Partito Nazionale Fascista, edificado á súa vez no lugar onde había unha construción de 1911, o Stadio Nazionale, que conmemoraba o 50 aniversario do Risorgimento, que ademais fora construído sobre outro antigo estadio, o Stadio Torino, que se caracterizaba por un estilo arquitectónico clásico e moi sobrio.

O deseño do actual estadio débese aos arquitectos Pierluigi e Antonio Nervi, construído pola sociedade Nervi e Bartoli baixo a dirección do enxeñeiro Bruno Magrelli. A súa inauguración oficial se levou a cabo o 12 de marzo de 1959.

Práctica deportiva

editar

O estadio Fliminio foi o estadio principal da selección italiana de rugby até o ano 2011. Acotío o principal usuario do recinto é o fútbol, sendo o estadio onde xoga o A.S. Cisco Roma da Serie C2 da Lega Calcio (a Liga Italiana de fútbol). Tamén é a sede do equipo de fútbol americano Lazio Marines.

Cunha capacidade de 24.973 espectadores (8.000 cubertos), ata o 2011 foi o máis pequeno dos estadios do Torneo das Seis Nacións, debido a iso, en 2012 os azurri cambiáronse para o Stadio Olimpico[1].

Durante o campionato italiano de fútbol 1989/90 os equipos da Roma e o Lazio xogaron como locais neste campo debido aos traballos de remodelación do Stadio Olímpico con vistas ao Mundial de Fútbol de 1990, organizado por Italia.

Ademais alberga unha piscina cuberta (25 x 10 metros) e diferentes salas para práctica da esgrima, a loita, a halterofilia, o boxeo e a ximnasia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar