Skorpios
Skorpios (grego: Σκορπιός) é unha illa privada no mar Xónico, preto da costa occidental de Grecia, apenas ao leste da illa de Leucas. Segundo o censo de 2001 tiña unha poboación de dous habitantes. Administrativamente pertence á municipalidade de Meganisi na prefectura de Leucas.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Grecia | |||
División administrativa | administración descentralizada do Peloponeso, Grecia Occidental e as Illas Xónicas | |||
Periferias | rexión das Illas Xónicas | |||
Unidades periféricas | Lefkada Regional Unit (en) | |||
Concello | Meganisi Municipality (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1 (2011) (1,14 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 0,878 km² | |||
Medición | 1,24 () × 1,72 () km | |||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Altitude | 81 m-25 m | |||
Xeografía
editarA illa está cuberta de bosques de sur a norte e conta con máis de 200 variedades de árbores importadas á illa, unha vez case estéril, por Aristóteles Onassis. Hai algunhas praias areosas, especialmente East Beach, que foi creada por Onassis, que trouxo area da illa de Salamina para este fin. Tamén hai unha pequena praia de area onde está a casa de Myconos, anteriormente coñecida como a "Casa do porco". Alí era onde Jackie Onassis foi fotografado espida por un paparazzi grego.
Historia
editarÉ principalmente coñecida por ser a illa do último armador grego multimillonario, Aristóteles Onassis. Foi o lugar da súa voda coa exPrimeira Dama dos Estados Unidos Jacqueline Kennedy o 20 de outubro de 1968. Á súa morte pasou á súa filla Christina, e logo á súa vez á súa filla Athina Roussel. Onassis, o seu fillo Alexander, e a súa filla Christina están enterrados na illa.
Athina visitou a illa dúas veces despois da morte da súa nai, unha vez cando tiña oito anos e logo o 18 e 19 de novembro de 1998 co seu pai Thierry Roussel e o seu asesor de prensa e portavoz Alexis Mantheakis a fin de celebrar un servizo conmemorativo no décimo aniversario da morte da nai de Athina, Christina Onassis. Informes da televisión grega e publicados en todo o mundo din que a illa vendeuse a Giorgio Armani por 150 millóns de euros en setembro de 2010 foron denegados, segundo a axencia ANSAmed.[1]
Notas
editar- ↑ "GREECE: ARMANI DENIES BUYING SKORPIOS ISLAND". ANSAmed. 2009-09-07. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2011. Consultado o 2010-09-14.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Skorpios |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Skorpios on GTP Travel Pages (en varias linguas)
- Páxina oficial do concello de Meganisi (en grego)