Sistema
Un sistema é un conxunto de elementos interconectados harmonicamente, formando un todo organizado. É unha definición que se utiliza en diversas disciplinas, como bioloxía, medicina, informática, administración.
O termo procede do grego σύστημα, "sýstema", significando "combinar", "axustar", "formar un conxunto".
Un sistema consta de compoñentes, entidades, partes ou elementos (que tamén se poden ver como subsistemas), así como as relacións entre eles. A integración entre tales compoñentes pode ser un fluxo de informacións, materia, enerxía etc.
Certos sistemas posúen a propiedade da homeostase, de manter o medio interno estábel, mesmo diante de mudanzas no medio externo. As reaccións homeostáticas poden ser boas ou malas, dependendo de se a mudanza era inesperada ou planificada, respectivamente.
Tamén se poden construír modelos para abstraer aspectos de sistemas, como por exemplo un modelo matemático, modelos de enxeñaría de software, gráficos.
Comprensión dos sistemas
editarEn termos xerais, sistemas poden ser vistos de dúas maneiras:
- a través da análise, en que se estuda cada parte dun sistema separadamente afín de recompolo posteriormente.
- a través dunha visión holista, en que se entende que o funcionamento do sistema como un todo, constitúe un fenómeno único, i.e., irredutíbel nas súas partes.
Tipos de sistemas
editarUn sistema pode interactuar co seu medio, por medio de entradas e saídas. Neses casos, chámase sistema aberto - exemplos como un ser humano, unha árbore, un programa de computador padrón. Por contra, un sistema pechado é auto-contido.
Os Sistemas dinámicos teñen compoñentes ou fluxos, ou ambos, que mudan ao longo do tempo, o que non acontece con sistemas estáticos.
Outra distinción é a relación de sistemas físicos fronte a sistemas conceptuais. Os sistemas físicos son sistemas compostos de materia e enerxía. Os sistemas conceptuais son compostos de ideas. Os sistemas conceptuais xeralmente existen para axudar a busca de obxectivos específicos ou poden usarse para modelar sistemas físicos.
Un conxunto de compoñentes interrelacionados pode entenderse como un sistema, ou aínda ser abstraído para ser visto como un compoñente dun sistema maior.
Existen os sistemas físicos, como por exemplo, o sistema solar cos seus planetas orbitando ao redor do sol. Nas ciencias sociais, hai o sistema xurídico. En bioloxía podemos definir sistemas biolóxicos e subsistemas (sistemas orgánicos) como o sistema nervioso, o sistema circulatorio, o sistema dixestivo, o sistema reprodutor, o sistema respiratorio etc.
Sistemas de Información e Ciencia da Computación
editarEn Ciencia da Computación e Ciencia da Información, un sistema pode ser tamén unha función ou un algoritmo. Para o primeiro caso existen os sistemas de cálculo, como os numerais romanos, e varios sistemas para preenchemento de formularios, e no segundo caso hai os sistemas de catalogación, como varios sistemas de biblioteca e de librarías que usan a Clasificación facetada de Dewey, por exemplo.
Sistemas en investigación operacional e ciencia da xestión
editarEn investigación operacional e desenvolvemento organizativo, as organizacións son vistas como sistemas humanos (sistemas conceptuais) comprendidos de compoñentes interactivos como subsistemas, procesos e estruturas organizativas.