Singapore Airlines
Singapore Airlines (SIA) é a aeroliña nacional de Singapur co seu centro de conexións no aeroporto de Singapur Changi. A compañía destaca polo uso da Singapore Girl como a figura central do branding corporativo.[1] Foi elixida mellor aeroliña do mundo por Skytrax catro veces e foi número 1 nas clasificacións de mellores aeroliñas de Travel & Leisure durante máis de 20 anos.[2]
Singapore Airlines | ||
---|---|---|
IATA SQ | OACI SIA | Indicativo SINGAPORE |
Fundación | 1 de maio de 1947 (como Malayan Airways) | |
Inicio das operacións | 1 de outubro de 1972 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Singapur | |
Plan de voo frecuente | KrisFlyer | |
Alianza | Star Alliance | |
Frota | 142 | |
Destinos | 137 | |
Holding | Temasek Holdings (56%) | |
Páxina web: singaporeair.com |
Singapore Airlines ten varias empresas filiais relacionadas coas aeroliñas. SIA Engineering Company encárgase do mantemento, reparación e revisión e traballa en nove países, cun portfolio de 27 proxectos conxuntos, incluídos traballos con Boeing e Rolls-Royce. Singapore Airlines Cargo opera a frota de carga de SIA e encárgase da xestión das bodegas de carga nos avións de pasaxeiros.[3] A compañía ten tamén dúas subsidiarias: SilkAir opera voos rexionais a cidades secundarias, mentres que Scoot opera como unha aeroliña de baixo custo.
Singapore Airlines foi o cliente de lanzamento do Airbus A380, o avión de pasaxeiros mía grande do mundo, ademais do Boeing 787-10 e da versión de ultra-longo alcance do Airbus A350-900. Atópase entre as 15 primeiras aeroliñas do mundo en termos de ingresos por pasaxeiro e quilómetro,[4] e é a décima en pasaxeiros internacionais transportados.[5] Singapore Airlines foi votada como a aeroliña coas mellores tripulacións de cabina por Skytrax en 2021.[6] A aeroliña tamén gañou os postos segundo e cuarto entre as mellores aeroliñas do mundo[7] e as máis limpas respectivamente.[8]
Notas
editar- ↑ "The Singapore Girl". Singapore Airlines. Consultado o 22 de maio de 2022.
- ↑ Hermes (2018-07-18). "SIA bags world's best airline title". The Straits Times (en inglés). Consultado o 2022-05-20.
- ↑ Auto, Hermes (2015-10-07). "SIA Engineering Company incorporates joint venture with Boeing". The Straits Times (en inglés). Consultado o 2022-05-20.
- ↑ "Data/Airline Economics". web.archive.org. 2010-04-04. Archived from the original on 04 de abril de 2010. Consultado o 2022-05-20.
- ↑ "Airline Spotlight: Singapore Airlines - Let's Roll, a travel blog by FlightNetwork.com". web.archive.org. 2015-02-10. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2015. Consultado o 2022-05-20.
- ↑ "World's Best Airline Cabin Crew in 2021". SKYTRAX (en inglés). Consultado o 2022-05-20.
- ↑ "World Airline Awards". SKYTRAX (en inglés). Consultado o 2022-05-20.
- ↑ Street, Francesca. "World's best airlines for 2019 revealed by Skytrax". CNN (en inglés). Consultado o 2022-05-20.