Santabárbara
A santabárbara[1] é o pañol ou a paraxe destinada nos buques para custodiar a pólvora e o armamento, así como a cámara por onde se comunica ou se baixa a este pañol.
Recibe este nome pola imaxe de Santa Bárbara, patroa dos artilleiros, que xeralmente está colocada neste lugar.
Tamén se lle daba tal nome a unha rexión do extremo de popa da primeira cuberta do navío que se destinaba a gardar os equipamentos do condestable e que en moitos casos contiña os aloxamentos dalgún persoal ou era camareta dos gardamariñas.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para santabárbara.