Santa Fe, Arxentina
Santa Fe de la Vera Cruz é a capital da Provincia de Santa Fe e a novena cidade máis poboada da Arxentina. Está situada na rexión centro-leste do país, a beiras da lagoa Setúbal, do río Santa Fe e do río Salado.
Santa Fe de la Vera Cruz (es) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Arxentina | ||||
Provincia da Arxentina | Provincia de Santa Fe | ||||
Departamento da Arxentina | La Capital (departamento de Santa Fé) (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 405.683 (2016) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 268 km² ![]() | ||||
Altitude | 25 m-21 m ![]() | ||||
Creación | 15 de novembro de 1573 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Cabinet of Santa Fe (en) ![]() ![]() | ||||
• Mayor of Santa Fe (en) ![]() ![]() | José Manuel Corral (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Deliberative Council of Santa Fe (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | S3000 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0342 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Mondragón Rosolini (pt) ![]() Santa Fe Springs (pt) ![]() Ypacaraí (pt) ![]() Santa Fe (1981–) Tetuán (1987–) Afula (pt) ![]() Montevideo (1996–) Encantado (pt) ![]() Callao (1997–) Cuneo (pt) ![]() Cuba (1999–) Canelones (2003–) Junta de Villalba de Losa (2008–) Distrito de Haidian (pt) ![]() Alegrete (2011–) Medellín (2011–) Beibei District (en) ![]() Braga (2017–) ![]() | ||||
Sitio web | santafeciudad.gov.ar ![]() | ||||
![]() |
Esta rexión recibe unha marcada influencia climática do río Paraná. No verán predomina unha masa de aire tropical cálida e húmida con ventos persistentes desde o norte con altas temperaturas, mentres que no inverno unha masa de aire polar que produce arrefriamento e xeadas afecta a rexión. A temperatura media anual oscila entre os 17 °C e os 21 °C.[1]
Administrativamente está organizada en 8 distritos que a descentralizan en 100 barrios.[2] Segundo o censo de 2010 Santa Fe ten unha poboación de 415.345 habitantes, e a súa área metropolitana ascende a 526.073 habitantes.[3] Xunto ao Gran Paraná conforma unha área urbana de máis de 850.000 habitantes, unidas por un túnel que atravesa o río Paraná.
Por parte da educación, Santa Fe é un polo educativo na Arxentina. Unha das súas universidades máis recoñecidas é a Universidade Nacional do Litoral.
Santa Fe foi fundada por Juan de Garay o 15 de novembro de 1573 na área da actual Cayastá, mais ao non encontrarse nun bo lugar polos constantes ataques dos indíxenas, as pragas de lagostas e as inundacións, foi trasladada á súa localización actual o 21 de abril de 1649.[4]
En Santa Fe ocorreron feitos de relevancia histórica, como a sinatura da Constitución Arxentina e todas as súas reformas.
A Ponte colgante de Santa Fe é un importante símbolo da cidade.
Notas
editar- ↑ Welcome Argentina (ed.). "Santa Fe" (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2013.
- ↑ Municipalidade de Santa Fe (ed.). "Distritos" (en español). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 24 de outubro de 2013.
- ↑ INDEC (2010). "Provincia de Santa Fe por departamento. Total de población. Año 2010" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2012. Consultado o 24 de outubro de 2013.
- ↑ Muncipalidade de Santa Fe (ed.). "Historia" (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2013.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santa Fe, Arxentina |