Rub al-Khalí
Rub al-Khalí é unha parte do deserto arábigo de 580.000 quilómetros cadrados nos estados do Iemen, Omán, Emiratos Árabes Unidos e Arabia Saudita, tamén chamado "a media lúa baleira". Polo tanto, é un dos maiores desertos de area do mundo.
(ar) الربع الخالي | ||||
Tipo | deserto | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Oriente Medio | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 1.000 () km | |||
Atravesa | Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Iemen e Omán | |||
Superficie | 680.000 km² | |||
Historia
editarO significado orixinal de Rub al-Khalí en árabe é "cuarto desertico" e polas súas estremas transitan beduínos comerciantes (alí chamados bedus) das tribos de Saar, Raxid, Manahil, Mahrah, Auamir, Baniiás e Dauasir. Rara vez é cruzado directamente (agás por aventureiros na época colonial: Charles Doughty, Anne Blunt, sir Richard Burton, Gertrude Bell, T. E. Lawrence, Bertram Thomas etc.)
Inda que ten unha boa parte de afloramentos rochosos e chairas de xabre, coñécese tamén por "as areas" pola súa extensión de area, que o converte no mar de area máis extenso do mundo, con dunas de ata 250 metros de alto. Mais o seu subsolo agocha outra riqueza: nos anos 1930 descubríronse uns xacementos de petróleo debaixo do deserto e creouse a Arabian-American Oil Company (Aramco) para a súa comercialización. Agora esta empresa xa non ten capital norteamericano e isto fornece enormes beneficios ó estado saudita, que conta cunha das maiores rendas per cápita do mundo grazas a isto (o cal lle permite, por exemplo, construír markhases). As exploracións ulteriores aínda amosaron máis xacementos (Xaiba en 1990, de 775 quilómetros cadrados e con catorce mil millóns de barrís de cru Arab, un dos mellores do mundo) e polo deserto trazáronse oleodutos de ata 635 quilómetros (construídos por 14.000 operarios) ata a refinaría de Abqaiq.
Neste deserto poden atoparse fenómenos xeográficos coma uadi, uruquín (o de al-Mutaridah, "a vea continua"), sabhas (a de Umm as-Sammim, "Nai dos velenos") ou barhanas, e é onde se cultiva o qat.
Costumes
editarO costume do saúdo beduíno ós viaxeiros neste deserto tén tres pasos:
- antes de achegarse de todo a un campamento, debe enviarse un emisario que informará das intencións dos visitantes;
- gritar "salamu galaikum" (a paz sexa contigo) varias veces axitanto a man dereita para amosar que se vai desarmado;
- coller area e lanzala polo aire coa man dereita, xesto de paz en Arabia Saudita;
Esta tradición espállase tamén á compaña dos membros das tribos coas que haxa conflito, obrigando a unha lei da hopitalidade que tamén se estende ó deserto do Sáhara.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rub al-Khalí |