Rotíferos
Rotiferos | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Philodina alimentándose | ||||||||
Clasificación científica | ||||||||
| ||||||||
Clases | ||||||||
Os Rotíferos ou Rotifera constitúen un filo de animais pseudocelomados microscópicos (entre 0,1 e 0,5 mm) acuáticos. O nome de rotífero provén do latín rota (roda) e ferre (levar), é dicir, “portadores de rodas”, en referencia ao seu aparato succionador, a coroa, que lembra unha coroa real ou unha serra dentada circular.
Foron descubertos por John Harris en 1696 (Hudson e Gosse, 1886), de quen se conservan debuxos datados en 1703, a pesar de que o achado adoita atribuírse de xeito equivocado a Leeuwenhoek.
Características
editarMorfoloxía
editarOs rotíferos presentan simetría bilateral e corpo posúe unha cabeza, un tronco e unha cola ou pé. Os machos son raros e nalgunhas especies non se coñecen. Pódense diferenciar unhas especies doutras polo tipo de coroa que aparece na cabeza, pola forma do corpo e pola cuberta cuticular externa.
Cabeza
editarO centro da cabeza non posúe cilios e leva o nome de rexión apical e está rodeada pola coroa de cilios. Na cabeza tamén ten unhas prolongacións dos órganos retrocerebrais.
Tronco
editarO tronco é cilíndrico ou aplanado é presenta unha cuberta ou cutícula que varía dunhas especies a outras. Nalgúns casos é como unha caixa e noutros aparece segmentada en aneis o que lle permite cambiar a forma e lonxitude do corpo. No tronco poden aparecer unha ou dúas antenas dorsais e outras antenas laterais.
O pé ou cola
editarO pé está cuberto de aneis cuticulares que remata ou nuns dedos que se moven nas especies nadadoras ou nun disco adhesivo nas especies fixas ou sésiles.
Aparato dixestivo
editarAdoitan ter un tubo dixestivo moi completo, con boca, farinxe moi diferenciada con moitas pezas móbiles que fan o papel de mandíbulas. A coroa está composta de cilios que, ao moverse, crean pequenas correntes que atraen as partículas do contorno cara a ela. Da coroa pasan a unha farinxe e desta ao aparato mastigador denominado mástax, onde se trituran as partículas succionadas, para despois ser dixeridas no estómago e finalmente excretados os residuos pola cloaca. A coroa tamén a utilizan para desprazarse pola auga, a modo de turbohélice. No extremo oposto á coroa se distingue un pé (xeralmente un par de pés) co cal poden aferrarse ao substrato.
Cutícula
editarExisten rotíferos cunha cutícula relativamente grosa e ríxida que dan ao animal un aspecto capsular; outros son flexibles e de aspecto e movemento vermiforme. Aínda que a gran maioría de rotíferos son nadadores, algúns son sésiles e viven no interior de tubos ou cápsulas xelatinosas. Arredor de 25 especies son coloniais (como Sinantherina semibullata).
Reprodución
editarNa maioría de especies os machos son escasos, de forma que a reprodución por partenoxénese é bastante común. Ademais existe un marcado dimorfismo sexual xa que os machos existentes acostuman ter o aparato dixestivo atrofiado, e a súa existencia limítase á produción de esperma. A vida dunha femia oscila entre as 1-2 semanas. Algunhas especies son xerobiontes, é dicir, os seus ovos fertilizados se enquistan e crean formas de resistencia capaces de sobrevivir aos períodos de seca nos que o hábitat acuático desaparece por motivos estacionais. Ó ser rehidratados emerxen rapidamente (en menos de dúas horas) como organismos con capacidade natatoria. Algunhas especies producen un derivado do azucre trehalosa co que crean unha substancia xelatinosa que axuda a resistir á falta de auga ambiental.
Órganos sensoriais
editarEn toda a superficie do corpo hai moitas terminacións nerviosas. As cerdas teñen células sensoriais no seu pé. Na rexión apical teñen fosetas ciliadas con función quimiorreceptora, e tamén aparecen pelos sensoriais nalgúns casos. Os ollos poden aparecer en varios lugares como no cerebro, na coroa ou laterais. Moitos rotíferos presentan fototactismo positivo, é dicir nadan cara a luz.
Distribución
editarActualmente coñécense unhas 1.500-2.000 especies de rotíferos repartidos polas augas doces de todo o mundo, e incluso hai rotíferos de auga salgada ou de hábitats semiterrestres, entre os musgos e liques.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Rotíferos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rotíferos |
Bibliografía
editar- Meglitsch P.A.: Zoología de invertebrados. Ed. Pirámide.