Roberto Mera

avogado e político galego

Roberto Mera Covas, nado en Ponteareas en setembro de 1971, é un avogado, político e escritor galego.

Modelo:BiografíaRoberto Mera

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementosetembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Ponteareas, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata
Premios

Dialnet: 4148386

Traxectoria

editar

Licenciado en Dereito e en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como avogado e politicólogo en Ponteareas e foi tenente alcalde (BNG) do goberno municipal desta localidade [1].

En 1990 iniciou a súa traxectoria social e política como cofundador do Grupo Ecoloxista Adenco (Asociación para a Defensa da Natureza do Condado) do que foi máximo responsábel até 1995. Nas eleccións municipais de 1991 formou parte da candidatura do BNG e encabezouna nas eleccións de 1995, e foi portavoz dos tres concelleiros na corporación. Nese mesmo ano querelouse contra o alcalde José Castro Álvarez (PP) e sete membros do seu goberno, que resultaron inhabilitados en 2001.[2] Nas eleccións municipais de 1999 e 2003 repetiu como cabeza de lista do BNG. No 2003, após obter o BNG cinco concelleiros, asumiu a responsabilidade de primeiro tenente de alcalde, logo de apoiar para a alcaldía a Francisco de Asís Candeira Mosquera, o candidato do PSOE e forza menos votada (dous concelleiros), quen acadou tamén o apoio do PP, pero foi desbancado cunha moción de censura en 2004. Nas eleccións municipais de 2007 foi o candidato á alcaldía máis votado, obtendo seis edís, pero un pacto in extremis entre o PP de Salvador González Solla e a UCPA de Nava Castro impediulle ser o alcalde de Ponteareas.[3]

En paralelo coa política local, entre 1995 e 2009 ocupou diversas responsabilidades no BNG: responsábel comarcal no Condado, membro do Consello Nacional e da Executiva Nacional como Secretario de Política Municipal.

En 2009 abandonou a política activa[4] aínda que continuou figurando nas candidaturas do BNG nas eleccións municipais de 2011 e 2015, neste ano como independente. O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas (BNG), incorporouno ao terceiro posto da candidatura das eleccións municipais de 2019.[5] Tras eses comicios, nos que o BNG revalidou a alcaldía con nove concelleiros,[6] asumiu a terceira tenencia de alcaldía e as concellarías de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá; Tráfico e Mobilidade; e Medio Rural.[7] En maio de 2021, tras o falecemento do alcalde Xosé Represas e a toma de posesión da alcaldesa Cristina Fernández Davila, asumiu a primeira tenencia de alcaldía.

Realizou a investigación biográfica do seu tío-bisavó, o político e industrial Alejandro Viana Esperón, de quen publicou varios traballos [8] e o libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos[9] polo que recibiu o Premio de Investigación e Ensaio Antón Losada Diéguez (2022) e a súa versión en español Alejandro Viana. La proeza del rescate de los refugiados republicanos (Belagua Ediciones, 2022). En 2023 acadouu o IX Premio de Investigación Fermín Bouza-Brey, pola biografía do agrarista, político republicano e xornalista Amado Garra Castellanzuelo.[10] Coautor do estudo Os nomes de Arcos. Inventario e estudo da toponimia e microtoponimia de San Breixo de Arcos (Ponteareas)[11] (2019) e do Estudo sociolingüístico sobre a situación da lingua galega na parroquia de Arcos (Ponteareas)[12] (2020).

Dende hai décadas participa no movemento social da parroquia de Arcos (Ponteareas) con responsabilidades directivas na súa comunidade de montes veciñal en man común e na casa cultural. É directivo da asociación cultural ponteareán Ronco&Fol formando parte do seu grupo de música tradicional.[13]

  • "Alejandro Viana Esperón, un achegamento á súa biografía", Pregón, 12, 2002.
  • "Alejandro Viana Esperón, un galego á fronte da evacuación dos republicanos en Francia (1939-1941)", Grial, Extra 212, 2016. ISSN 0017-4181
  • Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos (2021). Vigo: Edicións Belagua. ISBN 9788412143386
  • Alejandro Viana. La proeza del rescate de los refugiados republicanos (2022). Vigo. Belagua Edicions. ISBN 978-8412443417

Premios

editar
  • IX Premio de Investigación Fermín Bouza Brey, 2023, cun traballo inédito sobre o dirixente agrarista Amado Garra.[15]
  1. Ponteareas, B. N. G. (2022-01-02). "Roberto Mera Covas". BNG Ponteareas. Consultado o 2024-12-12. 
  2. "José Castro, condenado a diez años de inhabilitación". Consultado o 2001. 
  3. "Los populares y los independientes de Nava Castro pactan alternarse en la alcaldía de Ponteareas". Consultado o 2019. 
  4. "El nacionalista Roberto Mera abandona la política activa". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 06 de abril de 2014. 
  5. "Represas recupera a Roberto Mera para un puesto "de salida" en la lista del BNG de Ponteareas". Consultado o 7 abril 2019. 
  6. Palleiro, Veronica. "Xosé Represas repetirá en el gobierno si renueva su pacto con los socialistas". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-10-11. 
  7. Palleiro, Verónica. "Represas asumirá Facenda, Seguridade, Medio Urbán y compartirá Urbanismo". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-10-11. 
  8. Mera Covas, Roberto (2016). "Alejandro Viana Esperón, un galego á fronte da evacuación dos republicanos en Francia (1939-1941)". Grial: revista galega de cultura (Vol. 54, Nº. Extra 212). 
  9. "ALEJANDRO VIANA ESPERÓN". 
  10. Ateneo Amado Garra (2024-05-22). "Presentación do traballo de investigación IX premio Fermín Bouza Brey, Roberto Mera". Consultado o 2024-12-12. 
  11. "La parroquia de Arcos recupera 180 microtopónimos". 
  12. "A parroquia de Arcos autodefínese galegofalante". 
  13. Ronco & Fol. Festa do Tinto Rías Baixas. As Neves. 
  14. Nicolás, Ramón (2022-04-23). "37º edición dos Premios Antón Losada Diéguez". Caderno da crítica. Consultado o 2022-04-24. 
  15. redacción (2023-03-31). "Roberto Mera gaña o IX Premio Fermín Bouza Brey cun traballo sobre o dirixente agrarista Amado Garra". Xornal de Vigo. Consultado o 2023-04-01. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar