Rexións e Pobos Solidarios
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Rexión e Pobos Solidarios (R&PS) é unha federación de partidos políticos autonomistas, nacionalistas ou independentistas do estado francés.
Rexións e Pobos Solidarios | |
---|---|
Acrónimo | RPS e R&PS |
Tipo | partido político e asociación |
Ideoloxía | rexionalismo |
Data de fundación | 1995 |
Presidente/a | |
Sede | Béziers |
País | Francia |
Na rede | |
https://www.federation-rps.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Reivindicacións
editarNo seu congreso celebrado en Brinhogan (Bretaña) o 25 de agosto de 2005 adoptaron as seguintes proposicións:
- Ratificación por parte do estado francés da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, modificación do artigo segundo da constitución francesa e oficialización de tódalas linguas faladas en Francia.
- Creación de rexións cun estatuto específico en Savoia, Iparralde e Cataluña Norte, creación dun ámbito administrativo na Bretaña incluíndo o departamento do Loira Atlántico e a creación dunha inter-rexión occitana.
- Estabelecemento dunha república federal en Francia.
- Regulamento político e mesa para tratar as reivindicacións autonomistas.
- Agrupamento dos presos corsos, vascos, bretóns e occitanos.
Membros
editar- Occitania: Partit Occitan.
- Iparralde: Partido Nacionalista Vasco, Eusko Alkartasuna e Abertzaleen Batasuna (como observador).
- Cataluña Norte: Convergència Democràtica de Catalunya e Esquerra Republicana de Catalunya.
- Bretaña: Unión Democrática Bretoa e Frankiz Breizh.
- Departamento de Savoia: Movemento Rexión de Savoia.
- Córsega: Partido da Nación Corsa.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en francés)