Río Vilaine
O Vilaine (Gwilun ou Gwilen en bretón) é un río da Bretaña. Nace no departamento de Mayenne e desemboca no océano Atlántico no departamento de Morbihan.
Río Vilaine | |
---|---|
O río Vilaine en Rennes | |
País | Francia |
Nacemento | Outeiro de Juvigné |
Altitude | 150 m |
Lonxitude | 230 km |
Desembocadura | Océano Atlántico |
Localización do río Vilaine | |
Topografía
editarO río nace no outeiro de Juvigné, a 150 m de altitude e desemboca no océano Atlántico. No seu percorrido de 230 km atravesa catro departamentos: Mayenne na rexión do País do Loira e os tres departamentos bretóns Ille e Vilaine (ao que dá o seu nome), Loira Atlántico e Morbihan. Próximo á súa desembocadura alcanza os 500 m de largo.
Afluentes
editarRibeira dereita
editar- Veuvre
- Ille (en Rennes)
- Flume
- Meu
- Canut[1]
- Oust, principal afluente do Vilaine co que se xunta en Redon
Ribeira esquerda
editar- Seiche
- Semnon
- Chère
- Don
- Isac
Principais cidades atravesadas
editarNotas
editar- ↑ Dous afluentes, ámbolos dous na ribeira dereita, levan ese nome