Río Saa
río galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Saa.
O Río Saa (tamén chamado río Cereixa e río Forgas nunha parte do seu percorrido) é un río galego que discorre pola provincia de Lugo e é afluente do río Cabe.
Saa | |
---|---|
Ponte sobre o río Saa ao seu paso pola Pobra do Brollón | |
País | Galicia |
Nacemento | Trascastro (O Incio) |
Conca | Miño-Sil |
Desembocadura | Río Cabe |
Curso
editarNace na parroquia de Trascastro (O Incio), a carón do concello da Pobra do Brollón. Dende que nace ata que recibe as augas do río Lebrón chámase tamén río de Forgas. Pasa polas aldeas de Forgas de Arriba, Forgas, A Pousa onde recibe o río Lebrón, Fondorallo, Santo Adrián, A Pobra do Brollón onde recibe as augas do río Rubín, Nogueiras, Cereixa, Rairos e As Areas. Finalmente desemboca no río Cabe, na parroquia de Fornelas.