Río Ave
O Ave é un río en Portugal, que nace na Serra da Cabreira, municipio de Vieira do Minho, a uns 1200 m de altitude. Percorre uns 91 km e desemboca no Océano Atlántico, ao sur de Vila do Conde. A súa conca hidrográfica ten unha superficie aproximada de 1390 km², abranguendo 15 concellos. O río baña sucesivamente os municipios de Vieira do Minho, Póvoa de Lanhoso, Guimarães, Vila Nova de Famalicão, Santo Tirso, Trofa e Vila do Conde.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Portugal | |||
Final | ||||
División administrativa | mar a fóra | |||
Localización | Océano Atlántico | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Dimensións | 98 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.390 km² | |||
Os seus afluentes máis importantes son o río Este (marxe dereita) e o río Vizela (marxe esquerda), con especial incidencia nos ríos Pele e Pelhe.
Toponimia
editarAve - Río __ a tres leguas do Porto, métese no mar en Vila do Conde. Chamábase Avis, e Avon segundo Plinio.[1]
O hidrónimo Ave provén do celta antigo " Abonaou, Avona " co significado de "auga, río".[2]
Notas
editar- ↑ Barros, João de. "Libro das antiguidades e cousas notaueis de antre Douro e Minho, e de outras muitas de España e Portugal". purl.pt.
- ↑ Martins Esteves, Higino (2018). "As tribos calaicas" (PDF). Proto-história da Galiza á luz dados linguisticos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2024.