Polydor Records

selo discográfico

Polydor Records é un selo discográfico cuxa sede se atopa nestes momentos no Reino Unido, filial de Universal Music Group. O seu estilo é Pop, Rock e R&B no que se atopan os mellores artistas do panorama Pop Británico, como é o caso de Bryn Christopher, Duffy, Sophie Ellis-Bextor, Ronan Keating,Girls Aloud, Scissor Sisters, Björk, The Jam ou Take That, artistas de Estados Unidos, como Black Eyed Peas, Nelly Furtado ou Eminem. En Francia a Mylène Farmer quen logrou vender 30 millóns de discos.

Polydor Records
Logo
Tiposelo discográfico e negocio
Data de fundación1913
Organización matrizUniversal Music Group, Deutsche Grammophon e PolyGram
Organización subsidiariaFascination Records
SedeLondres e Estados Unidos de América
PaísReino Unido e Alemaña
Na rede
http://www.polydor.co.uk e http://polydor.co.uk
Twitter: polydorrecords Last fm: Polydor+Records Allmusic: mn0000251059 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Polydor foi orixinariamente unha filial do selo discográfico Deutsche Grammophon Gesellschaft. O seu nome foi primeiro utilizado como selo de exportación. En 1924, as filiais británica e alemá da compañía Gramophone romperan os seus vínculos durante a I Guerra Mundial. Deutsche Grammophon reclamou os dereitos da marca A Voz Do Seu Dono para Alemaña, onde as gravacións foran editadas baixo a marca Electrola. Polo tanto, os discos exportados por Deutsche Grammophon fóra de Alemaña fixérono baixo o selo de Polydor. Deutsche Grammophon perdeu os dereitos de A Voz Do Seu Dono fronte a EMI como parte das concesións alemás ao finalizar a segunda guerra mundial.

Polydor converteuse nun selo de música popular en 1946, mentres o famoso selo amarelo Deutsche Grammophon se especializaba na música clásica. Dificilmente un francés podería comprar un produto etiquetado como Deutsche Grammophon Gesellschaft, así que Polydor converteuse nun selo exportador da compañía, incluíndo a música clásica, para Francia e os países de fala española durante toda a época do vinilo. En 1954, Polydor Records introduciu a súa distintiva cor laranxa nas etiquetas dos discos.

En 1972, Polydor fusionouse co xigante Philips, propietario de Phonogram Records (Fonogram en España) para crear o selo PolyGram nos Estados Unidos. Polydor continuou como un selo subsidiario da nova compañía. Durante esta época, o seu artista máis famoso en España foi o cantante valenciano Nino Bravo.

Xa nos anos 80, Polydor continuou facendo negocios respectables, a pesar de que o seu selo irmán, Mercury, tamén propiedade de Polygram, comezou a facerlle sombra.

A comezos dos 90, Polydor comezou a baixar as súas vendas, obrigando a Polygram a reducir o seu persoal, movéndoo cara ao novo PolyGram Label Group, deseñado para guiar aos seus selos menores (como Island Records, London Records, Atlas Records ou Verve Records). En 1994, como Island Records recuperounos da súa crise de vendas, PolyGram disolveu moitos dos selos de PLG en Islandia. Mentres tanto, Polydor Records e Atlas Records fusionáronse nunha única compañía (Polydor/Atlas). En 1995, Polydor / Atlas converteuse simplemente en Polydor Records de novo.