Os gregos, tamén chamados helenos[15] (en grego: Έλληνες), son unha nación e un grupo étnico orixinario de Grecia, Chipre e algunhas outras rexións da contorna do mar Exeo. Tamén constitúen unha diáspora significativa, con comunidades gregas estabelecidas arredor do mundo.[16]

Pobo grego
Poboación
Poboación total:
aprox  14 - 17 millóns[1]
Rexións principais:
Grecia Grecia10 280 000 (2001)[2]
Estados Unidos de América Estados Unidos1 390 439[3] / 3 000 000 (estimación2009; incluídos os que teñen devanceiros gregos)[4]
Chipre Chipre792 604 (estimación 2008)[5]
Reino Unido Reino Unido400 000 (estimación)[6]
Australia Australia365 120[7] (censo 2006) / 700 000 (incluídos os que teñen devanceiros gregos)[8]
Alemaña Alemaña294 891 (estimación 2007)[9]
Canadá242 685 (censo 2006; con orixes exclusivamente gregas)[10]
Albaniaaprox  200 000[11]
Rusia Rusia100 000[12][13]
Ucraína Ucraína91 500 (censo 2001)[14]
Aspectos culturais
LinguaGrego
RelixiónIgrexa Ortodoxa
Grupos
relacionados
Gregos de Albania, pónticos
A dispersión dos gregos no século VI a.C.

Na antigüidade, os gregos organizábanse politicamente en cidades estado, e alí orixinouse o concepto de democracia. Estabelecéronse colonias e comunidades gregas ó longo da historia en moitos recunchos do Mediterráneo, malia que o groso da nación sempre se centrou arredor do mar Exeo, onde se fala a lingua grega dende a Grecia antiga.[17] No século IV a.C, a expansión territorial máis importante dos gregos levou ó helenismo até Asia Central e a India, e despois da caída do Imperio Romano, Bizancio mantivo a cultura grega no Mediterráneo oriental até 1453. Baixo o Imperio Otomán e até o comezo do século XX, os gregos estaban instalados uniformemente entre a actual Grecia, a costa occidental de Anatolia, o Mar Negro, Exipto, Chipre e Constantinopla; en xeral, estas rexións coinciden coas fronteiras do Imperio Bizantino a finais do século XI, e tamén coa zona de colonización grega na antigüidade do Mediterráneo oriental.[18]

Despois da Guerra Greco-Turca (1919-1922), un masivo intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía (1923) deixou case toda a poboación etnicamente grega confinada dentro das novas fronteiras de Grecia e Chipre (illa daquela integrada no Imperio británico). A nova Grecia constituíuse a partir do 1822 como un estado nación típico da época, liberado do Imperio Otomán. Outras poboacións menores de gregos étnicos pódense atopar actualmente dende o sur de Italia e o sur de Albania até no Cáucaso, e tamén nas comunidades da diáspora en moitos outros países. Actualmente, a maioría dos gregos pertencen formalmente á Igrexa Ortodoxa Grega.[19]

Pódenselles atribuír ós gregos contribucións moi notables en diversos eidos da cultura universal ó longo de toda a Historia (as artes, a literatura, a filosofía, a política, a música, as matemáticas, a ciencia, a arquitectura, a tecnoloxía, as exploracións, a cociña e o deporte).

  1. "Immigration and asylum: from 1900 to the present. Vol. 1" (en inglés). [Ligazón morta]
  2. Eurfedling.org Os principais grupos étnicos eran: gregos 93,76%, albaneses 4,32%, búlgaros 0,39%, romaneses 0,23%, ucraínos 0,18%, paquistaníes 0,14%, rusos 0,12%, xeorxianos 0,12%, indios 0,09% e outros 0,65%(en inglés)
  3. United States Census Bureau 2009 (ed.). "Total dels que declaren tenir ancestres grecs" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 12 de setembro de 2015. 
  4. United States Department of State, ed. (agosto de 2009). "Greece (08/09)" (en inglés). Consultado o 1/11/2009. 
  5. CIA.gov (ed.). "2008 estimate" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26/12/2018. Consultado o 7/1/2009. 
  6. Duff, Oliver (3 de abril 2008). "It's All Greek to Boris". The Independent (en inglés). Londres. Consultado o 1/10/2009. 
  7. Censusdata.abs.gov.au (ed.). "2006 Census Table: Australia" (en inglés). Consultado o 24/12/2008. [Ligazón morta]
  8. Hellenic Ministry of Foreign Affairs, General Secretary for Greeks Abroad (ed.). "General Diaspora Information" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2004. Consultado o 2004. 
  9. Federal Statistical Office of Germany (ed.). "Foreign Population" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 12/02/2012. Consultado o 18/1/2009. 
  10. "Ethnic origins, 2006 counts, for Canada, provinces and territories". Statistics Canada (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06/01/2019. Consultado o 13/4/2008. 
  11. Jeffries, Ian (25 de xuño 1993). Eastern Europe at the end of the 20th century (en inlgés). Books.google.com. p. pàx. 69. ISBN 9780415236713. Consultado o 27/8/2010. 
  12. Demoscope Weekly (ed.). "Ethnic groups in Russia, 2002 census," (en ruso). Consultado o 5/2/2009. 
  13. "Russia population census 2002, Vol. 4, Table 1." (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 05/08/2012. Consultado o 5/2/2009. 
  14. State Statistics Committee of Ukraine (ed.). "2001 census" (en ucraína). Arquivado dende o orixinal o 23/03/2008. Consultado o 13/4/2008. 
  15. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para heleno.
  16. Roberts, J.M. (2004). The New Penguin History of the World. Penguin. pp. 171–172, 222. ISBN 9780141030425. 
  17. The Greeks: Encyclopedia Britannica. USA: Encyclopedia Britannica Inc. 2008. Online Edition. 
  18. Beaton, R. (1996). The Medieval Greek Romance. Routledge. pp. 1–25. ISBN 0415120322. 
  19. CIA World Factbook sobre Grecia: gregos ortodoxos 98%, gregos musulmáns 1,3%, outros 0,7%.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Encyclopedia Britannica (en inglés). Estados Unidos: Encyclopedia Britannica Inc. 2008. Online Edition. 
  • The Columbia Encyclopedia (en inglés). Estados Unidos: Columbia University Press. 2008. Online Edition. 
  • Pocket World in Figures (Economist) (en inglés). Londres: Economist Books. 2006. ISBN 1-86197-825-1. 

Ligazóns externas

editar
Diáspora
Relixión
Comercio

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.