Piper
Pementeiras (xénero Piper) | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Piper nigrum, a pementeira, na revista botánica Curtis, vol.59, pl. 3139, Londres, 1832. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Véxase no texto. | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Anderssoniopiper Trel. |
Piper é un xénero económica e ecoloxicamente de grande importancia da familia Piperaceae, cunhas 1.000 especies aceptadas, das máis de 3.770 descritas[1] entre arbustos, herbas, e rubideiras, das cales hai especies sobreabundantes no seu hábitat nativo, mentres outras son graves invasoras en áreas introducidas. O xénero ten especies interesantes para estudar historia natural, química de produtos naturais, ecoloxía de comunidades, bioloxía evolucionaria. Coñécense vulgarmente coma pementeiras. Dalgunhas especies tírase a pementa, coñecido condimento.
Hábitat e distribución
editarAs especies de Piper teñen unha distribución pantropical, e son moi comúns de terras baixas de selvas tropicais, mais aparecen a maiores altitudes; unha especie (P. kadsura do sur do Xapón e sur de Corea) é subtropical e tolera invernos liviáns con xeadas.
Ecoloxía
editarAs especies do xénero Piper empréganse coma organismo modelo en estudos en ecoloxía e bioloxía evolucionaria. A importancia ecolóxica e a súa diversificación xenérica faina candidata para ditos análises, e tamén se ten focalizado en investigación económica con importantes especies como P. nigrum (pementeira negra), Piper methysticum, e Piper betle).
Acháronse formigas mutualistas nalgunhas especies de Piper con forte influencia na súa bioloxía, polo que son sistemas ideais para estudar a evolución da simbiose e o efecto do mutualismo en comunidades bióticas.
As pementeiras adoitan dominar a flora do ecosistema onde se achan.
Especies máis comúns
editar- Piper auritum e Piper sanctum - pementeira mexicana
- Piper betle - betel
- Piper cenocladum - (pementeira das formigas)
- Piper cubeba - Cubeb (tamén coñecida coma pementeira de Xava)
- Piper darienense - de Panamá
- Piper elongatum - matico
- Piper gaudichaudianum - (pariparoba, Arxentina)
- Piper guineense - pementeira de Benín
- Piper kadsura - "pementeira xaponesa" (Hūtōkazura)
- Piper imperiale - (pementeira de Malia)
- Piper longum - pementa longa
- Piper methysticum - Kava
- Piper nigrum - pementeira a máis común (da que se obtén a pementa negra, branca e verde)
- Piper ornatum -
- Piper retrofractum Vahl - Cabe jawa (Sueste asiático)
Tamén están aceptados uns 50 táxones infra-específicos dos case 400 descritos.[1]
Doenzas
editar- Artigo principal: w:en:List of pepper diseases.
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editar- Pementa (especie)
- Pementeira (planta)
- Pemento (planta)
- Pemento (condimento)
Bibliografía
editar- Dyer, L.A. and A.N. Palmer. 2004. Pimienta: un género modelo para estudios de evolución, ecología química, e interacciones tróficas'. Kluwer Academic Publishers, Boston. ISBN 0-306-48498-6
Ligazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Piper |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Piper |