Paul Berg
Paul Naim Berg, nado o 30 de xuño de 1926 en Brooklyn, Nova York (USA) e finado en Stanford, California, o 15 de febreiro de 2023, foi un bioquímico e profesor emérito da Universidade Stanford, galardoado co premio Nobel de Química de 1980.
Traxectoria
editarGraduouse no instituto Abraham Lincoln en 1943, licenciouse en bioquímica na Universidade Estatal de Pensilvania en 1948 e doutorouse na Cásea Western Reserve University de Cleveland en 1952.
Desde 1959 foi profesor de bioquímica na Universidade Stanford.
Investigacións científicas
editarOs seus estudos como posgraduado incluíron o uso de trazadores radioisotópicos no metabolismo intermedio. O resultado foi a comprensión sobre como os alimentos son convertidos en material celular, a través do uso de carbonos isotópicos ou átomos nitroxenados pesados. A súa tese doutoral é agora coñecida como a conversión de ácido fórmico, formaldehido e metanol para reducir completamente os grupos metilo a metionina. Foi tamén un dos primeiros en demostrar que os cofactores do ácido fólico e a vitamina B12 tiñan influencia nos procesos mencionados.
En 1980 recibiu o Premio Nobel de Química xunto a Walter Gilbert e Frederick Sanger polos seus traballos sobre a bioquímica dos ácidos nucleicos, e en especial polo estudo do ADN híbrido.
Os novos traballos do profesor Berg foron no campo da bioquímica metabólica, e como profesor na Universidade de Stanford estivo investigando nos campos de bioloxía molecular e a recombinación do ADN. El e o seu equipo estiveron investigando sobre o virus VIH. O virus VIH-1 induce unha inmunodeficiencia que infecta as células T4.
Berg recibiu a Medalla nacional de Ciencia en 1983, de mans do presidente Ronald Reagan.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1980 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1980 (en inglés)
- Paul Berg en Biografías y vidas(en castelán)
- Narración de Paul Berg "Protein Synthesis: An Epic on the Cellular Level".
- Artigo de 2001 sobre Paul Berg na páxina web da Universidade de Stanford Arquivado 10 de abril de 2010 en Wayback Machine.
- Entrevista na páxina web dos Premios Nobel
Predecesor: Herbert C. Brown e Georg Wittig |
Premio Nobel de Química 1980 con Walter Gilbert e Frederick Sanger |
Sucesor: Roald Hoffmann e Kenichi Fukui |