Paramos, Val do Dubra
parroquia civil do concello de Val do Dubra
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Paramos.
Santa María de Paramos é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2014 tiña 185 habitantes (96 mulleres e 89 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 239 habitantes.
Paramos | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Paramos. | |
Concello | Val do Dubra[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°59′29″N 8°41′30″O / 42.9913, -8.6918 |
Poboación | 166 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA construción da igrexa parroquial, sitúase no século XIII.[2] A comezos do século XIX contaba con tres altares (o maior e dous laterais, dedicados a San Pedro e a San Antonio). A edificación actual conserva o estilo románico, a nave e a ábsida rectangular, unha pequena xanela con columnas e unha arquivolta xedrezada, unha porta lateral e varias ménsulas antropomórficas, vexetais e animais.
Galería de imaxes
editar-
Fonte en Paramos.
-
Cruceiro de Paramos.
-
Cruceiro de Paramos.
-
Cruceiro de Paramos.
Lugares e parroquias
editarLugares de Paramos
editarLugares da parroquia de Paramos no concello de Val do Dubra (A Coruña) | |
---|---|
Carballosa | A Cavada | Paramos | O Pombal | Quintáns |
Parroquias de Val do Dubra
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Iglesia de Santa María de Páramos". Turismo de Santiago. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2021. Consultado o 08 de agosto de 2021.