Os tres Augustos e os cinco Emperadores


Historia da China
Os Tres Augustos e os Cinco Emperadores
2205 a.C. Dinastía Xia
-1570 Dinastía Shang
 -1046 Dinastía Zhou
 -722 Primaveras e Outonos
 -453 Reinos combatentes
 -221 Dinastía Qin
 -206 Dinastía Han occidentais
9 Dinastía Xin
  25 Dinastía Han orientais
 220 Tres Reinos
 265 Dinastía Jin e
 304 Dezaseis Reinos
 420 Dinastías do Norte
e do Sur
 581 Dinastía Sui
 618 Dinastía Tang
 690 Dinastía Zhou
 907 As Cinco Dinastías e os Dez Reinos
 960 Dinastía Song
 907 Dinastía Liao
1032 Dinastía Xixia
1115 Segunda dinastía Jin
1234 Dinastía Yuan
1368 Dinastía Ming
1644 Dinastía Qing
1912 República da China
1949 República popular
  Taiwan

Os tres augustos e os cinco emperadores (chinés: 三皇五帝, pinyin: sān huáng wǔ dì) son os gobernantes mitolóxicos da China anteriores á primeira dinastía Xia.

Historia e tradición

editar

A tradición chinesa atribúe a estes personaxes mitolóxicos a fundación da civilización chinesa e a invención das institucións sociais, culturais e económicas, como a familia, a agricultura, a escritura etc. A pesar do carácter lendario das historias que se contan sobre estes personaxes, que viviran centos de anos e foran responsábeis de feitos milagrosos, é posíbel que na orixe destas lendas se atopen personaxes reais, xefes tribais do III milenio a. C. que lograran vitorias militares previas á unificación da posibelmente lendaria dinastía Xia.

As fontes históricas chinesas coinciden no número de tres augustos e cinco emperadores, pero as identidades destes varían segundo as fontes, existindo versións diversas tanto para os augustos como para os emperadores.

Tres augustos

editar

Existen varias versións das identidades dos tres augustos (三皇 sān huáng):

  • Augusto Celestial (天皇 Tiānhuáng), Augusto Terrenal (地皇 Dìhuáng) e Augusto Qin (泰皇 Qínhuáng), segundo as Memorias históricas de Sima Qian.
  • Augusto Celestial, Augusto Terrenal, e Augusto Humano (人皇 Rénhuáng), segundo a obra da dinastía Song Tàipíng Yùlǎn (太平御覽), que cita unha obra da dinastía Han Occidental, o Chūnqiū Wěi (春秋緯). Esta lista diferénciase da anterior só no emprego dun nome lixeiramente diferente para o terceiro augusto.
  • Suiren, Fuxi e Shennong, segundo o Shàngshū dàzhuàn (尚書大傳) e o Báihǔ Tōngyì (白虎通義).
  • Fuxi, Nüwa e Shennong, segundo o Yùndòu Shū (運斗樞) e o Yuánmìng Bāo (元命苞).
  • Fuxi, Shennong e o Emperador Amarelo, segundo o Dìwáng Shìjì (帝王世紀).
  • Fuxi, Shennong e Gònggōng (共工), segundo o Tōngjiàn Wàijì (通鑒外紀).

Cinco emperadores

editar

As identidades máis habituais dos cinco emperadores (五帝 wǔ dì) son as que se mencionan en varios escritos da antigüidade, como as Memorias históricas, o Shìběn (世本) ou o Dàdàijì (大戴記). De acordo con estas obras, os cinco emperadores son os seguintes:

  • O Emperador Amarelo.
  • Zhuānxù (顓頊).
  • Dìkù (帝嚳), ou simplemente (嚳).
  • Tángyáo (唐堯), ou simplemente Yáo (堯).
  • Yúshùn (虞舜), ou simplemente Shùn (舜).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar