O espía inglés
O espía inglés[4] (en inglés: The Courier) é un filme británico-estadounidense de 2020 dirixido por Dominic Cooke. Está protagonizado por Benedict Cumberbatch no papel de Greville Wynne, un home de negocios británico que foi recrutado polos servizos de intelixencia para ser o contacto do espía soviético Oleg Penkovsky (interpretado por Merab Ninidze) na década de 1960. Rachel Brosnahan, Jessie Buckley e Angus Wright forman parte do elenco.
O espía inglés | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Courier |
Director | Dominic Cooke |
Produtor |
|
Guión | Tom O’Connor |
Intérpretes | |
Música | Abel Korzeniowski |
Fotografía | Sean Bobbitt |
Montaxe | Tariq Anwar Gareth C. Scales |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Sundance: 24 de xaneiro de 2020 |
Duración | 111 minutos[2] |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Espías |
Recadación | 26 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
https://www.thecouriermovie.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O espía inglés estreouse internacionalmente co título Ironbark no Festival de Cineam de Sundance o 24 de xaneiro de 2020, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 19 de marzo de 2021. Polo xeral, recibiu valoracións positivas por parte da crítica. Estreouse subtitulado en galego a través de Prime Video.[5]
Personaxes
editar- Benedict Cumberbatch como Greville Wynne
- Merab Ninidze como Oleg Penkovsky
- Rachel Brosnahan como Helen Talbot, oficial da CIA
- Jessie Buckley como Sheila, esposa de Greville
- Angus Wright como Dickie Franks, oficial do MI6
- Željko Ivanek como director da CIA John A. McCone
- Kirill Pirogov como Oleg Gribanov, oficial da KGB
- Anton Lesser como Bertrand
- Maria Mironova como Vera, esposa de Oleg
- Vladimir Chuprikov como Nikita Khrushchev
Notas
editar- ↑ "The Courier (2020)". BBFC. Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ "Ironbark". Festival de Cinema de Sundance. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2020. Consultado o 24 de xaneiro de 2020.
- ↑ "The Courier (2021)". Box Office Mojo. Consultado o 6 de decembro de 2021.
- ↑ pipocas.amesa.gal (ed.). "O espía inglés". Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ "The-Courier en Prime Video". primevideo.com. Consultado o 14 de setembro de 2022.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- O espía inglés na IMDb (en inglés).