OAR A Coruña
O OAR Ciudad, OAR A Coruña, ou sinxelamente OAR Coruña é un club de balonmán galego da cidade da Coruña fundado en 1952 que xoga na Primeira Nacional.
OAR A Coruña | |
---|---|
Na rede | |
http://www.oarcoruna.es/ |
Historia
editarFundado en 1952, na Coruña, concretamente na Cidade Vella, naceu no seo da Agrupación Acción Católica.
O domicilio e o local social atopábanse na rúa Amargura da Cidade Vella da capital herculina, local que máis tarde fpo ocupado pola parroquia. O club, co paso dos anos foi deixando de utilizalo, realizando só reunións esporádicas da directiva.
Durante os primeiros anos, o balonmán non era o único deporte que se practicaba na entidade, tamén tiñan cabida o fútbol e o baloncesto.
Respecto ao balonmán, era un deporte distinto ao actual, xogábase baixo o formato do chamado Balonmán 11. Os partidos celebrábanse no recheo da Mariña, zona onde se encontra situado hoxe en día o Hotel Atlántico.
Durante anos, o OAR participou nas competicións provinciais, acadando a 1ª División Nacional contra o ano 1976.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |