Norman Foster Ramsey
Norman Foster Ramsey, Jr., nado o 27 de agosto de 1915 en Washington, D.C. e finado o 4 de novembro de 2011, foi un físico e profesor estadounidense.
Traxectoria
editarProfesor de física na Universidade Harvard desde 1947, Ramsey tamén ocupou postos tanto no goberno como en axencias internacionais tales como a OTAN ou a United States Atomic Energy Commission. Recibiu en 1989 o Premio Nobel de Física pola invención do método dos campos oscilatorios separados, o cal ten importantes aplicacións na construción do reloxo atómico. Ramsey compartiu o premio con Hans G. Dehmelt e Wolfgang Paul.[1]
Ramsey obtivo o seu B.A. e Ph.D. en física pola Universidade de Columbia en 1935 e 1940, respectivamente. Alí quedou como membro da facultade de Columbia até 1947, cando foi enviado a Harvard.
Notas
editar- ↑ Autobiografía na web oficial da Fundación Nobel Consultado o 15 de decembro de 2011. (en inglés)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Norman Foster Ramsey |