Visón europeo
(Redirección desde «Mustela lutreola»)
O visón europeo (Mustela lutreola) é un mamífero pertencente á familia dos mustélidos.
Visón europeo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Mustela lutreola (Linnaeus, 1761) | |||||||||||||||
Distribución do visón europeo
(marrón – estable, vermello – introducido, laranxa – posiblemente extinto) |
Características
editarPosúe unhas orellas curtas e redondas. O pelame é pardo escuro cos beizos e queixo máis claros. Vive nas proximidades da auga e mergúllase con facilidade. A súa alimentación é completamente animal: roedores, ras, peixes, aves acuáticas ou ovos.
Distribución
editarA principios do século XX o visón estaba estendido por toda Europa. Dende entón ten sido perseguido, reducindo a súa poboación a puntos específicos da Europa Occidental. Tamén ten sido desprazado do seu hábitat polo visón americano.
Referencias
editar- ↑ Maran, T., Skumatov, D., Palazón, S., Gomez, A., Põdra, M., Saveljev, A., Kranz, A., Libois, R. & Aulagnier, S. (2011). "Mustela lutreola". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2011.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 18 January 2012.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |