Miliarense
- Para a moeda bizantina con denominación grega, ver miliaresion.
O miliarense (forma neutra do lat. miliarensis, "relativo a mil") foi unha moeda romana de prata de módulo mediano, aparecida en tempos do Imperio, a principios do século IV d. C., a partir da reforma monetaria de Constantino o Grande (306-337).[1][2]
O miliarense cuñouse fundamentalmente durante o período de Constantino e, máis esporádicamente, ata finais do século IV.[3]
Descrición
editarAs características morfolóxicas dos miliarenses foron moi cambiantes co tempo, aínda que xeralmente o seu peso estivo entre os 3,8 e 6 os gramos, cun diámetro de entre 23 e 24 milímetros. Con todo, no momento da súa creación o seu peso teórico estableceuse en 1/72 da libra romana (4,5 gramos), o mesmo có do sólido, tamén instituído na reforma monetaria de Constantino de 324.[4]
A súa denominación provén da súa correspondencia co valor dunha milésima parte da libra de ouro.[5]
No ámbito numismático fálase adoito de dúas clases de miliarense: o lixeiro e o pesado[6]. O seu valor en relación á moeda de ouro, o sólido, era de 14 miliarenses pesados ou 18 lixeiros por cada sólido.[7][8]
No Imperio Bizantino reintroduciuse posterioemente unha variante desta moeda, entre os séculos VIII e XI, coñecida habitualmente pola súa designación grega de miliaresion (μιλιαρήσιον).[9]
Notas
editar- ↑ "Miliarense". En En Forvm Ancient Coins (en inglés)
- ↑ Domínguez Cedeño, Rafael. "Miliarense". En Setenil (historia y numismática)
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Miliarense".
- ↑ Cepeda, Juan José. "Las reformas de Diocleciano y Constantino I y su reflejo en la composición de los tesoros monetarios". En VIII Curs d'Història Monetària d'Hispània. La moneda de l'Imperi romá. Páxinas 99-112. Museu Nacional d'Art de Catalunya. 2004
- ↑ "Follis". En Smith, William. (1890): "The silver unit in Constantine's system was the miliarense, representing the value of 1/1000 of a pound of gold, now coined into 72 gold solidi".
- ↑ Sienes Hernando, Milagros. "As imitações de moedas de bronze do século IV d. C. na Península Ibérica. O caso do AE2 REPARATIO REIPUB". En Trabalhos de Arqueologia. 13. Instituto Português de Arqueologia. Lisboa, 2000. Páxina 16: "Depois de várias tentativas para tornar a emitir moeda de prata, esta só será propriamente cunhada como tal com a criação do miliarense em 320 (1/60 da libra; valia 1/1000 da libra de ouro) mas, sobretudo, a partir de 324, com a introdução de um miliarense ligeiro (1/72)...".
- ↑ Markowitz, Mike. "CoinWeek Ancient Coin Series. The Paradox of Byzantine Silver: The Miliarense". En Coin Week. Xuño de 2015 .
- ↑ "Miliarense" e "Miliarense fuerte". En Algunos tipos de monedas antiguas. Tesorillo.com
- ↑ Grierson, Philip. Byzantine coinage. Dumbarton Oaks. 1999. Páxinas 13-16. ISBN 978-0-88402-274-9
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miliarense |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4
- Cayón, Juan R. Compendio de las monedas del imperio romano. 1985. Tomo 1: ISBN 978-8492098002. Tomo 2: ISBN 978-8492098019
- Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores).
- Depeyrot, Georges. Le Bas Empire romain, économie et numismatique (284-491). Edition Errance, 1987. ISBN 2903442401
- Grierson, Philip. Byzantine coinage. Dumbarton Oaks. 1999. ISBN 978-0-88402-274-9
- Hendy, Michael F. Studies in the Byzantine Monetary Economy c.300-1450. Cambridge University Press, 1985. ISBN 0-521-24715-2
- Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003.
- Sabatier, Justin. Description générale des monnaies byzantines frappées sous les Empereurs d'Orient. 2 vol. París, 1862
- Smith, William, (1890). A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Londres
- Suarez, Rasiel. The Encyclopedia of Roman Imperial Coins. Dirty Old Books, 2005.
Ligazóns externas
editar- Catálogo de miliarenses. En Coin Archives.
- "The Miliarense". En CoinWeek Ancient Coin Series – The Paradox of Byzantine Silver
- Estudo dun miliarense fotografado en alta resolución. Museum of Fine Arts. Boston.
- Identificador de moedas da Antiga Roma
- Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma)
- La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.