Mikel Balenziaga

futbolista

Mikel Balenziaga Oruesagasti, nado en Zumarraga (Guipúscoa) o 29 de febreiro de 1988, é un exfutbolista vasco que xogaba de lateral esquerdo. Desenvolveu a meirande parte da súa carreira no Athletic Club, co que disputou un total de 321 partidos oficiais en dúas etapas.

Modelo:BiografíaMikel Balenziaga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(eu) Mikel Balentziaga Oruesagasti Editar o valor en Wikidata
29 de febreiro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Zumarraga, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,77 m Editar o valor en Wikidata
Peso70 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral e defensa central Editar o valor en Wikidata
Número deportivo24 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2002 Sociedad Deportiva Urola
2002–2006 Real Sociedad
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2008   Real Sociedad B 53(0)
2008–2023   Athletic Club 321(2)
2009–2010 cesión Club Deportivo Numancia de Soria 26(0)
2011–2013 cesión   Real Valladolid 74(0)
2023–2024   Deportivo da Coruña 33(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2007   España sub-19 5(0)
2008–2008   España sub-21 1(0)
2012–2020   País Vasco 7(0)

UEFA: 1902635 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezos

editar

Nado no concello guipuscoano de Zumarraga, de pequeno participou coa súa ikastola nun torneo de fútbol que organizaba a SD Urola, que o seleccionou para o seu equipo, no que xogou un ano como dianteiro.[1] A continuación ingresou na canteira da Real Sociedad, onde militou un ano antes de regresar dous anos ao Urola.[1] En idade cadete regresou de novo á Real, xogando primeiro de extremo antes de reconverterse como lateral esquerdo.[1]

En decembro de 2006 debutou coa Real Sociedad B na Segunda División B, nun partido ante o Valladolid B. Axiña se asentou como titular no filial donostiarra, adestrador por Eizmendi, co que disputou 53 partidos oficias nun ano e medio.

Athletic (1ª etapa)

editar

Internacional coas categorías inferiores da selección española, deixou Donostia en agosto de 2008, sen ter debutado oficialmente co primeiro equipo da Real, e fichou polo máximo rival histórico do club branquiazul, o Athletic Club, que pagou polo traspaso arredor dun millón de euros.[2] Aínda que chegou a Bilbao para militar nun principio no filial, non chegou a xogar con este, pois pasou directamente ao primeiro equipo, co que debutou na Primeira División na segunda xornada, sendo titular contra o Málaga na Rosaleda.[3] O adestrador Joaquín Caparrós colocouno formando defensa xunto aos seus novos compañeiros Iraola, Aitor Ocio e Amorebieta.[3][4]

Converteuse no lateral esquerdo indiscutible durante os seguintes meses, superando a competencia de xogadores máis veteranos como Koikili e Javier Casas, e foi finalista da Copa do Rei, caendo ante o FC Barcelona de Guardiola. No verán de 2009 o Athletic fichou para o mesmo posto a Xabi Castillo, polo que Balenziaga aceptou saír cedido por unha tempada ao Numancia, da Segunda División. En Soria, adestrado por Gonzalo Arconada, disputou un total de 26 partidos oficiais, 22 deles como titular. De volta en Euskadi non entrou nos plans do técnico Marcelo Bielsa e xogou só un partido co Athletic durante a campaña 2010/11.

Valladolid

editar

En agosto de 2011 converteuse en novo xogador do Real Valladolid, asinando un contrato por tres anos. Titular indiscutible foi unha das pezas destacadas do equipo de Miroslav Đukić, que consegiu o ascenso a Primeira.[5] Continou na gran maioría de onces iniciais da seguinte tempada, xa na máxima categoría, na que o Valladolid conseguiu sen problemas a permanencia.

Athletic (2ª etapa)

editar

Para a tempada 2013/14 volveu ao Athletic, que exerceu a opción de compra que mantiña sobre o xogador.[6] Durante os seguintes anos converteuse no xogador favorito do histórico Ernesto Valverde,[7] adestrador do equipo ata 2017. A súa segunda etapa no club bilbaíno prolongouse durante 10 anos, nos que o equipo acadou tres finais da Copa do Rei. Balenziaga foi titular en dúas delas, en 2015 e 2021, perdendo ambas ante o Barcelona. Na tempada 2014/15 debutou en competición europea, disputando completos tódolos partidos do seu equipo na Liga de Campións, e nas seguintes tres campañas competiu na Europa League.

Disputou un total de 321 partidos co Athletic e conquistou as Supercopas de España de 2015 e 2021.[8] Marcou un gol coa camiseta branca e vermella, nunha vitoria por 3-1 contra o Sevilla en San Mamés en 2016.[9]

Deportivo da Coruña

editar

No verán de 2023 baixou dúas categorías para fichar polo Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[10] No equipo galego converteuse nun titular indiscutible para o adestrador Imanol Idiakez e nun dos líderes do vestiario, disputando un total de 33 partidos e contribuíndo ao ascenso á Segunda División.[11] O 31 de maio de 2024 anunciou a súa retirada do fútbol profesional e dous días despois disputou o seu último partido, na vitoria por 2-4 sobre o Castellón na volta da final de campións da Primeira RFEF.[11][12]

Palmarés

editar
Athletic Club
Deportivo da Coruña
  1. 1,0 1,1 1,2 Zaldua, Asier (24 de setembro de 2014). "Tú a Ipurua y yo a San Mamés" (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  2. Becerril, Fernando (31 de agosto de 2008). "Mikel Balenziaga se va al Athletic sin haber llegado a debutar con la Real". El Diario Vasco (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Artetxe, José L. (10 de setembro de 2008). "Mikel Balenziaga hará su debut en Málaga". As (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  4. "Málaga y Athletic consiguen sus primeros puntos (0-0)" (en castelán). 14 de setembro de 2008. Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  5. "«Ha sido el mejor defensa de Segunda división»" (en castelán). 29 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2023. Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  6. "Balenziaga prepara su regreso" (en castelán). 20 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2023. Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  7. Basic, Robert (14 de abril de 2017). "500 partidos entre Valverde y su defensa predilecto Balenziaga" (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  8. Zaballa, Carlos (16 de marzo de 2022). "Balenziaga fue protagonista en los dos títulos de la Supercopa". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  9. "El único gol de Balenziaga en Liga y la fiesta en el vestuario" (en castelán). 20 de abril de 2023. Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  10. "Mikel Balenziaga, novo xogador do Dépor 2023-24". 10 de xullo de 2023. Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  11. 11,0 11,1 "Balenziaga anuncia que deja el Deportivo y el fútbol profesional" (en castelán). 31 de maio de 2024. Consultado o 24 de xuño de 2024. 
  12. "Balenziaga se despidió sobre el terreno de juego". La Opinión A Coruña (en castelán). 3 de xuño de 2024. Consultado o 24 de xuño de 2024.