Mary Rathbun
Mary Jane Rathbun, nada en Buffalo, Nova York o 11 de xuño de 1860 e finada en Washington, D.C. o 14 de abril de 1943, foi unha zoóloga estadounidense especializada en carcinoloxía que traballou na Smithsonian Institution desde 1884 até a súa morte.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1860 Buffalo (Nova York) |
Morte | 4 de abril de 1943 (82 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Cemetery (en) |
Educación | Universidade George Washington - Doutora en filosofía (–1917) Universidade de Pittsburgh (pt) - honorary master's degree (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Carcinoloxía, Crustáceos e marine animal (en) |
Ocupación | zoóloga, carcinóloga |
Empregador | United States National Museum (en) |
Compañeiro profesional | Violet ° Dandrige |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Rathbun |
Arquivos en | |
Familia | |
Irmáns | Richard Rathbun |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Publicacións
editarA primeira publicación de Mary J. Rathbun, en colaboración con James Everard Benedicto e referida ao xénero Panopeus data de 1891. Xubilouse o último día do ano 1914, pero non deixou de traballar até a súa morte.[1] O seu traballo máis importante foi Les crabes d'eau douce ("Os cangrexos de auga doce"), concibida orixinalmente como unha soa publicación, pero que finalmente foi publicada en tres volumes entre 1904 e 1906.[1]
Escribiu, en solitario ou en colaboración, un total de 166 artigos, nos que fixo a descrición de 1147 novas especies e subespecies, 63 novos xéneros, unha subfamilia, 3 familias e unha superfamilia, así como outras novidades en nomenclatura.[1] Os taxons descritos por Rathbun inclúen especies comerciais importantes, como o cangrexo azul do Atlántico, Callinectes sapidus,[2] e o cangrexo curtidor, Chionecetes bairdi.[3]
Epónimos
editarGran número de taxons foron denominados en honor de Mary J. Rathbun:[4]
- Hamatoscalpellum rathbunae (Pilsbry, 1907)
- Maera rathbunae Pearse, 1908
- Paromola rathbuni Porter Mosso, 1908
- Synalphaeus rathbunae Coutiere, 1909
- Candidiopotamon rathbunae De Man, 1914
- Pasiphaea rathbunae (Stebbing, 1914)
- Petrolisthes rathbunae Schmitt, 1916
- Periclimenes rathbunae Schmitt, 1924
- Alpheus rathbunae (Schmitt, 1924)
- Campylonotus rathbunae Schmitt, 1926
- Callinectes rathbunae Contreras, 1930
- Eriosachila rathbunae Maury, 1930
- Tritodynamia rathbunae Shen, 1932
- Sacculina rathbunae Boschma, 1933
- Pinnixa rathbunae Sakai, 1934
- Emerita rathbunae Schmitt, 1935
- Callianassa rathbunae Schmitt, 1935
- Solenocera rathbunae Ramadan, 1938
- Thunor rathbunae Armstrong, 1949
- Lysmata rathbunae Chace, 1970
- Xanthias rathbunae Takeda, 1976
- Cyphocarcinus rathbunae Griffin & Tranter, 1986
- Asterias rathbunae Britajev, 1989
- Lophaxius rathbunae Kensley, 1989
- Rhynchocinetes rathbunae Okuno, 1996
- Palaeopinnixa rathbunae Schweitzer & Feldmann, 2000
- Marratha Ng & Clark, 2003[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Waldo L. Schmitt (1973): "Mary J. Rathbun 1860-1943". Crustaceana 24 (3): 283–296. PDF.
- ↑ Michael Türkay (2010). "Callinectes sapidus Rathbun, 1896". World Register of Marine Species.
- ↑ Peter Davie (2010). "Chionoecetes bairdi Rathbun, 1893". World Register of Marine Species.
- ↑ Hans G. Hansson. "Dr. Mary Jane Rathbun". Biographical Etymology of Marine Organism Names. Göteborgs Universitet.
- ↑ Peter K. L. Ng & Paul F. Clark (2003). "Three new genera of Indo-West Pacific Xanthidae (Crustacea, Decapoda, Brachyura, Xanthoidea)" (PDF). Zoosystema 25 (1): 131–147. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de marzo de 2012. Consultado o 06 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mary Rathbun |
Ligazóns externas
editar- Mary Jane Rathbun Papers, 1886-1938 and undated en Smithsonian Institution Archives. (en inglés)
- Fenner A. Chace, Jr. "A Brief History of the Invertebrate Zoology Department". Smithsonian Institution.