Mar do Coral
O mar do Coral atópase situado no oeste do océano Pacífico, fronte á costa noroccidental de Australia. No mesmo atópase unha serie de illas deshabitadas que levan o nome de Illas do mar do Coral, entre as que se atopan os illotes de Willis, Coringa e Tregosse. O mar do Coral toma o nome do seu trazo máis característico, a Gran Barreira de Coral, que é o maior arrecife coralino do mundo.
(en) Coral Sea (pl) Morze Koralowe | |||||
Tipo | mar marxinal | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Pacífico | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Australia | ||||
| |||||
Características | |||||
Profundidade | 9.175 m | ||||
Superficie | 4.791.000 km² | ||||
De acordo coa Organización Hidrográfica Internacional, fíxase convencionalmente o límite entre o mar de Tasmania e o mar do Coral na continuación da fronteira entre os estados australianos de Queensland e Nova Gales do Sur.
O territorio é unha posesión de Australia, administrada desde Canberra polo Departamento Australiano do Medio Ambiente (Australian Department of the Environment).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar do Coral |