Manchukuo, oficialmente o Estado de Manchuria antes de 1934, e o Imperio de Manchuria após 1934, foi un estado monicreque do Imperio do Xapón no nordeste da China e en Mongolia Interior dende 1932 até 1945. Foi fundado como república en 1932 despois da invasión xaponesa de Manchuria, e en 1934 converteuse nunha monarquía constitucional. Baixo o control de facto do Xapón, tivo un recoñecemento internacional limitado.

Modelo:Xeografía políticaManchukuo
满洲国 (zh-hans)
滿洲國 (zh-hant) Editar o valor en Wikidata

HimnoHino Nacional de Manchukuo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Cinco Raças Sob Uma União (Manchukuo) (pt) Traducir» Editar o valor en Wikidata
EpónimoManchuria Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°53′00″N 125°19′00″L / 43.883333333333, 125.31666666667
CapitalChangchun
Hsinking (en) Traducir (1932–1945)
Linjiang (pt) Traducir (1945–1945) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua chinesa
lingua xaponesa
Lingua manchú Editar o valor en Wikidata
RelixiónConfucianismo, budismo e Xintoísmo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.554.000 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de marzo de 1932 Editar o valor en Wikidata
Disolución18 de agosto de 1945 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porOcupação soviética da Manchúria (pt) Traducir e República da China Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernounipartidismo
monarquía dual
monarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
• Emperor of Manchukuo (en) Traducir Editar o valor en WikidataPuyi Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGeneral Affairs State Council (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Prime Minister of Manchukuo (en) Traducir Editar o valor en WikidataZheng Xiaoxu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoLegislative Council of Manchukuo (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
MoedaYuan de Manchukuo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

A área era o fogar do pobo manchú, ao cal pertenceron os emperadores da dinastía Qing. En 1931, a rexión foi tomada polo Xapón despois do incidente de Mukden. Un goberno proxaponés foi instalado un ano despois con Puyi, o derradeiro emperador Qing, primeiro como rexente nominal e posteriormente como emperador.[1] O goberno de Manchukuo foi disolto en 1945 despois da rendición do Imperio Xaponés e o remate da segunda guerra mundial. Os territorios reclamados por Manchukuo foron tomados por primeira vez na invasión soviética de Manchuria en agosto de 1945,[2] e logo foron transferidos formalmente á administración chinesa no ano seguinte.[a]

Os manchús formaban unha minoría en Manchukuo, cuxo meirande grupo étnico eran os chineses han. A poboación de coreanos incrementouse durante o período Manchukuo, así o número de xaponeses, mongois, rusos brancos e outras minorías. As rexións mongois do oeste de Manchukuo estaban gobernadas baixo un sistema lixeiramente diferente en recoñecemento das tradicións mongois alí presentes. A parte meridional da península de Liaodong (no presente Dalian) foi gobernada directamente polos xaponeses como o territorio de Kwantung até o remate da segunda guerra mundial.

  1. Aínda que os territorios quedaron baixo a xurisdición do goberno nacionalista antes de que a guerra civil chinesa chegase á súa conclusión en 1949, a breve ocupación soviética axudou a transformar a rexión nunha base de poder para as tropas comunistas chinesas dirixidas por Mao Tse Tung onde o Exército Popular de Liberación podía abastecerse de equipos xaponeses e obter unha vantaxe estratéxica contra o Exército Nacional Revolucionario dirixido por Chiang Kai-shek.

Referencias

editar
  1. Encyclopædia Britannica article on Manchukuo Arquivado 21 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
  2. C. Peter Chen. "Manchurian Strategic Offensive Operation | World War II Database". World War II Database. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2015. Consultado o 10 de setembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar