Lord Byron

poeta inglés e un dos escritores máis versátiles e importantes do Romanticismo

George Gordon Byron, 6º barón de Byron (máis coñecido simplemente como Lord Byron), nado en Londres o 22 de xaneiro de 1788 e finado en Missolonghi o 19 de abril de 1824, foi un poeta inglés e un dos escritores máis versátiles e importantes do Romanticismo. Entre os traballos máis coñecidos de Byron están os poemas narrativos Don Juan e Childe Harold's Pilgrimage e o poema curto "She Walks in Beauty". É considerado un dos grandes poetas británicos, así como un dos máis lidos e influentes.

Modelo:BiografíaLord Byron

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Gordon Byron Editar o valor en Wikidata
22 de xaneiro de 1788 Editar o valor en Wikidata
Cidade de Westminster, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte19 de abril de 1824 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Missolonghi, Grecia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesepse Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNottinghamshire Editar o valor en Wikidata
Membro da Cámara dos Lords
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónHarrow School (1801–)
Universidade de Cambridge
Trinity College
Aberdeen Grammar School (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, autor de diarios, militar, escritor, libretista, aristócrata, tradutor, dramaturgo, autobiógrafo, letrista, político, philhellene (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesia narrativa (pt) Traducir e literatura gótica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHarutyun Avgeryan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
ConflitoGuerra de independencia de Grecia Editar o valor en Wikidata
DeporteSavate
natación Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Outro
TítuloBaron Byron (en) Traducir (1798–1824) Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLady Byron (1815–1816)
Claire Clairmont Editar o valor en Wikidata
ParellaClaire Clairmont
Augusta Leigh
Margarita Cogni Editar o valor en Wikidata
FillosElizabeth Medora Leigh
 () Augusta Leigh
Ada Augusta Lovelace
 () Lady Byron
Allegra Byron
 () Claire Clairmont Editar o valor en Wikidata
PaisJohn Byron Editar o valor en Wikidata  e Catherine Gordon Byron Editar o valor en Wikidata
IrmánsAugusta Leigh Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteConcise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:1, sec:Байрон)
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0126406 IBDB: 7363
Facebook: LordByron.AcademyofArtsandPhilosophy Galiciana: 38128 BNE: XX1164521 Dialnet: 2526924 iTunes: 359267995 Musicbrainz: 63224112-15ae-409d-a072-1528422e6b0a Songkick: 374707 Discogs: 1010134 IMSLP: Category:Byron,_George_Gordon WikiTree: Byron-127 Find a Grave: 9794095 Editar o valor en Wikidata

Viaxou para loitar contra o Imperio Otomán na Guerra de independencia de Grecia, polo cal os gregos reverénciano como o seu heroe nacional.[1] Morreu os 36 anos de idade logo de contraer unha febre en Missolonghi, Grecia.

Na súa época, Byron era coñecido polos seus excesos aristocráticos, incluíndo grandes débedas, numerosos namoramentos, murmurios de incesto coa súa medio irmá e o seu exilio autoimposto.

Traxectoria

editar

Era fillo do capitán John "Mad Jack" Byron e a súa segunda esposa Lady Catherine Gordon. O pequeno George, coxo de nacemento, viviu e estudou na cidade escocesa de Aberdeen ata os 10 anos. De volta en Londres, estudou no colexio de Harrow e a Universidade de Cambridge. En 1798, ao morrer o seu tío avó William, quinto barón Byron, herdou o título e as propiedades.

En 1807 publicouse o seu libro de poemas Hours of Idleness. En 1809 ocupou un escano na cámara dos lords e emprendeu unha viaxe de dous anos por España, Portugal e Grecia.

A publicación en 1812 dos dous primeiros Childe Harold's Pilgrimage, poemas que narran as súas viaxes por Europa, leváronlle á fama. En 1815, ano en que publicou Hebrew Melodies, casou con Anna Isabella Milbanke, quen o abandonou en 1816 tras dar a luz á única filla lexítima do poeta, Augusta Ada. Os rumores sobre as súas relacións incestuosas coa súa media irmá Augusta e as dúbidas sobre a súa cordura provocaron o seu ostracismo social. Amargado profundamente, Byron abandonou Inglaterra en 1816 e nunca volveu.

Viaxes

editar

Na España absolutista de Fernando VII e nunha América hispana que loitaba pola súa emancipación, a vida e obra de Byron tiveron unha grande influencia e serviron de inspiración aos poetas do Romanticismo.

En 1824, foi a Grecia a loitar contra os turcos. Alí contraeu malaria. Os médicos preescribíronlle unhas sangrías, ao que el se negou. Días despois, extenuado pola enfermidade e chamándolles carniceiros, permitiu aos médicos sacarlle todo o sangue que desexasen, o dezaseis de abril practicaron a primeira sen bo resultado. Ao día seguinte realizaron outras dúas. Testemuñas presenciais aseguraron que, en total, lle extraeron uns dous litros de sangue.

 
Byron, 1830

Obras maiores

editar

Poemas maiores

editar
  1. Plomer, William (1970) [1936]. The Diamond of Jannina. New York City: Taplinger Publishing. ISBN 978-0-224-61721-5. Byron had yet to die to make philhellenism generally acceptable. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar